NOVAS DIRECCIÓN

MATRICULA CURSO 2023_24

O período de matrícula para o curso 2023-24 abrangue dende o 23 de xuño ao 7 de xullo, en horario de 08:30 ás 13:30. Deberá matricularse todo o alumnado posto que este ano non hai convocatoria en setembro.

 Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:

  • Día 23 e 26 de xuño: alumnado 1º ESO
  • Día 27 e 28 de xuño: alumnado 4º ESO
  • Día 29 de xuño e 30 de xuño: alumnado 1º BAC E 2º BAC
  • Día 3, 4 e 5 de xullo: alumnado 3º ESO E 2º ESO


Os restantes días ata o 7 de xullo resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.


AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.

AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.

IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES:

  

CALENDARIO AVALIACIÓN ESO 2022_23

DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA 
AVALIACIÓN ESO: 21, 22 e 23 de xuño de 2023
ENTREGA DE NOTAS: 26 de xuño de 2023

  • ENTREGA DE NOTAS: 26 de xuño a partir das 12:00 h
  • RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN: 27 e 28 de xuño
  • COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS: 30 de xuño
  • RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL: 3 e 4 de xullo

CALENDARIO AVALIACIÓN 1º BAC XUÑO 2022_23

PERÍODO DE AVALIACIÓN ORDINARIA DE 1º BAC:

DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA 
AVALIACIÓN 1º BAC: 7 de xuño de 2023
ENTREGA DE NOTAS 1º BAC : 8 de Xuño de 2023
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BAC: 19, 20 e 21 de xuño de 2023

  • RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN:12 E 13 DE XUÑO
  • COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS:15 DE XUÑO
  • RECLAMACIÓNS ANTE XEFATURA TERRITORIAL:16 E 19 DE XUÑO

PERÍODO DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE 1º BAC:

  • HORARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS: 19, 20 e 21 xuño no SALÓN DE ACTOS
  • ENTREGA DE NOTAS: 26 de xuño a partir das 12:00 h
  • RECLAMACIÓNS ANTE DIRECCIÓN: 27 e 28 de xuño
  • COMUNICACIÓN ACORDOS RECLAMACIÓNS: 30 de xuño
  • RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL: 3 e 4 de xullo
  • CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS:

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-24

xúntase pdf do DOG coa convocatoria

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Beneficiarios/as.-

     -Axudas para material escolar: alumnado matriculado en ESO.

     -Fondo solidario de libros:  o noso centro está incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2023/24 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Documentación necesaria.-

 -Impreso de solicitude ED330B (Anexos I e II): (xúntase impreso solicitude pdf instrucións para cubrila)

 -Copia de documento que acredite a unidade familiar (31 de decembro de 2021): Libro de familia, sentenza de divorcio/convenio regulador, ou no seu defecto certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

A data do 31 de decembro de 2021 poderá seroutra, cando unha sentencia de separación ou divorcio sexa posterior a dita data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, nos que se aplicará o disposto na lexislación específica.

    -Se é o caso: Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia. Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero. Resolución de acollemento de alumnado en situación de tutela da Xunta de Galicia.

Forma de presentación de solicitudes.

  • Electrónica: utilice a aplicación FONDO LIBROS e presente solicitude na SEDE ELECTRÓNICA  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla da aplicación Fondo Libros)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos  na aplicación FONDO LIBROS  imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

  Alumnado con necesidade específicas de apoio educativo.

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en  1º, 2º 3º e 4º da ESO que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e para o que non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir os libros ou o material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso, polos importes establecidos no artigo 2.2.d) da convocatoria. Esta situación deberá acreditarse cun informe do centro onde se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o alumno e a imposibilidade de empregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa solicitude.

NOTA IMPORTANTE: Os vales de libros e/ou material deberán levar obrigatoriamente a sinatura e o selo orixinais do centro, incluso no caso de estar asinados electronicamente,

ORDE DO 10 DE  MAIO DE 2023 : AXUDAS E FONDO LIBROS:

LIGAZÓN
IMPRESO SOLICITUDE ED 330B (ANEXO I E II): LIGAZÓN
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR IMPRESO: LIGAZÓN
MANUAL DO USUARIO PARA O CIDADÁN LIGAZÓN

SOLICITUDE DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE CURSO 2023_24


Desde este luns 8 de maio e até o 20 de setembro estará aberto o prazo para a solicitude de bolsas destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Anuncio da convocatoria
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2023-12318

ARQUIVO

ABAU CURSO 2022-23

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de 2023 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 16 ao 22 de maio.

  • Día 16 de maio, martes: na secretaria do centro recollida de impresos e documentación ou descarga, cumprimentación de impresos  e abono taxas.
  • Días 19 e 22 de maio, venres e luns: entrega de documentación na administración(abono de taxas, impresos de solicitud de título e prematrícula en ABAU, copias DNI, etc.). Comprobación de datos e recollida de impresos na Administración. Recollida da documentación a levar ás probas ABAU, comprobación da matrícula.
  • Día 23 martes: Reclamación nos centros de secundaria ás listaxes provisionais de matriculados/as nas ABAU (ata as 14:00 horas)
  • Días 6,7,8 de xuño 2023 exames ABAU da convocatoria ordinaria.
  • Día 15 de xuño: Xeración e Publicación on-line das actas de cualificacións provisionais da proba de ABAU (a partir das 20:00 horas).
  • Día 16 - 20 de xuño :Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba ABAU (ata as 14:00 horas).
  • Día 22 de xuño: Publicación on-line da resolución das solicitudes de “Revisión” (a partir das 20 horas).
  • Día 22 de xuño: Xeración en NERTA das tarxetas de cualificacións definitivas para o alumnado da proba de ABAU ordinaria con modificación de nota no proceso de “Revisión”.

INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:

IMPRESOS:  

  1. Impreso para o pago das tasas ABAU se non se fai online.
  2. Instrucións para o pago de tasas ABAU se se fai online.
  3. Impreso de prematrícula na ABAU: solicitar en administración do centro ou descargar AQUÍ.
  4. Impreso para o pago do título de bacharelato: solicitar en administración co resto da documentación ou ben descargar modelo AQUI. Para descargar o modelo premer en "INICIAR TASA", premer no candado aberto e despois en "DESCARGAR MODELO".

NOTA: Toda esta documentación tamén podedes recollela en administración.

ADXUNTOS:

  • VIDEO:

FOLGA DE TRANSPORTE XOVES 27 DE ABRIL

 Os días 27 e 28 de abril de 2023 está convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para os días 27 e 28 de abril, que será indefinida a partir do 8 de maio. No DOG de hoxe publícase a Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga que terá lugar os días 27 e 28 de abril de 2023. A indicada convocatoria afecta o ámbito territorial das concesións do servizo público de transporte de viaxeiros por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Son considerados servizos mínimos os servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata ás 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros. Sen embargo dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos.
 
A Dirección
 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2023-24

Seguindo a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico 2022-23 (Decreto 13/2022 do 3 de febreiro) no día de hoxe 24 de Abril publicamos a listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso académico 2023/24

As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais, coa puntuación desagregada dos criterios de baremo:

Presencial:  no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais,non se poderán consultar por ningún outro medio físico ou electrónico de publicación, nin facer fotos das mesmas.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes na secretaría do centro.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

AVALIACIÓN ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO 2022-2023

PERÍODO DE AVALIACIÓN ORDINARIA:

  • SESIÓNS DE AVALIACIÓN: 15 de maio á tarde.
  • ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS AO ALUMNADO: o 15 de maio a partir das 20.00 horas na Secretaría do centro e publicación das cualificacións en AbalarMóbil asi como por correo electrónico.
  • REVISIÓN DE EXAMES: 16 de maio de 10.00h a 14.00h. Todo o profesorado que imparte clase en 2º de Bacharelato estará no centro para revisión de exames.
  • RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE BACHARELATO: 16 e 19 de mai ata as 14.00h.
  • ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS Á DIRECCIÓN: antes das 11.00 horas do 22 de maio.
  • ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS/AS: 22 de maio ás 12.00 horas.
  • PREMATRÍCULA NA PROBA ABAU: 18-22 de maio
  • EXAMES ABAU: 6, 7 E 8 DE XUÑO DE 2023

PERÍODO DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA:

  • HORARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS: 19, 20 e 21 xuño no SALÓN DE ACTOS

  • SESIÓNS DE AVALIACIÓN: 22/23 de xuño.
  • ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS AO ALUMNADO: 23 de xuño a partir das 12:00 horas na Secretaría do centro e publicación das cualificacións en AbalarMóbil asi como por correo electrónico. ATENCIÓN: POR CAUSAS SOBREVIDAS AS NOTAS ENTREGARANSE O 23 DE XUÑO ÁS 19:00 NA SECRETARÍA DO CENTRO E POR ABALARMÓBIL.
  • REVISIÓN DE EXAMES: 26 de xuño de 10.00h a 14.00h. Todo o profesorado que imparte clase en 2º de Bacharelato estará no centro para revisión de exames.
  • RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE BACHARELATO: 26 e 27 de xuño. ata as 12.00h.
  • ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS Á DIRECCIÓN: antes das 11.00 horas do 28 de xuño
  • ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS/AS: 28 de xuño ás 12.00 horas.
  • PREMATRÍCULA NA PROBA ABAU: 27 e 28 de xuño
  • EXAMES ABAU: 11, 12 e 13 de xullo de 2023

DESCARGA AQUÍ:

Horario por bloques de materias ABAU (a partir do 16 de maio)

Procedemento e modelos de formularios para a reclamación das cualificacións

Formularios reclamacións

Distribuir contido