Actividades
A FUNDACIÓN BOFILL VISITA A NOSA BIBLIOTECA
Enviado por Dirección o Dom, 24/09/2023 - 21:57Esta semana a nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial: a da Fundación Bofill, que ten como obxectivo exportar o modelo de éxito da Xunta neste ámbito a Cataluña a través dun novo proxecto que están a impulsar e que se chama Biblio [tech]-- un proxecto para transformar as bibliotecas escolares en clave de cultura dixital, multialfabetización e equidade. Visitaron a nosa biblioteca, a do CEE Manuel López Navalón e a do CEIP Emilia Pardo Bazán co fin de coñecer de primeira man a experiencia do programa de bibliotecas escolares en Galicia.
Moitas grazas por escollernos e pola vosa visita!
23 FILÓSOFAS NO 2023
Enviado por Dirección o Mar, 21/03/2023 - 13:03UN MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA CHEO DE ACTIVIDADES!
Enviado por Dirección o Mér, 14/12/2022 - 00:33Aquí está o noso vídeo resumo deste mes tan cheo de actividades científicas en galego na biblioteca: actividades variadas que xuntaron moito público que experimentou, xogou, aprendeu, mostrou que se pode facer ciencia en galego e ademais é moi divertido! Parabéns ás e ós participantes e grazas ao profesorado implicado.
Aquí tedes o noso mes:
Campionato de Cubo de Rubik do IES de Brión
Enviado por Anónimo o Ven, 21/06/2019 - 10:46Para rematar as clases, a biblioteca escolar en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do centro, organizan o 1º Campionato de Cubo de Rubik do IES de Brión, unha competición que anunciamos o pasado mes e que desexa converterse nunha ocasión única para que todas e todos as/os apaixoadas/os deste xogo poidan demostrar as súas habilidades resolvendo este mítico quebracabezas que seduce a persoas de todas as idades dende hai décadas.
As partidas van celebrarse no segundo recreo do venres 21 de xuño, no espazo recibidor do Instituto, un lugar onde esperamos acadar a túa atención e reunir o máximo público posible. Se desexas saber quen vai ser o/a xogador/ra máis rápido/da en solucionar o quebracabezas de cores, non faltes a esta cita.
GAÑADOR: Unai Peral Fernández
Exposición "As rapazas son de ciencias"
Enviado por Anónimo o Dom, 16/06/2019 - 12:23Para rematar o curso, a biblioteca escolar proponche unha nova mostra bibliográfica que descubrir. Unha escolma con materiais incorporados á biblioteca ao longo do curso adquiridos grazas aos fondos do Proxecto STEM.
Unha selección bibliográfica composta por monografías de materia e obras literarias coa ciencia e a tecnoloxía como temática principal e as mulleres coma protagonistas. Unha exposición que quere achegar á comunidade educativa o coñecemento da tecnoloxía, as ciencias naturais e sociais xunto co destacado labor de multitude de mulleres científicas que realizaron importantes achegas que facilitaron o avance da civilización.
Homenaxe a Antón Fraguas
Enviado por Anónimo o Lun, 13/05/2019 - 11:40O Día das Letras Galegas 2019 homenaxea a figura e obra de Antón Fraguas, destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo que se dedicou con mestría ao estudo da cultura e do territorio galegos dende diferentes eidos, prestando especial atención á antropoloxía.
Antón Fraguas serve de inspiración para unha exposición bibliográfica coa que a biblioteca escolar quere difundir entre a comunidade educativa o coñecemento da cultura popular galega. Unha escolma de libros de variada autoría con temáticas vinculadas a diversos aspectos antropolóxicos e etnográficos do noso país.
Unha homenaxe ao profesor Fraguas e unha reivindicación da nosa cultura popular.
|
|
Iº Campionato de Cubo de Rubik do IES de Brión
Enviado por Anónimo o Lun, 06/05/2019 - 11:08A biblioteca escolar Roberto Vidal Bolaño e o Departamento de Normalización Lingüística do instituto organizan o 1º Campionato de Cubo de Rubik IES de Brión. Unha ocasión para que todas e todos as/os apaixoadas/os deste xogo poidan demostrar as súas habilidades resolvendo este mítico quebracabezas que seduce a persoas de todas as idades dende hai décadas.
Se estás interesada/o en participar, inscríbete o antes posible no cartel que atoparás exposto no recibidor do centro. Tamén podes facelo na biblioteca, onde atoparás máis información sobre esta convocatoria. Anímate e participa. Haberá interesantes premios para o/a gañador/a.
