Club de lectura

CLUB DE LECTURA

Enviado por Dirección o Xov, 21/10/2021 - 13:32

Lectura para o mes de xuño

Enviado por Anónimo o Lun, 16/05/2016 - 10:22
Cuberta

El curioso mundo de Calpurnia Tate

Jaqueline Kelly

Ed. Roca

Xuntarémonos na biblioteca para comentala o

martes 14 de xuño de 15:15 a 16:00 h.

Lectura para o mes de maio

Enviado por Anónimo o Ven, 15/04/2016 - 09:29
Cuberta

A casa de Mango Street

Sandra Cisneros

Sushi Books

Xuntarémonos na biblioteca para comentala o

martes 10 de maio de 15:15 a 16:00 h.

Lectura para abril

Enviado por Anónimo o Lun, 14/03/2016 - 11:52
Cuberta

Ilustrísima

Carlos Casares

Galaxia

Xuntarémonos na biblioteca para comentala o

martes 12 de abril de 15:15 a 16:00 h.

Lectura para o Entroido

Enviado por Anónimo o Lun, 25/01/2016 - 11:45
Cuberta

Malala. Mi historia

Malala Yousafzai con Patricia McCormick

Alianza Ed., 2015

Xuntarémonos na biblioteca para comentala o

martes 23 de febreiro de 15:15 a 16:00 h.

Lectura para a volta do Nadal

Enviado por Anónimo o Lun, 14/12/2015 - 12:20
Cuberta

A neve interminable

de Agustín Fernández Paz

Ed. Xerais. 2015

Xuntarémonos na biblioteca para comentala o

martes 12 de xaneiro de 15:15 a 16:00.

Última xuntanza do curso do club de lectura

Enviado por Anónimo o Xov, 04/06/2015 - 10:21

O martes 16 de xuño xuntarémonos co club de lectura do CEIP de Pedrouzos e xantaremos na Carballeira de Santa Minia.

Quedamos ás 14:05 h. neste punto de encontro.

"La lección de August" de R. J. Palacio, vindeira lectura do club

Enviado por Anónimo o Xov, 07/05/2015 - 09:32
A vindeira lectura do club é:
Carátula
 

"La lección de August"
de R. J. Palacio

Nube de Tinta, 2014

«Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» A faciana de Auggie faino distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e golpes de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de "A guerra das Galaxias". Este ano todo vai trocar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: medrar na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir aos días cincentos e saber que, ao final, sempre encontrará unha man amiga.

 

Xuntarémonos para comentalo o martes 19 de maio
de 15:15 a 16:00 h.

Hai varios exemplar na biblioteca do centro.

"A viaxe de Gagarin" de Agustín Fernández Paz, vindeira lectura do club

Enviado por Anónimo o Ven, 06/02/2015 - 12:29
A vindeira lectura do club é:
Carátula
 

"A viaxe de Gagarin"
de Agustín Fernández Paz

Xerais, 2014

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.

Fonte: Edicións Xerais de Galicia

 

Xuntarémonos para comentalo o martes 24 de marzo
de 15:15 a 16:00 h.

Hai un exemplar na biblioteca do centro.

"Donde los árboles cantan" de Laura Gallego, vindeira lectura do Club

Enviado por Anónimo o Xov, 06/11/2014 - 12:30
A vindeira lectura do club é:
Carátula
 

"Donde los árboles cantan"
de Laura Gallego

S.M., 2012

Algunhas historias escóitanse... outras vívense. Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao mozo Robian de Castelmar dende que ambos os dous eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. Non obstante, durante os festexos do solsticio de inverno, un arisco montaraz advirte ao rei de Nortia e os seus caballeros da ameaza dos bárbaros das estepas e tanto Robian coma o duque vense obrigados a marchar á guerra. En tales circunstancias, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar o seu regreso e, talvez, poñer atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque o lugar onde as árbores cantan.

 

Xuntarémonos para comentalo o martes 13 de xaneiro,
de 15:15 a 16:00 h.

Axiña terás novos exemplares na biblioteca do centro.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.