NOVAS DIRECCIÓN

10ª CONVOCATORIA DE BOLSAS EUROLINGUA

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 10ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está financiado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán. Os menores de idade viaxarán o 23 de xullo ou o 6 de agosto (pendente de revisión). En caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA: Ata as 23.59 horas do 19 de abril de 2023.

  • Para comprobar requisitos pica aquí.
  • Se non cumpres requisitos pica aquí.

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDO DO CURSO 2023/2024

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE

BOLSAS DE ESTUDO DO CURSO 2023/2024

 

Poderán ser beneficiarios os/as alumnos/as que no ano 2023/24 cursen:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

 PRAZO: 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

 Para máis información ver a seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

CONVOCATORIA XERAL: ENLACE

                                              

ENQUISAS PEM

ENQUISAS PARA CUBRIR POLO ALUMNADO:

      ENLACE

                    


SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2023/24

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2023/24

DENDE O 1 AO 20 DE MARZO

  • Aplicación informática ADMISIONDEALUMNADO (para cubrir as solicitudes co manual de axuda).
  • Solicitude de admisión en papel.

Anexo II(Galego)    Anexo II(Castelán)

NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.

O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (ATA O 13 DE MARZO)
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle.
  • Preme aquí para descargar a ORDE DO 18 DE XANEIRO DE 2023 (DOG)

CALENDARIO PROBAS DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2022/23 (CONVOCATORIA FEBREIRO)

ARQUIVO CALENDARIO EXAMES: ENLACE

                                                                   

CONVOCATORIA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de  formación profesional  para o ano 2023

Públícase o calendario para a solitude e realización das probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o alumnado que non conte coa titulación esixida (ESO/BAC ou equivalentes respectivamente) e ademais conte cos seguintes requisitos:

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezaseteanos ou os fagan no ano natural de realización da proba.


CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a  eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba


Estas probas non implican a reserva de praza nun ciclo de Formación Profesional.

CALENDARIO AVALIACIÓNS CURSO 2022_23

DATAS AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN
AVALIACIÓN 2º BAC: 28 de Novembro de 2022
ENTREGA DE NOTAS 2º BAC : 2 de Decembro de 2022
DÍAS: 19,20,21 de Decembro de 2022
ENTREGA DE NOTAS: 22 de Decembro de 2022
DATAS AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN 
AVALIACIÓN 2º BAC: 23 de Febreiro de 2022
ENTREGA DE NOTAS 2º BAC : 24 de Febreiro de 2023
AVALIACIÓN 1º BAC: 7 de Marzo de 2023
ENTREGA DE NOTAS:  10 de Marzo de 2023
AVALIACIÓN ESO: 27,28,29 e 30 de Marzo de 2023
ENTREGA DE NOTAS:  31 de Marzo de 2023
DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA 
AVALIACIÓN 1º BAC: 7 de xuño de 2023
ENTREGA DE NOTAS 1º BAC : 8 de Xuño de 2023
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BAC: 19,20 e 21 de xuño de 2023 (*)
AVALIACIÓN ESO: 21, 22 e 23 de Xuño
ENTREGA DE NOTAS:  26 de Xuño (a partir das 12)

(*) NOTA: Publicarase calendario de exames un vez realizada esta avaliación ordinaria.

PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES 2022_23

No seguinte arquivo infórmase de como os distintos Departamentos Didácticos levarán a cabo o plan de recuperación de materias pendentes.

ARQUIVO

  

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 22-23

Tendo en conta o Decreto 92/1988 do 28 de abril, o Decreto 324/1996 do 26 de xullo e a resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro), convócanse ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR, nos seguintes sectores:

  • PROFESORADO: renovación de 3 membros
  • ALUMNADO: renovación de 2 membros
  • PAIS/NAIS: renovación de 1 membro.

O proceso electoral, regulado e supervisado pola Xunta Electoral, será levado a cabo de acordoco calendario anexado.

Anéxase tamén,  modelo de candidatura que tamén estará dispoñible na secretaría do centro.

Os censos serán  publicados no taboleiro correspondente.

ARQUIVOS NOS SEGUINTES ENLACES:

Distribuir contido