D’TEC: INNOVANDO A OMBROS DE XIGANTES
O 27 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencia e Tecnoloxía asistiu á actividade "Innovando a ombros de xigantes" do programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, organizada polo CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Durante a mañán o alumnado participou nun espectáculo no que se rememoraron momentos clave da evolución científico tecnolóxica, recreando experimentalmente as achegas e analizando a súa importancia e participaron nun scape room no que un dos nosos equipos rematou os desafíos en primeiro lugar.
Parabéns a todos os participantes e ás máis rápidas en rematar o desafío.