Club de lectura

Lecturas para o mes de xaneiro do Club Raíña Lupa

Cuberta

Para 1º da ESO

 Corredores de sombra
de Agustín Fernández Paz.
Ed. Xerais Col. Fóra de Xogo
Data da reunión: 17 de xaneiro

Cuberta

Para 2º, 3º, 4º e 1º de Bacharelato

Ollos de auga
d
e Domingo Villar
Ed. Galaxia
Data da reunión: 24 de xaneiro

Diario de Ana Frank

 

O primeiro libro que imos ler é unha versión en novela gráfica do Diario de Ana Frank.

Diario de Ana Frank

 

 

Tedes catro exemplares na Biblioteca que podedes coller de xeito organizado.
Próximamente poñeremos a data de xuntanza para comentar a lectura.

 

Como complemento da lectura, podedes visitar a páxina oficial de Ana Frank na seguinte ligazón:

http://www.annefrank.org/es/

      

Presentamos unha nova lectura para o Club.

A partir do 10 de maio comezamos unha nova lectura no Club.

Cuberta

Unha lectora fóra do común de Alan Bennett

Tradución de Moisés Rodríguez Barcia
Ed. Rinoceronte
2010 | Narrativa

O autor:

Alan Bennett (Leeds, 1934) é un autor difícil de clasificar, xa que a súa prolífica produción inclúe series e programas de televisión, guións para películas de cine, obras de teatro, xornalismo e, dende hai unha década, tamén prosa. Recoñecido mestre do monólogo en televisión, as súas series Un inglés no estranxeiro e Talking Heads atópanse entre os maiores logros da BBC británica de tódolos tempos. Como dramaturgo é autor de pezas teatrais moi celebradas, como Habeas Corpus, Kafka´s Dick ou A loucura do Rei Xurxo (levada posteriormente ó cine). Tamén realizou o guión da longametraxe Ábrete de orellas, dirixida por Stephen Frears, sobre a vida do dramaturgo Joe Orton.

A obra:

A culpa tivérona os insoportables cans da raíña. Aquel día, despois de estar no xardín, no canto de subir pola escaleira dianteira correron cara a un dos patios e puxéronse a ladrar. Cando a raíña chegou onda eles, descubriu aparcado á porta da cociña do palacio o furgón da biblioteca móbil do concello de Westminster. Nunca mostrara moito interese pola lectura, pero tomou en préstamo un libro, e a este seguíronlle moitos outros, tantos que pouco a pouco a afección se converteu en devoción, perturbando as relacións coa súa familia, os ministros, a servidume e os amigos.
En moi poucas páxinas e cunha ironía da mellor escola inglesa, Alan Bennett amósano-lo poder que posúe a literatura para cambia-la vida das persoas, mesmo a vida dunha Isabel II educada para o deber. Grazas á transformación interior que a paixón pola lectura provoca na protagonista, esta comeza a ve-las cousas dende outra perspectiva e a facerse preguntas, o que fai que desatenda as formalidades propias da realeza, ata desembocar nun sorprendente final.

Fonte: Culturagalega.org

Nova lectura para o club

A próxima lectura do club é:

Cuberta

Xuntarémonos para comentar este libro o martes 29 de marzo.Máis información no blog do club.

Datas segunda reunión do Club de Lectura

 A segunda reunión do club de lectura para comentar "O pintor do sombreiro de malvas" será o martes 18 de xaneiro de 3:15 a 4:15 na Biblioteca.
 
Imaxe

O pintor do sombreiro de malvas: seguinte lectura do club

 
 Carátula  

Marcos Calveiro: O pintor do sombreiro de malvas

Col. Fóra de Xogo, 129. Eds. Xerais Vigo, 2010

Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubrirá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda. 

Hai tres exemplares na Biblioteca e mercaremos dous máis para antes do Nadal (avisaremos cando os poidades coller emprestados).
 

 

Primeira reunión do Club de lectura

 


A primeira reunión do club de lectura para comentar "El baile" será o martes 30 de novembro de 3:15 a 4:15 da tarde.

 


 

A nosa primeira lectura deste curso

 
 

Cuberta

 

El baile de Iréne Némirovsky

Ed. Salamandra

(Tedes 5 exemplares na Biblioteca para coller en préstamo)


El baile es un breve relato de una medida y una eficacia poco corrientes en este tipo de entregas. En apenas cien páginas, la narradora cuenta la irritación adolescente de una niña de catorce años que ha visto cómo durante los últimos tiempos sus padres han prosperado gracias a un acertado giro bursátil y ahora son una adinerada familia que pretende formar parte de la alta sociedad francesa en el París del glamour de comienzos de siglo. Pero, como aún no han conseguido ese reconocimiento, los señores Kampf organizan un baile de sociedad dejando a Antoinette fuera de ese acontecimiento o esa ceremonia de iniciación como ella la entiende. Pronto la joven fraguará un modo de vengarse que provocará una humillación para sus padres.

 

 

Queres formar parte do noso Club?

 

LibroSe queres formar parte do Club de Lectura Raíña Lupa do IES de Brión durante o curso 2010-2011, anótate na Biblioteca nun recreo (fala con Armando).
Teremos a primeira xuntanza o venres 15 de outubro no 2º recreo na aula de 2ºA (no corredor da saída ao patio).

 

 

Persépolis: a película

O luns 21 de xuño xuntámonos de 3 a 5:30 da tarde para ver o film:

 

Persépolis

 

 

Non esquezades traer as autorizacións o venres 18!!

Distribuir contido