NOVAS DIRECCIÓN

RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2024-2025 NOS CENTROS ADSCRITOS

Ábrese o prazo para a reserva de praza dos centros adscritos, (CEIP DE PEDROUZOS).

Deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

A presentación de solicitudes deberá facerse no CEIP de Pedrouzos ou a través da aplicación admisionalumnado.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

ACCESO WEB CONSELLERIA

REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES NOS CENTROS EDUCATIVOS

Ante a orde publicada pola Consellería de Educación regulando o uso dos dispositivos móbiles nos centros educativos, dende o IES de Brión pedimos a colaboración das familias de cara ao cumprimento desta norma, lembrándolles que para calquera comunicación que se teña que facer durante a xornada escolar, toda a Comunidade Educativa ten á súa disposición o teléfono fixo do centro.

Informamos que estamos a traballar na actualización das Normas de Organización e Funcionamento do centro para adaptarnos a esta nova normativa; lembramos así mesmo que  o incumprimento de calquera norma poderá levar a unha falta de conducta.

Poden premer aquí para ler a orde: Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

AXUDAS ALUMNADO ESO

Publicada a convocatoria de axudas da administración municipal de Brión para o alumnado escolarizado ata a ESO nos centros de enseñanza pública de Brión neste curso 2023-24. Premer AQUÍ para acceder ao documento da convocatoria.

CALENDARIO AVALIACIÓNS 23_24

DATAS AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN
AVALIACIÓN 1º BAC/ESO: do 14 ao 20 de Decembro de 2023
ENTREGA DE NOTAS: 21 de Decembro de 2023
AVALIACIÓN 2º BAC: 27 de Novembro de 2023
ENTREGA DE NOTAS: 29 de Novembro de 2023
DATAS AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN 
AVALIACIÓN 1º BAC/ESO: do 15 ao 21 de  marzo de 2024
ENTREGA DE NOTAS:  22 de  marzo de 2024
AVALIACIÓN 2º BAC: 15 de Febreiro de 2024
ENTREGA DE NOTAS:  16 de Febreiro de 2024
DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA 
AVALIACIÓN  ESO: a partir 24 de Xuño de 2024
ENTREGA DE NOTAS 1º BAC:  Xuño de 2024
AVALIACIÓN  1º BAC: 10 de Xuño de 2024
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BAC: a partir do 24 de Xuño
AVALIACIÓN 2º BAC: 15 de Maio
ENTREGA DE NOTAS:  
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 2º BAC: 

*En cada avaliación, as notas publicaranse na aplicación Abalar o mesmo día que se entregan.

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ARQUIVO

INICIO DO CURSO 2023-2024

O día 8 de setembro farase unha presentación para o alumnado e familias de 1º ESO ás 17.00h no vestíbulo da planta baixa.

Nesta presentación estará o equipo directivo e o profesorado titor de 1º ESO.

Tamén este mesmo día,ás cinco, farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.

O día 11 de setembro darán comezo as clases ás 8.25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos. O profesorado titor acompañará ao seu grupo titorando, seguindo a seguinte distribución:

A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día.

ATENCIÓN AO PUBLICO MES DE AGOSTO

Durante o mes de Agosto a atención ao público será a través do correo do centro ies.brion@edu.xunta.es.

Na maior brevidade posible contestaranse as peticións solicitadas.

A Dirección

BONOS DE MATERIAL ESCOLAR

Matriculado xa todo o alumnado da ESO, os vales de material escolar están xerados e a disposición das familias que os solicitaron. Poden vir recollelos ao centro de luns a venres de 9 a 2, durante todo o mes de xullo e despois a partir do 1 de setembro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Preme nos seguintes enlaces para consultar os libros de texto recomendados para o curso 2023-24:

LIBROS DE TEXTO BAC 2023-24 (con actualizacións a 14/09)

LIBROS DE TEXTO ESO 2023-24

NOTA: Aconséllase a todo o alumnado non mercar libros ata falar co profesorado que lle imparta a materia en Setembro; ou, no caso de compralos, gardar todos os comprobantes de compra e non desembalar os libros ata falar co profesorado.

CONVOCATORIA DE PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2023/2024

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2023/2024.

 

PRAZO ORDINARIO:

  • •.Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 7 de xuño e o 12 de xullo de 2023. 

  • •.Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 7 de xuño e o 1 de agosto de 2023. 

  • •.Publicación da listaxe provisional: o 22 de agosto de 2023. 

  • •.Prazo para formular a reclamación: ata 5 días hábiles despois da publicación da listaxe. 

  • •.Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: O 4 de setembro de 2023. 

PRAZO EXTRAORDINARIO:

  • •.Cando feita a adxudicación de prazas no período ordinario existan no respectivo centro residencial prazas vacantes , abrirá un prazo de presentación de solicitudes do 4 ó 8 de setembro de 2023. 

  • •.Publicación da listaxe provisional: 18 de setembro 2023. 

  • •.Prazo para formular reclamación: Ata o 25 de setembro de 2023. 

  • •.Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: 29 de setembro de 2023. 

  •  MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO
Distribuir contido