Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2014/2015) U.D. Atletismo: traballos e visita de J.M. Okutu.

Dende que voltou a comezar o curso todas as aulas do centro, cada unha ao seu nivel, estivemos a traballar nas sesións de Educación Física contidos, exercicios e xogos para coñecer mellor o Atletismo: carreiras de velocidade e relevos, lanzamentos, salto de altura e, sobre todo, na súa especialidade de salto de lonxitude.

 

Ata no corredor de arriba expusemos os mellores saltos de cada unha das aulas comparándoo cos dos mellores deportistas nesta especialidade.

 

Como remate de unidade, este luns visitounos o , polo momento, xa cinco veces campión de España, Jean Marie Okutu xunto ao seu entrenador para falarnos de todo elo. Contactamos con eles gracias a Martín Brea. 

Para preparar a súa visita xuntámonos o alumnado de quinto e sexto nas horas de Educación Física, repartíndonos en catro grupos:

-un deles adicouse a preparar un mural informativo sobre esta actividade e atleta. Este foi o resultado final:

 

 

-O segundo grupo andivo a preparar un trofeo co que agasallar a J.M.Okutu: decidimos facerlle un boneco semellante a el con gomaeva coma os que prepara Carla, alumna de quinto.

Ela trouxo un libro onde explicaba como facelas e parte do material necesario que coa axuda do seu grupo (e un pouquiño da súa nai) conseguimos rematar algo tan especial. Mirade!:

 

-O terceiro grupo, o dos periodistas, adicouse a facer un listado de preguntas que facerlle a el e o seu entrenador. Con elas e as súas respostas prepararán unha entrevista para o xornal escolar:

-e xa o derradeiro grupo de nenos e nenas preparou distintos murais nos que se representaba a Okutu nas diferentes fases do salto de lonxitude.

Así de preparado quedou o escenario onde recibiríamos a este gran deportista! E alí xuntámonos e escoitamos todo o que nos foron contando sobre o seu deporte,

visionamos unha presentación que aquí vos deixamos,

contestáronnos a todas as nosas preguntas (que foron moitas)

demostrounos un dos seus saltos (pero a pés xuntos),

 

fixémonos fotos todos xuntos con el

fixémoslle entrega  do noso trofeo de campión:

 

e ata nos firmaron autógrafos!

Incluso a prensa recolleu este acto! Nas páxinas do Faro de Vigo  o martes saía a seguinte noticia:

Que ilusión nos deu a todos e todas vernos no xornal!

Desexámoslle a este gran atleta moita sorte nos seus próximos saltos!

Gracias pola túa visita! 

(2014-2015) As oito NORMAS dun DEPORTISTA para coidar a súa SAÚDE

Cos nenos do primeiro ciclo estivemos a recordar cales eran as NORMAS máis importantes para que un deportista coidase a súa saúde. Entre elas están...

1.-BEBER AUGA antes, durante e despois do exercicio.

2.- Hai que CURAR as feridas cando aínda son pequenas.

3.-  Ao rematar sempre hai que coidar a nosa hixiene.

4.-  Para facer deporte hai que prepararse como se fósemos a unha festa.

5.- Hai que coidar moito os nosos pés: con calzado adecuado e calcetíns absorventes e revisar que ao calzalos non lles quede ningunha enruga.

6.-Hai que protexerse da temperatura : máis ou menos roupa según faga máis frío ou calor.

7.-Non abusar do noso corpo nin pasarse das nosas posibilidades. O deportes non é unha tortura, é unha festa!

8.- A actividade física e unha boa alimentación sempre teñen que ir unidas.

Tédeas en conta! 

(2014-2015) Traballando os Primeiros Auxilios en E.F.

Como terceira unidade da nosa área de Educación Física estamos a traballar contidos referentes a nosa Hixiene e Saúde.

Así como outros cursos tamén traballamos...

-os Beneficios da Actividade Física na nosa Saúde

-ou a Hixiene Postural

...este curso o faremos cos PRIMEIROS AUXILIOS.

Para elo estivemos aprendendo:

-a cales son os pasos para curar as pequenas feridas:

 

-cales son as lesións máis comúns dentro da nosa área e como actuar ante elas:

sangrados de nariz:

esguinces:

luxacións e fracturas...

esvaecementos: 

- as regras máis importantes a seguir para XOGAR LIMPO e non ter problemas nos xogos.

(en proceso....)

 

-e, como non, os pasos a seguir antes, durante e despois de facer calquera actividade física para previr calquera problema ou lesión.

(en proceso...)

 

Como broche final, tamén nos visitou un Clube de Salvamento Acuático, que nos explicou todo o referente aos seus entrenamentos, os que cando completan a súa formación con coñecementos sobre estos Primeiros Auxilios, traballan como socorristas nas nosas praias e piscinas atendéndonos, curándonos ou ata incluso salvando as nosas vidas.

Nós de momento a socorristas de praia non chegamos, mais....a uns bos socorristas de patio de seguro que sí.

 

 

(2013-2014) Búsqueda prehistórica dende Educación Física

Coma estes últimos anos, rematamos o curso dende a nosa área de Educación Física facendo unha búsqueda do tesouro.

As últimas semanas traballamos no terceiro ciclo a orientación, co que os maiores partirían con algo de vantaxe.

 Xa a fixemos sobre piratas,

 as olimpiadas na antigüedade,

 

a volta ciclista,...

Este curso, por suposto, sobre a Prehistoria!

O protagonista foi Braña 1, resto humán desta época máis antigo atopado en España, do que trousera información á clase Daniel Camiña alá por xaneiro, e do que decidíramos disfrazarnos polo entroido na aula de sexto. 

 

Así dicía a primeira pista que atoparon na porta do colexio:

POIS SÍ, SON EU, BRAÑA 1.

ENTEREIME DE QUE ANDADES A INVESTIGAR SOBRE O MEU TEMPO

A PREHISTORIA

ATA NO ENTROIDO ALGÚNS DE VÓSDISFRAZÁSTESVOS DE MIN E POR ELO...

DEUME GANAS DE FACERVOS UNHA VISITA!

PARA QUE NON VOS ASUSTARADES DE MIN

ANDIVEN POLA VOSA COVA DURANTE A NOITE.

(SÓ ALGÚN ANIMAL DENDE O LONXE PERCATOUSE DA MIÑA PRESENCIA. FACÍA UNS SONIDOS UN TANTO ESTRANOS "GUAU, GUAU", NON OS ESCOITARA ANTES, MAIS DE SEGURO QUE ESTARÍA RICO TOSTADIÑO NA MIÑA FOGUEIRA)

POR CERTO, CANTO TRABALLASTES!

TENDES TODAS AS CLASES MÁIS PINTADAS QUE AS PAREDES DA MIÑA COVA!

ASÍ APRENDE CALQUERA A CAZAR... COÑECEMENTOS!

PARA VER SE APRENDESTES AS COUSAS MÁIS IMPORTANTES DA PREHISTORIA PREPAREIVOS UNHA PROBA.

SE LOGRADES SUPERAR TODOS OS APARTADOS CONSEGUIREDES

O GRAN PREMIO FINAL

(PARA MIN SERÍA ATOPARME CUNHA PATA DE CERVO BEN CHURRASCADIÑA, MAIS PARA VÓS... PREPAREIVOS OUTRA COUSA!)

VEÑA! SORTE! E LEMBRADE...

A TRIBU

SE TRABALLA UNIDA

XAMAIS SERÁ VENCIDA! 

A partir de aquí , iríamos buscando as distintas localizacións das pistas, pensando entre todos os do equipo ou da clase onde estaría situada.  Estas pistas faláronnos sobre:

os petroglifos (oculta na pedra que ten gravado o nome do noso colexio)

 a pesca (pendurada nunha das alcantarillas do patio)

 a caza (nunha punta de frecha nas pedras do xardín interior)

 a vestimenta (na sala onde preparan os seus traxes os da comparsa)

 

as pinturas rupestres (na cova de coñecementos dos de sexto)

 o lume (nunha das saunas do pavillón)

 a auga (na fonte do patio infantil)

 a recolección (entre as ramas das árbores do patio)

Ata chegar á pista final que escondía o premio final.  (a pel que trouxera Virginia)

 

Ata ela foron chegando todos eles.

... Ademais de pasalo ben, descubrimos un feixe de cousas!

 

 

 

 

(2013-2014) Recopilando rifas.

 PITO PITO

GORGORITO

...

¿Saberías seguir?

Seguro que sí; ao igual que algunha máis: "un gato cayó al pozo..., un avión japonés,...

Desde EF démonos conta que case sempre estabamos a sortear nos xogos coas mesmas rifas, de ahí que decidimos preparar este pequeno traballo.

 

Durante o segundo trimestre colocamos dende Educación Física un panel no corredor do pasillo no que o alumnado puidese ir anotando e pendurando as distintas rifas ou maneiras de sortear que tiñan nos xogos.

Os primeiros en facelas foi o alumnado de terceiro que aproveitando un día de temporal nos que non se podía saír do centro prepararon, na hora de Educación Física, en parellas, cada un a súa rifa acompañándoa dun debuxo referente á mesma.

Tamén os de primeiro, aló polo entroido, prepararon algunha na aula e baixaron a pendurala.

 

Os demais tamén participaron anotando nos papeis que deixamos no taboleiro. Pouco a pouco foise enchendo!

Se sabedes algunha máis ou vos apetece aprender a votar sortes de maneira diferente a como tedes acostumado...xa sabedes!

(2013-2014) Practicando no terceiro ciclo o Acrosport

O ACROSPORT

Repasando as habilidades ximnásticas traballadas xa o curso pasado na unidade de Ximnasia (volteretas, pinos, puntais, cravos,...), pasamos a traballar unha unidade na que tivemos que superar un pouco máis de dificultade.

Entre outros, os obxectivos a traballar co Acrosport foron: adquirir e respetar as normas de seguridade, aprender a valorar o risco e a tomar precaucións, cooperar cos compañeiros de equipo, desenrolar a confianza e seguridade en si mesmos,...

A través de fichas con imaxes das distintas formacións e agrupacións e de información e vídeos atopados en internet, comezamos a traballar en equipos combinando as diferentes habilidades para poder acadar posturas cada vez un pouco máis complicadas.

(Se fas clic  poderás ver algún exemplo.

Tamén atoparedes en youtube un montón de exemplos de coreografías)

.

Polo perigo que conleva algunha destas formacións traballamos ben previamente as distintas posicións, roles (áxil, portor, e axuda), apoios, axudas, normas de seguridade,... e ao longo da unidade non tivemos ningún problema

Algúns dos momentos de traballo deste tema foron:

Estudando e decidindo cal e como sería a posición de cada un de nós dentro da formación elexida, onde se facían os apoios, as axudas, quen faría de portor e quen sería o áxil,...

Facendo en parellas e tríos letras do abecedario

Tamén con elas algunha palabra (sol)

E facendo figuras con diferentes agrupacións: de 2, 3, 4, 5, 6 compoñentes

En parellas e tríos

En grupos de 4

En grupos de cinco:

En grupos de seis:

En grupos de 7

E en grupos de 8 e 9

Como remate da unidade tiñamos que preparar ao ritmo da música un baile no cal empregásemos algunha destas formacións.

Unha das cancións dos debuxos de Bob Esponja serviunos de elemento motivante no 1º nivel para tan só nunha sesión telo máis ou menos montado.

Un dos máis coñecidos temas do grupo musical "One direction" foi o que nos inspirou para preparar o baile no 2º nivel do ciclo.

E tan chulos quedaron que decidimos participar con eles no Festival de Nadal.

Nunha próxima entrada mostraremos as imaxes. De momento seguimos ensaiando!

E... tema rematado!

Agora toca respostar as preguntas da ficha de fin de tema para valorar todo o que aprendemos nel.

(2013-2014) A Flexibilidade: os estiramentos.

Agora que comezamos a traballar a FLEXIBILIDADE, aquí vos deixo esta páxina na que atoparedes toda a información que se refire aos estiramentos: beneficios, tipos, os específicos para cada deporte, parte do corpo ou lesión. A telos en conta!

.

.

(2013-2014) Desfrutando dos xogos cooperativos co paracaídas.

Benvidos e benvidas dende o  pavillón

ao novo curso escolar 2013-2014!

Durante estes primeiros días de colexio, dende a nosa área de Educación Física, andivemos a traballar cos nenos e nenas do centro o xogo cooperativo.

Para que aínda fose máis atractivo do que xa o é un xogo de por sí, empregamos un atractivo material: o PARACAÍDAS.

Con el, e acompañados de música, quecemos...

, xogamos...

 

, traballamos ben xuntos con todo o equipo clase para ter unha boa entrada e disposición hacia a actividade física.

Así fixemos xogos como: a carpa,  a lavadora, o cangrexo, os socorristas, o gato e o rato,...

Aquí vos deixo unha serie de fotos máis sacadas nalgúns momentos destas sesións:

   Algúns quedamos con ganas de máis!

 

 

(2012-2013) Búsquedas en E.F.

Na última unidade que traballamos en E.F. traballamos a Orientación.

(Atoparedes información sobre este tema clicando aquí)

Por elo, nunhas das últimas sesións, os nenos tiveron que facer e empregar planos do centro, indicacións de direccións a serguir con graos e sentidos de xiro,... para poder superar os obxectivos que perseguiamos nestas clases.

No segundo ciclo tamén se iniciaron neste tema, mais no patio de xogo dos pequenos. Os planos preparárannos nunha sesión anterior o alumnado de 4º. Entre eles escollemos o de Emilio, no cal representara case exactamente no seu sitio cada un dos elementos que alí se atopaban.

Neste plano tiñan marcados 10 puntos. Neles atoparían un gomet verde cunha letra escrita. Terían que ilas apuntando, posto que con todas elas terían que formar a palabra que lles levaría á victoria.

Despois de darlle moitas voltas o equipo de Lucía e Emilio conseguiu adiviñala!

No terceiro ciclo tivérono un pouco máis difícil. Eles xa levaban dous anos ensaiando.

Fai dos cursos fixérona sobre os piratas, e o pasado sobre os xogos olímpicos. Este ano tocaba ... A volta ciclista a España, que este verán partirá dende Galicia,con tres etapas aquí cerquiña. Ademais, a súa mascota, Mexi-Llón, diseñouna, ao igual que aos Bolechas, Pepe Carriero.

Así, ao regreso do recreo, atopaban na porta de entrada a seguinte información.

A proba consistiu en...

-1º buscar, seguindo as indicacións de graos e sentidos de xiro, os 4 anacos de plano do colexio. Todos os grupos partían dende a palmeira do patio. Dende alí se seguían correctamente as direccións marcadas irían pasando por lugares onde recollelos.

-2º: compuxeron o mapa e nel terían que ir atopando nos 8 puntos marcados unha serie de probas con preguntas sobre o tema central da búsqueda deste ano, A volta ciclista a España, xa que parte dende a nosa terra.

Tiñan que repostar ben todas, buscando para elo a información necesaria no libro de Pepe Carreiro sobre Mexi-Llón

, no panel posto na entrada do colexio

, preguntando a calquera ou mesmo na súa memoria.

3º: Se o conseguían dábaselles a pista final que os levaría ata a neveira da sá de mestres.

 Un pouco de chuches! Iso foi o que atopamos.

Unha vez ao ano ... non fan dano!

Ata a volta!

(2012-2013) A ORIENTACIÓN

Xa no pouco que queda de curso, no terceiro ciclo, comezamos a traballar unha unidade sobre a Orientación.

Para elo, aquí tedes unha presentación na que nos explican os conceptos básicos a ter en conta nesta disciplina deportiva, atoparemos exercicios prácticos e enlaces a xogos onde poder poñernos a proba.

Algúns deles irémolos tratando nas sesións dos próximos días.
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.