As actividades lectivas comezarán ás 11,15 da mañá coa sesión de acollida do alumnado por parte dos/as titores/as.
Na cortiza da entrada do IES estarán expostas as listaxes do alumnado dos diferentes grupos a partir de 2º ESO, así como a listaxe de titores/as e a aula á que deben dirixirse. O alumnado dirixirase á aula que lle corresponda, para a sesión de titoría que se desenvolverá de 11,15 a 12,05.
O alumnado de 1º de ESO esperará na entrada principal, onde será chamado e conducido polo seu titor/a á aula que lle corresponda.
Infórmase que, debido á saturación prevista nas liñas 4, 5 e 6. Nin o alumnado de Bacharelato desas liñas, nin o que viva a menos de 1 Km do Instituto, poderán utilizar o autobús.
Tamén se informa que o autobús da empresa Ferrín que ven de Santiago, pasará por diante do IES no horario habitual de entrada 8,25 h e á saída ás 14,30 h.
Por orden de Xefatura Terrritorial, as clases deben comezar o luns 16. Polo tanto HABERÁ CLASE A PARTIR DAS 11. Todo o alumnado debe estar para esa hora e rematará ás 14,05.
Consulta aquí a listaxe de libros de texto recomendados para o curso 2019-2020
Parabéns ao noso alumnado que gañou o premio de 1º ciclo de ESO!!! E tamén ao do IES de Cacheiras que gañou o de 2º ciclo.
A nova na prensa: https://www.codigocero.com/Os-centros-educativos-galegos-copan-o-palmares-do-festival-eMove, https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/ies-brion-triunfa-no-emove-festival/idEdicion-2019-07-30/idNoticia-1196076/
AVISOS:
ANTE A POSIBLE INCORPORACIÓN DE NOVAS MATERIAS EN E-DIXGAL RECOMÉNDASE QUE NON COMPREN LIBROS DE TEXTO ATA SETEMBRO.
- En Tecnoloxía de 3º ESO non se recomenda ningún libro de texto, polo tanto non debe ser tida en conta a recomendación que aparecía no sobre de matrícula
O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, foi premiado no concurso "Sensores 2019" convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O xurado do certame recoñece con este premio a calidade do proxecto interdisciplinar "Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos", un visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil.
O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta da Coruña. Os alumnos Victor Sloth Sixto e Óscar Suárez fixeron unha breve presentación do proxecto e coñeceron os traballos premiados tanto na convocatoria "Sensores 2019" como en "Inventa en galego" por alumnado de toda Galicia.
O proxecto presentado á convocatoria foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos disponibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador.
O alumnado implicado realizou unha pequena exposición cos resultados deste proxecto coa finalidade de difundilo entre o alumnado doutros niveis, que puideron desfrutar dunha experiencia inmersiva subindo por escaleiras virtuais, sobrevoando as Cíes ou adentrándose en moléculas de diferentes compostos.
Parabéns ao alumnado participante.
Accede a máis información:
Proxectos premiados de Sensores 2019, en Igaciencia.
Entregados os premios de Sensores, no Concello de A Coruña.
Para rematar o curso, a biblioteca escolar proponche unha nova mostra bibliográfica que descubrir. Unha escolma con materiais incorporados á biblioteca ao longo do curso adquiridos grazas aos fondos do Proxecto STEM.
Unha selección bibliográfica composta por monografías de materia e obras literarias coa ciencia e a tecnoloxía como temática principal e as mulleres coma protagonistas. Unha exposición que quere achegar á comunidade educativa o coñecemento da tecnoloxía, as ciencias naturais e sociais xunto co destacado labor de multitude de mulleres científicas que realizaron importantes achegas que facilitaron o avance da civilización.
O pasado venres 14 de xuño, o alumnado de 3º ESO B asistiu a un obradoiro de pintura impartido por José Antonio Regidor no noso centro. Durante a sesión puidemos ver en detalle unha demostración, coas súas correspondentes explicacións, do emprego da acuarela. Regidor compartiu con este alumnado parte do seu vasto saber e bo facer nesta técnica húmida que domina con maestría.
Esta actividade forma parte do Encontro coa arte 2019 promovido polo Concello de Brión e adicado nesta ocasión a lembrar a figura de Antón Fraguas.
.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |