CONVOCATORIA ESTALMAT-GALICIA 2022

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da nosa Comunidade Autónoma anuncia a Convocatoria 2022 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2008, 2009 e 2010, que conformarán a promoción número 15.

O proxecto ESTALMAT-Galicia iniciou a súa andadura no curso 2007-2008, integrado no Proxecto ESTALMAT, iniciativa da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Axencia Galega de Innovación, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nas diferentes edicións, as Deputacións das catro provincias galegas apoiaron economicamente o programa.

O obxectivo de ESTALMAT-Galicia é detectar e prestar atención a nenas e nenos con talento matemático. Trátase de desenvolver aspectos que permitan axudar a pensar en matemáticas, resolver problemas e, en definitiva, pasalo ben coas matemáticas ao tempo que se detecta e canaliza o talento matemático para mellor proveito da sociedade.

Poden acceder a toda a información relativa a convocatoria no seguinte  ENLACE

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

Orde do 18 de maio de 2022, DOG Núm. 95 (18/05/22) (xúntase pdf do DOG coa convocatoria)

Prazo.- ata o 22 de xuño de 2022 incluído.

Beneficiarios/as.-

     -Axudas para material escolar: alumnado matriculado en ESO.

     -Fondo solidario de libros:  o noso centro está incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2022/23polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Documentación necesaria.-

    -Impreso de solicitude ED330B (Anexos I e II): (xúntase impreso solicitude pdf instrucións para cubrila)

    -Copia de documento que acredite a unidade familiar (a data 31/12/2020): Libro de familia, sentenza de divorcio/convenio regulador, ou no seu defecto certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.

    -Se é o caso: Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia. Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero. Resolución de acollemento de alumnado en situación de tutela da Xunta de Galicia.

Forma de presentación de solicitudes.

    -Preferentemente a través da aplicación FONDOLIBROS. Unha vez cubertos os datos, a aplicación xera unha solicitude numerada que poderán presentar:

    -Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia:  ACCESO SEDE ELECTRÓNICA 

    -Presencialmente no centro educativo.

    -En caso de non ter acceso á aplicación Fondolibros, poderán presentarse solicitudes (Anexo I e II) cubertas manualmente no propio centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

ORDE DO 29 DE  ABRIL DE 2022: AXUDAS E FONDO LIBROS:

LIGAZÓN
IMPRESO SOLICITUDE ED 330B (ANEXO I E II): LIGAZÓN
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR IMPRESO: LIGAZÓN
MANUAL DO USUARIO PARA O CIDADÁN LIGAZÓN
 PDF INSTRUCIÓNS FONDO LIBRO 2022_23 LIGAZÓN

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU 2022

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de 2022 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 19 ao 23 de maio.

  • Día 19 de maioxoves: na secretaria do centro recollida de impresos e documentación ou descarga, cumprimentación de impresos  e abono taxas.
  • Días 20 e 23 de maio, venres e luns: entrega de documentación na Secretaría. (abono de taxas, impresos de solicitud de título e prematrícula en ABAU, copias DNI, etc.). Comprobación de datos e recollida de impresos na Secretaría. Recollida da documentación a levar ás probas ABAU, comprobación da matrícula.
  • Día 23 luns: recollida da documentación a levar ás probas ABAU, comprobación da matrícula.
  • Días 7, 8, 9 de xuño 2022 exames ABAU da convocatoria ordinaria.

INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:

IMPRESOS: (descargar e cubrir os 3)

  1. Impreso para o pago das tasas ABAU se non se fai online.
  2. Impreso para o pago do título de bacharelato (descargar modelo) Para descargar o modelo premer en "INICIAR TASA", premer no candado aberto e despois en "DESCARGAR MODELO".
  3. Impreso de prematrícula na ABAU

ADXUNTOS:

  • VIDEO:


III CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN: FALLO DO XURADO

MODALIDADE RELATO CURTO:

Categoría A: (1º, 2º e 3º de ESO)

  • 1º PREMIO: Zoe de Rojas (2ºD)  polo seu traballo “Seino todo”, asinado co pseudónimo Zurena PrayerO xurado acordou outorgar dous segundos premios nesta categoría:
  • 2º PREMIO: Camila Mosteiro Carvajal (2ºD) por “As nosas guerras”  ,asinado co pseudónimo Belcourt
  • 2º PREMIO: Aroa Prieto Fernández (1ºB) por “Non é inevitable”,asinado co pseudónimo Tileresa

Categoría B: (4ºESO, 1º e 2º Bacharelato)

  • 1º PREMIO: Simón Rivas Capeáns (2º BACH) polo seu traballo “O meu poder? A imaxinación”, asinado co pseudónimo Chimpi

MODALIDADE POESÍA:

Categoría A:

  • 1º PREMIO: Ruth Busto Domínguez (2ºB), por “As nosas guerras (e só nosas)”
  • 2º PREMIO: Pablo Blanco Valiñas (1ºB), por “A beira do río”, asinado co pseudónimo Roberto de Brión.

MODALIDADE CARTAZ:

Categoría A:

  • 1º PREMIO: Candela Pérez Iglesias (1ºC)  por “Loitas internas”, asinado co pseudónimo Nirvana.
  • 2º PREMIO: Laura Tajes Pais (2ºD) por “Consecuencias da guerra”, asinado co pseudónimo Chifugod.

O xurado acordou deixar desertos os premios na modalidade de Novas Tecnoloxías e suxeriu á organización do Certame adiantar as datas de celebración desta cita en próximas edicións, para favorecer a participación do alumnado.

Formaron o xurado do III Certame Cultural, en representación do centro Bárbara Carballo, Suso Sambade e Vicente Fornés,  e pola Anpa, María José Espiñeira, Elena Remesar e José Manuel Velo.

Os premios entregaranse na Biblioteca do Instituto, o 18 de maio, durante o segundo recreo.

Brión, 12 de maio de 2022

AVALIACIÓN ORDINARIA 2º BACHARELATO 2021-2022

  • SESIÓNS DE AVALIACIÓN: 18 de maio á tarde.
  • ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS AO ALUMNADO: a partir das 20.00 horas na Secretaría do centro e publicación das cualificacións en AbalarMóbil asi como por correo electrónico.
  • REVISIÓN DE EXAMES: 19 de maio de 2022 de 10.00h a 14.00h. Todo o profesorado que imparte clase en 2º de Bacharelato estará no centro para revisión de exames.
  • RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE BACHARELATO: 19 e 20 de maio de 2022 ata as 14.00h.
  • ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS Á DIRECCIÓN: antes das 12.00 horas do 23 de maio de 2022.
  • ENTREGA DAS RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS AOS INTERESADOS/AS: 23 de maio de 2022 ás 13.00 horas.
  • EXAMES ABAU: 7, 8 E 9 DE XUÑO DE 2022

DESCARGA AQUÍ:

Horario de materias ABAU a partir do 18 de maio

Procedemento e modelos de formularios para a reclamación das cualificacións

(modelos de formularios editables .odt)

CALENDARIO PROBAS MATERIAS PENDENTES MAIO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2022-23

Seguindo a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico 2022-23 (Decreto 13/2022) no día de hoxe publicamos no taboleiro de anuncios as listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido.

As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais, coa puntuación desagregada dos criterios de baremo:

Presencial: na secretaría do centro.

Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes na secretaría do centro.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

III CERTAME CULTURAL

REVISTA ALTAMIRA

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA do IES de BRIÓN en colaboración cos Departamentos didácticos e co Concello consideramos que o alumnado de Brión podía enriquecerse ao achegarse á trabe de ouro do coñecemento da contorna a través da revista ALTAMIRA disponible en PDF e noutro formato dixital na páxina do Concello de Brión.

ALTAMIRA é unha das máis lonxevas revistas municipais de Galicia. Desde o ano 1985 saen ininterrompidamente varios números anuais até hoxe.

O espírito dos fundadores foi dar á veciñanza do Concello unha ferramenta de información de temas importantes tanto municipais coma de interese xeral, partindo da realidade de onde se vivía.

A partir dos seguintes PDF podedes acceder ao ÍNDICE DOS 100 primeiros números e ao ÍNDICE TEMÁTICO para que sexa máis fácil traballar os distintos contidos presentes nas revistas.

HAPPY HOLI 2022

Holi é unha festa popular arraigada na antiga cultura hindú, tamén coñecida como a festa do amor, das cores ou da primavera. Celébrase a fin do inverno e o florecer do amor. É un día para coñecer xente, xogar, rir, esquecer, perdoar e retomar vellas relacións. A celebración dura unha noite e un día, empezando na noitiña de "Purnima" (lúa chea) que cae no calendario hindú no mes de "Phalguna", que coincide no mes de marzo.

Tradicionalmente, o Holi é unha festa relixiosa que nos últimos anos vense estendendo fóra da India, cara a Europa e América do Norte como unha celebración primaveral de amor, diversión e cor.

A festa empeza cunha "Holika Dahan", onde a xente se reúne para celebrar rituais relixiosos fronte ao lume e rezar pola desaparición da maldade. Á mañá seguinte ten lugar o "Rangwali Holi" ou "Dhuleti", un festival no que ao aire libre, todos embadurnan a todos con pó de cores-- todo vale, amigos e descoñecidos, ricos e pobres, homes e mulleres, nenos e anciáns... Tamén hai música, baile, encontros coa familia e os amigos, risas, rexoubas e delicias tradicionais de Holi.

(Tradución do inglés de Jessica Ramos Villaverde e Matías Rodríguez Sánchez, 2º Bacharelato)

Distribuir contido