TECNÓLOG@S POR UN DÍA

O programa Tecnólog@ por un día ofrece a oportunidade a alumnado galego de visitar instalacións de empresas relacionadas co sector TIC de Galicia para que poidan experimentar en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais deste campo.

O pasado 3  de Decembro Carlos M. e Valeria, alumnos de 1º de Bacharelato do IES de Brión, pasamos un día nas instalacións de Televés Corporation e coñecimos unha empresa multinacional moderna e automatizada que produce desde cero todo o produto e subproduto co que traballa.

Na primeira metade do día visitamos Gsertel, que é unha empresa pertencente ao grupo Televés que monta, revisa e programa unha ampla variedade de produtos cos cales  miden, analizan e diagnostican sinais de radio e televisión de forma portátil. Nas súas instalacións visitamos as diferentes estancias nas que Gsertel leva a cabo o seu cometido dentro do grupo Televés.

Posteriormente unímonos a alumnos de  outros centros na fábrica de Televés na que se leva a cabo a elaboración da totalidade dos produtos comercializados pola multinacional. Alí puidemos observar a fabricación de forma parcialmente automatizada de todos os compoñentes cos que conta o produto final.

Ambos animaríamos a todo o que tivera a oportunidade de presentarse a algún programa deste tipo xa que é unha experiencia inesquecible que persoalmente recomendamos e se tiveramos oportunidade repetiriamos.             

Valeria Torres Lago Carlos M. Domínguez Carballo, 1º Bacharelato A

CALENDARIO DE PROBAS DE MATERIAS PENDENTES (CONVOCATORIA FEBREIRO)

BACHARELATO (SEMANA DO 7-11 DE FEBREIRO)

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:25

9:15

INGLÉS

Desdobre G2

10:25

FQ

Biblioteca

11:15

ECO

Desdobre G2

12:25

MATES

Desdobre G2

13:15

E.S.O. (SEMANA DO 21- 25 DE FEBREIRO)

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:25

9:15

INGLÉS

Desdobre G2

XH

Desdobre G2

10:25

FQ

Biblioteca

11:15

FR

Biblioteca

LG

Inform. peq.

LC

Desdobre G2

BX

12:25

MATES

Desdobre G2

13:15

ARQUIVO INFORMACIÓN PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES: ACCEDE

OBRADOIRO "A TARIFA DA LUZ"

O pasado 16 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO asistiu ao Obradoiro "A tarifa da luz" impartido polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, onde recibiron formación básica sobre a factura eléctrica e medidas para un consumo responsable, como a consulta da páxina web: https://tarifaluzhora.es/ para coñecer o prezo da luz por horas no día seguinte.

Obradoiro "A factura da luz"

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!

Ola a todas e todos!

Este ano non foi moi corrente, por iso desexámosvos que, como un novo ano está á volta da esquina, podades dispoñer da mellor das saúdes, pasalo o mellor posible e ser responsables, polo ben común, e que, así, non nos toque vivir un ano coma este.

Aproveitade estas datas para desfrutar das vosas amizades e familiares, descansar e celebrar estas festas.

Bo Nadal, e que este ano 2022 vos sexa xenial!

Zoe de Rojas e Ángela Zas, 2º ESO D

CIRCUITO DE PISTAS PARA DESPEDIR O TRiMESTRE

Este luns 20 de decembro o alumnado de 1º de Bacharelato realizamos unha actividade en grupos que nos fixo percorrer todo Brión, examinando tanto a nosa capacidade física como a nosa memoria.

Consistía en facer unha ruta atopando códigos QR, os cales ao ser escaneados revelaban as coordenadas do seguinte código e así sucesivamente ata volver ao instituto. Máis iso non era todo. Os códigos tamén traían preguntas sobre bádminton e voleibol (os dous deportes que practicamos durante o trimestre) e preguntas de todo tipo sobre o que se atopaba ao noso arredor. Por exemplo, nalgúns dos dez códigos da andaina preguntábanse cousas moi variadas dende ¨cantos sets ten un partido de bádminton en dobres?¨ ata ¨que se tira en cada contedor?¨. Empregamos a aplicación de wikiloc para gravar o noso percorrido e sacar fotos de cada lugar onde parábamos.

Pese as lixeiramente adversas condicións meteorolóxicas, todo o alumnado pasou un rato moi agradable percorrendo a nosa vila. A maioría acabamos bastante cansados despois das aproximadamente dúas horas de ruta, mais por sorte tiñamos unha peza de froita esperándonos cando volvéramos ao centro, para repoñer enerxías. Persoalmente, penso que este tipo de actividades logran combinar dunha forma moi efectiva o exercicio físico e a aprendizaxe, ademais de ser divertidas para nós. Diferenciouse do que adoitamos entender por unha clase de educación física, mais foi sen ningunha dúbida unha das mellores.

Martina Sambade Formoso 1º Bacharelato A

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Neste pasado mes de novembro, a nosa biblioteca estivo chea de actividade! 

Todas as semanas con propostas de retos, lecturas e aprendizaxes varias nas que participou alumnado de todos os niveis e nas que uns aprendimos doutras e viceversa. 

Foron unhas semanas magníficas que temos que agradecer ao alumnado e profesorado que participou. Aqui tedes o resumo!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LECTURAS CON-CIENCIA

Despois de pasar este mes con actividades científicas, que mellor que dedicar as nosas recomendacións ás Lecturas Con-Ciencia. Accede picando na imaxe:

Distribuir contido