Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014/2015) U.D. Atletismo: traballos e visita de J.M. Okutu.

Dende que voltou a comezar o curso todas as aulas do centro, cada unha ao seu nivel, estivemos a traballar nas sesións de Educación Física contidos, exercicios e xogos para coñecer mellor o Atletismo: carreiras de velocidade e relevos, lanzamentos, salto de altura e, sobre todo, na súa especialidade de salto de lonxitude.

 

Ata no corredor de arriba expusemos os mellores saltos de cada unha das aulas comparándoo cos dos mellores deportistas nesta especialidade.

 

Como remate de unidade, este luns visitounos o , polo momento, xa cinco veces campión de España, Jean Marie Okutu xunto ao seu entrenador para falarnos de todo elo. Contactamos con eles gracias a Martín Brea. 

Para preparar a súa visita xuntámonos o alumnado de quinto e sexto nas horas de Educación Física, repartíndonos en catro grupos:

-un deles adicouse a preparar un mural informativo sobre esta actividade e atleta. Este foi o resultado final:

 

 

-O segundo grupo andivo a preparar un trofeo co que agasallar a J.M.Okutu: decidimos facerlle un boneco semellante a el con gomaeva coma os que prepara Carla, alumna de quinto.

Ela trouxo un libro onde explicaba como facelas e parte do material necesario que coa axuda do seu grupo (e un pouquiño da súa nai) conseguimos rematar algo tan especial. Mirade!:

 

-O terceiro grupo, o dos periodistas, adicouse a facer un listado de preguntas que facerlle a el e o seu entrenador. Con elas e as súas respostas prepararán unha entrevista para o xornal escolar:

-e xa o derradeiro grupo de nenos e nenas preparou distintos murais nos que se representaba a Okutu nas diferentes fases do salto de lonxitude.

Así de preparado quedou o escenario onde recibiríamos a este gran deportista! E alí xuntámonos e escoitamos todo o que nos foron contando sobre o seu deporte,

visionamos unha presentación que aquí vos deixamos,

contestáronnos a todas as nosas preguntas (que foron moitas)

demostrounos un dos seus saltos (pero a pés xuntos),

 

fixémonos fotos todos xuntos con el

fixémoslle entrega  do noso trofeo de campión:

 

e ata nos firmaron autógrafos!

Incluso a prensa recolleu este acto! Nas páxinas do Faro de Vigo  o martes saía a seguinte noticia:

Que ilusión nos deu a todos e todas vernos no xornal!

Desexámoslle a este gran atleta moita sorte nos seus próximos saltos!

Gracias pola túa visita!