Matemáticas
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Enviado por Dirección o Xov, 26/04/2007 - 13:33O departamento de Matemáticas no curso 2022/23está constituído polos seguintes membros:
- RAFAEL URRUTIA SALGADO (Xefe do departamento).
- SANDRA Mª DÍAZ MOURO (Secretaria do centro)
- CRISTINA BALTAR GONZÁLEZ
- LUCÍA SANTIAGO DÍAZ
- SOCORRO RODRÍGUEZ MÉNDEZ
- MARÍA DEL PILAR FIGUEROA VÁZQUEZ
que imparten as seguintes materias nos cursos que aparecen na táboa:
Nivel |
Nº de grupos |
Asignatura |
Profesores/as (nº grupos) |
1º ESO |
3 |
Matemáticas |
Socorro Rodríguez Méndez (2) Lucía Santiago Díaz (1) |
2º ESO |
3+2 agrup |
Matemáticas |
Socorro Rodríguez Méndez(1) Rafael Urrutia Salgado(2) Lucía Santiago Díaz (2) |
3º ESO |
4 |
Matemáticas |
Cristina Baltar Gonzalez(2) Mª del Pilar Figueroa Vázquez(2) |
4º ESO |
3 |
Matemáticas orientadas ás ensinanzas Académicas |
Crisitina Baltar Conzález (2) Sandra Mª Díaz Mouro (1) |
1 |
Matemáticas orientadas ás ensinanzas Aplicadas |
Socorro Rodríguez Méndez (1) |
|
1º BAC |
2 |
Matemáticas I |
Mª del Pilar Figueroa Vázquez (2) |
1 |
Matemáticas Aplicadas ás CCSS I |
Socorro Rodríguez Méndez (1) |
|
2º BAC |
1 |
Matemáticas II |
Sandra Díaz Mouro |
1 |
Matemáticas Aplicadas ás CCSS II |
Rafael Urrutia Salgado |
|
1 |
Métodos Estadísticos |
Cristina Baltar González |
Nas seguintes pestanas pódense consultar a programación didática do curso escolar 2022/23, criterios de avaliación así como todo o relativo á recuperación de pendentes.
(CURSOS LOMCE) 2º E 4º |
PRROGRAMACIONES CURSOS IMPARES |
STAT WARS:A REBELIÓN DOS DATOS
Enviado por sandra o Mar, 11/04/2023 - 14:01O pasado 28 de marzo tivemos o pracer de levar a cabo no noso centro o taller STAT WARS: A REBELIÓN DOS DATOS, o cal conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Rede Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET).
Este proxecto de divulgación científica trata de acercar a Estatística ao alumnado da ESO, dun xeito innovador e divertido. O obxectivo é transmitir que a estatística pode ser unha ferramenta imprescindible en distintas disciplinas (Medicina, Deporte, Redes Sociais...) para resolver situacións e problemáticas ás que hoxe en día se enfrenta a sociedade.
Damos as grazas as ponentes por facer posible no noso centro esta actividade e que a "Forza as acompañe, para seguir divulgando a Estatística!!"
![]() |
![]() |
CONVOCATORIA ESTALMAT-GALICIA 2022
Enviado por Dirección o Xov, 19/05/2022 - 20:26O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da nosa Comunidade Autónoma anuncia a Convocatoria 2022 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2008, 2009 e 2010, que conformarán a promoción número 15.
O proxecto ESTALMAT-Galicia iniciou a súa andadura no curso 2007-2008, integrado no Proxecto ESTALMAT, iniciativa da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Axencia Galega de Innovación, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nas diferentes edicións, as Deputacións das catro provincias galegas apoiaron economicamente o programa.
O obxectivo de ESTALMAT-Galicia é detectar e prestar atención a nenas e nenos con talento matemático. Trátase de desenvolver aspectos que permitan axudar a pensar en matemáticas, resolver problemas e, en definitiva, pasalo ben coas matemáticas ao tempo que se detecta e canaliza o talento matemático para mellor proveito da sociedade.
Poden acceder a toda a información relativa a convocatoria no seguinte ENLACE
Modificacións da Programación
Enviado por Anónimo o Sáb, 16/05/2020 - 00:12Modificacións da programación segundo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
FELIZ 8 DE MARZO!!
Enviado por Dirección o Dom, 08/03/2020 - 14:55Recuperando o traballo feito polo alumnado para o Día da Muller e a Nena na Ciencia, aproveitámolo nesta ocasión para conmemorar o Día 8 de Marzo, recordando mediante este vídeo a 14 grandes mulleres matemáticas.
Feliz dia a TODAS !!
CHARLA MATEMÁTICAS NO 11F, X? DE ELENA VÁZQUEZ CENDÓN, DECANA DE MATEMÁTICAS
Enviado por sandra o Xov, 05/03/2020 - 00:22Para conmemorar o dia 8 de Marzo, recordamos a visita o pasado 13 de Febreiro ao IES de Brión de Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC e coordinadora xeral do Máster de Matemática Industrial na USC, UDC, Universidade de Vigo, Universidade Carlos III e Universidade Politécnica de Madrid.
A recoñecida profesora deleitounos coa charla Matemáticas no 11F,X?, onde destacou o papel de importantes matemáticas ao longo da historia, así como nos falou das aplicacións das matemáticas no campo no que ela traballa a Matemática Industrial.
Agradecemos a Elena a súa inolvidable visita así como as entrevistas que concedeu ao alumnado de 4º ESO e 1º BACH.
EXPOSICIÓN E XOGOS SOBRE MULLERES MATEMÁTICAS
Enviado por sandra o Mar, 11/02/2020 - 11:43Presentamos o traballo realizado polo alumnado para conmemorar o "Día da Muller e a Nena na Ciencia". Elaboráronse posters e vídeos sobre 14 mulleres matemáticas relevantes da historia, ademais de xogos relacionados coa información exposta.
Algúns dos xogos mencionados anteriormente non están accesibles de momento, posto que será o alumnado promotor o que os presentará ao resto da comunidade do IES de Brión en forma de concurso.
Agardamos que o disfrutedes!!
