CONVOCATORIA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de  formación profesional  para o ano 2023

Públícase o calendario para a solitude e realización das probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o alumnado que non conte coa titulación esixida (ESO/BAC ou equivalentes respectivamente) e ademais conte cos seguintes requisitos:

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezaseteanos ou os fagan no ano natural de realización da proba.


CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a  eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba


Estas probas non implican a reserva de praza nun ciclo de Formación Profesional.