Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 20 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO

HORARIO:

TODOS OS DÍAS DE 10:00h A 14:00h

E OS LUNS POLA TARDE DE 15:30h A 17:30h

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) Para a presentación de solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365  (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Opcionalmente tamén pode presentarse no centro docente utilizando o formulario ANEXO I, publicado na web da Consellería, e que estará a disposición dos interesados no centro docente, ou poden descargalo dos documentos adxuntos.

Xunto coa solicitude ANEXO I deberá presentarse:

        a) ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

      b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o    número de membros utilizando os seguintes medios:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

       c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

        d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

       e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.          

       f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

       g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

 

* DE TODA A DOCUMENTACIÓN que se presente, deberán achegar FOTOCOPIAS e os respectivos ORIXINAIS para verificar a súa autenticidade.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Orden 10 mayo fondo libros 2023-24.pdf1.08 MB
Orde 10 maio fondo libros 2023-24.pdf1.16 MB
Manual usuario solicitantes.pdf3.17 MB
Anexo I e II_CAST.pdf1.61 MB
ANEXO I e II _ GAL.pdf1.61 MB


page | by Dr. Radut