STAT WARS:A REBELIÓN DOS DATOS

O pasado 28 de marzo tivemos o pracer de levar a cabo no noso centro o taller  STAT WARS: A REBELIÓN DOS DATOS,  o cal conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Rede Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET).

Este proxecto de divulgación científica trata de acercar a Estatística ao alumnado da ESO, dun xeito innovador e divertido. O obxectivo é transmitir que a estatística pode ser unha ferramenta imprescindible en distintas disciplinas (Medicina, Deporte, Redes Sociais...) para resolver situacións e problemáticas ás que hoxe en día se enfrenta a sociedade.

Damos as grazas as ponentes por facer posible no noso centro esta actividade e que a "Forza as acompañe, para seguir divulgando a Estatística!!"

 

 

 

23 FILÓSOFAS NO 2023

Neste pasado 8 de marzo presentamos o proxecto "23 filósofas no 2023", un traballo interdisciplinar coordinado pola biblioteca coa colaboración dos departamentos de filosofía, galego e debuxo, co que queremos recuperar e poñer en valor a importancia destas creadoras de pensamento que aínda non figuran nos libros de texto. Despois dun traballo de investigación por parte do alumnado de 1º de BAC, realizamos unha instalación na biblioteca con realidade aumentada que permitiu escoitar os pensamentos de cada unha destas filósofas e para quen non puido estar presente ou quere revisar desde a casa ou desde as aulas, creamos dous xogos: un kahoot e un quiz.  Como colofón tivemos a visita dunha filósofa: Carme Adán, responsable do proxecto Sophias do Consello da Cultura Galega.
Felicitar ao alumnado que realizou este proxecto de investigación e o mostrou, porque ademais o resto de alumnado e profesorado tamén puido aproveitar este traballo e achegarse a estas figuras.
Aquí tedes un video resumo deste proxecto:

VISITA AO CITIUS

Alumnado de 1º de Bacharelato visitou o CITIUS o pasado venres 10 de marzo, asistindo a  presentacións impartidas polos seguintes investigadores en diferentes temáticas TIC punteiras:

Presentación do CITIUS        

    Senén Barro 

Computación cuántica: presente e futuro

    Tomás Fernández

Interacción persoa-ordenador

    Alejandro Catalá

Presentación en Linguística Computacional

    Pablo Gamallo

Visita ao Centro de Procesamento de Datos     Fernando Guillén

CITIUS en Twitter

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

VOYAGE À PARIS 2023

A semana do 20 ao 24 de febreiro o alumnado de francés de 1º e de 2º de bacharelato fomos de viaxe a Paris.
Durante esta viaxe visitamos moitos monumentos emblemáticos entre os que destacan o museo do Louvre, Nôtre Dame, a Torre Eiffel, Versailles e o Panteón. No Museo do Louvre puidemos visitar algunhas das obras mais destacadas como A liberdade guiando ao pobo, a Venus de Milo e a Gioconda. Un único momento de orballo non nos impediu subir á Torre Eiffel e disfrutamos ademais dun paseo en barco ao longo do Sena, grazas ao cal puidemos ver a cidade dende outra perspectiva. Tivemos tamén a oportunidade de probar as crêpes tanto doces como salgadas (galettes) e os macarons!
A viaxe foi sen ningunha dúbida un éxito, volvemos todos con ganas de repetir.

Julia González Hernández, 2ºBAC A

Cliquez sur la tour Eiffel pour voir 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

11F: DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

Aproveitamos o Día da muller e a nena na ciencia para presentar e promover os nosos fondos informativos sobre ciencia e científicas e como en anos anteriores, facemos unha olimpíada para coñecer e dar a coñecer mulleres científicas dalgunha disciplina. Neste ano, investigamos sobre as físicas. O alumnado de 2º de ESO realizou posters para presentar algunhas delas, material que logo utlilizou todo o alumnado para buscar información e respostar as preguntas que se propuxeron diariamente. Ademais puzzles científicos tanto en cartón como dixitais complementaron unha semana na que o alumnado ateigou a biblioteca.
Neste video atoparedes un resumo das actividades e aquí posters e puzzles
Feliz antroido!
Equipo de biblioteca

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (ATA O 13 DE MARZO)
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle.
  • Preme aquí para descargar a ORDE DO 18 DE XANEIRO DE 2023 (DOG)
Distribuir contido