CONVOCATORIA ESTALMAT GALICIA 2024

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da nosa Comunidade Autónoma anuncia a Convocatoria 2024 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2011 e 2012, que conformarán a promoción número 17.

O proxecto ESTALMAT-Galicia iniciou a súa andadura no curso 2007-2008, integrado no Proxecto ESTALMAT, iniciativa da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Axencia Galega de Innovación, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nas diferentes edicións, as Deputacións das catro provincias galegas apoiaron economicamente o programa.

O obxectivo de ESTALMAT-Galicia é detectar e prestar atención a nenas e nenos con talento matemático. Trátase de desenvolver aspectos que permitan axudar a pensar en matemáticas, resolver problemas e, en definitiva, pasalo ben coas matemáticas ao tempo que se detecta e canaliza o talento matemático para mellor proveito da sociedade.

Poden acceder a toda a información relativa a convocatoria nos seguintes enlaces: