Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2017-2018) Celebramos os aniversarios de xuño e do verán. Os últimos do curso.

Como cada curso, no mes de xuño ademais de celebrar os aniversarios das compañeiras e compañeiros que cumprenanos nese mes, tamén o facemos con aqueles que cumpren anos no verán, cando non hai clase.

Nesta ocasión escolleron a tarta de galletas Oreo, pero que tería chocolate de cor azul, posto que formaría parte da festa "debaixo do mar", que podes atopar ó final desta entrada.

 

Fomos seguindo paso a paso a receita do noso libro de receitas.

 

Cunhas gotiñas de colorante azul e chocolate branco de fundir puxemos a capa "azul" como o mar.

Tan só falta a decoración con tabeiróns de gominola "nadando no mar".

 

Xa na "festa debaixo do mar" sopramo as candeas segundo os anos que cumpliamos.

 

 

Con esta tarta participamos na festa "debaixo do mar" que podes ver na seguinte entrada: 

infantil 2 (2017-2018) Rematada a investigación sobre os tabeiróns, convertimos a aula no fondo do mar para facer unha festa 

(2017-2018) Visitamos Naturnova, e pasámolo de medo en Indiana Bill, na nosa saída de fin de curso.

O 12 de xuño por fin chegou o gran día que tiñamos marcado no noso calendario online e de papel, tiñamos a nosa última saída do curso. Nesta ocasión de mañá e tarde para participar nas actividades de Naturnova e xogar no parque infantil Indiana Bill.

Xunto ós compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, xa estabamos preparados para marchar.

 

Despois da viaxe en autobús ata Vigo fixemos unha paradiña para tomar a nosa merenda.

 

Xa coas forzas repostas camiñamos un anaco ata chegar a "Naturnova" en Vigo.

 

Alí "xogamos" con Claudia a buscar a unha pequena pantasma que estaba esacondida nos "cómics" da exposición, así como outros pintores famosos que estaban metidos nas diferentes viñetas.

 

E ata nos metimos denro dunha viñeta de cómic como súperheroes.

 

Remata a visita participamos nun obradoiro creando os nosos propios cómics.

 

Rematada a visita a Naturnova, viaxamos ata a Ramallosa (Nigrán), para tomar a nosa comida antes de poder xogar en Indiana Bill... o fantástico parque infantil que estabamos agardando.

 

Ata que chegase a hora de entrar en Indiana Bill, xogamos un anaco no parque onde coméramos.

 

Despois dun pequeno anaco camiñando...

 

Por fin puidemos xogar no parque Indiana Bill, ata os profes Cris e Óscar se meteron dentro ;)

 

Unha foto de grupo como despedida... pasámolo de medo.

 

Podes ver más fotografías na galería fotográfica.

 

(2017-2018) Así rodamos a nosa película "As supermulleres da Paz". Queres vela?

Lembras o noso conto "As supermulleres da paz" que creamos para participar no salón do libro?. Se non o recordas podes facelo nas seguintes entradas:

09/03/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Creamos o noso libro "As súper-mulleres da paz" para o Salón do libro. Queres velo? 

15/04/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Planificamos a visita e creamos un mapa para participar nas actividades do Salón do Libro e visitar a ORBIL 

03/02/18: [Infantil xuntos] (2107-2018) Descubrindo os Premios Nobel para celebrar o día da Paz 

 

Para participar na película de "centro" organizada pola biblioteca do colexio titulada "3, 2, 1... rodando libros", decidimos convertir esta historia creada por nós, nun guión e con el rodar a nosa participación na película.

Así naceu "As supermulerres da paz"... a película.

Foron necesarios moitos diálogos e acordos para organizar o traballo de rodaxe,  convertir a nosa historia nun guión, buscar o vestiario e o atrezzo... ata que todo estivo listo para comezar a rodaxe.

 

 

Finalmente chegou o momento de comezar a rodaxe das diferentes escenas da película, cada quen representou o papel que lle correspondía na historia e todos e todas, diante do croma verde, imaxinamos que estabamos na selva, no centro de mando, etc...

 

Por suposto tamén nos vestimos como as diferentes personaxes da historia: morcegos, zombies, as supermulleres... e ata o lobo Orbil. Todo os que saían no noso libro e que agora estarían presentes nesta fantástica película.

 

Cando rematamos de rodar as diferentes escenas, e xa coa película montada, mirámola por primeira vez cos fondos en lugar da tela verde, coa música e cos efectos especiais.

 

Descubrimos tamén como se convertía o fondo verde nunha selva ou outros dos lugares que aparecían na película.

 

Acordamos que coa película xa feita, aínda faltaba por poñerlle as nosas voces, para que a historia quedase clara. Así pois despois de grabar o audio das diferentes partes da historia, voltamos a visionar a nosa película xa coas nosas voces engadidas.

Xa estaba lista para a súa presentación pública.

 

Tal como anotamos no calendario online das dúas aulas de infantil, o día 5 de xuño, pola tarde, tería lugar a presentación para as familias da película creada polo centro, e da que a nosa formaba tamén parte. Pensamos que para que todos se enterasen o mellor sería facer un cartel anunciándoo.

 

Pegamos o cartel na porta da entrada para que todos e todas o puidesen ver.

 

Tamén levamos unha invitación persoal para casa elaborada pola bibioteca do centro, que tamén levaron tódolos nenos e nenas do colexio.

 

A tarde da data sinalada estaba todo listo para comezar a proxeción... alí estaban moitas das nosas familias.

 

Se non puideches asistir podes ver a película completa de seguido, lembra que a nosa "As supermulleres da paz" sae a primeira ;) 

 

(2017-2018) Descubrimos a Mª Victoria Moreno e facemos un mural coas nosas mascotas, para celebrar a semana das Letras Galegas

Este ano a escritoria homenaxeada na semana das Letras Galegas era María Victoria Moreno. Despois de sinalar as datas nos noso s calendario online así como a da celebración que tería lugar no colexio.

Comezamos a descubrir algúns feitos relevantes da súa vida e algúns  poemas dos que escribira.

 

Un dos que escribira falaba dun can que tiña, así que decidimos facer un mural xigante con ese texto e rodealo das nosas mascotas, que pedimos ás familias enviando unha mensaxe ós seus móbiles. Pouco a pouco fómolas recibindo e cada un de nos foi comentando como se chamaba a súa mascota.

 

Entre todos e todas escribimos o fragmento do poema pero en "xigante"

 

Así de fantástico quedou xa rematado, tan só faltaba incluír as nosas mascotas, como o can do que falaba o poema.

 

Entre todos e todas fomos completando o mural coas mascotas de cada un.

 

Por suposto tamén escribimos os nosos nomes e os nomes das nosas mascotas para que todoo mundo puidese saber de quen se trataba.

 

Cunha foto de María Victoria Moreno, quedou remtado e así de fantástico o noso mural coas  mascotas.

 

Cando estaba a piques de rematar a semana das Letras Galegas, e tal como estaba anotado no noso calendario, participamos na celebración organizada na biblioteca do colexio xunto ós compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Alí contáronnos moitas cousas de María Victoria Moreno, algunhas xa as coñecíamos dos nosos descubrimentos, pero descubrimos tamén algún dato novo.

 

Tamén puidemos asistir á interpretación musical de música de tradición galega por parte dos compañeiros e compañeiras de primaria.

 

E a ANPA entregou os premios do concurso de narrracións, no que Infatil 1 e Infantil 2 participou con cadanseu conto.

 

Déronnos un libro de premio para cada unha das aulas, e un pequeno agasallo para cada un de nos... entre eles un libro pequeniño.

 

Os libros están agora na nosa biblioteca de aula para poder levalos os venres para casa se queremos, e os agasallos persoais puidemos levalos para as nosas casas.

(2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de maio

Neste mes de maio ANXO e DAVID cumplían 4 e 6 anos respectivamente e, como cada mes, celebrámolo facendo unha tarta coa que os homenaxeados convidaron ós seus compañeiros e compañeiras.

Unha vez elexida a tarta do noso libro de receitas, e cando xa tiñamos tódolos ingredientes na aula, chegou o momento de comezar a preparala.

 

Paso a paso fomos seguindo a receita para elaborar a nosa tarta.

 

Despois de metela no frigorífico todo un día, xa estaba lista para decorla con lacasitos e poder dar comezo a festa.

 

Tras cantarlles á canción de "cumpleaños feliz" e "parabéns para ti" cada un deles foi soprando as candeas cos anos que cumplían.

 

Os homenaxeados repartiron a tarta entre os seus convidados e convidadas... encantounos a todos.

 

Con gusanitos, patacas fritidas e zume rematamos a nosa tradicional festa de aniversario, nesta ocasión no mes de maio.

 

O vindeiro mes de xuño teremos que celebrar os aniversarios tanto dos compañeiros e compañeiras que cumplen anos no mes, así como os que o fan no verán, cando non haberá clase.

Como sempre poderedes velo neste blogue.

 

(2017-2018) Facemos un rasca e gaña para como regalo para as nosas nais

Se lembrades, no mes de marzo polo día do pai creamos esta fantástica bolsa da compra deseñada por nos:

 

Nesta ocasión como regalo para día da nai decidimos crear un "rasca e gaña", cuns premios "moi especiais".

 

O primeiro foi escribir en cada unha das partes que logo habería "que rascar" os premios que queríamos darlles ás nosas nais, e que terían que descubrir rascando sobre eles.

 

Cons premios xa escritos tivemos que plastificar cada panel coa plastificadora.

 

 

 

Velaquí algúns exemplos de como quedaron, listos para a seguinte paso.

 

Logo había que preprar a mezcla de pintura e xabón poder tapar tódolos premios, pintando sobre o noso panel xa plastificado. Deste modo cando secase podería rascarse e aparecerían os "premios ocultos. Puxémonos mans á obra para cubrir, con coidado só os corazóns onde estaba o premio escondido e non o resto do panel.

 

Cando secou, tivemos que "rascar" a parte de pintura que sobraba para voltar a recuperar a forma de corrazón, porque non era doado facer que non saíses por fora cando pintamos.

 

Co noso "rasca e gaña" listo había envolvelo con celofán...

 

... e con algo de decoración quedou listo o regalo, xusto a tempo de levalo para as nosas casas.

 

 

(2017.2018) Celebramos os aniversarios do mes de abril

Neste mes de abril IVÁN, DANIEL e ÓSCAR celebraron os seus aniversarios xunto co profe ÓSCAR.

Así que como sempre, e tras elexir unha tarta do noso libro de receitas, puxémonos mans á obra para poder "cociñala" e poder convidar ó día seguinte a todos os compañeiros e compañeiras.

 

O día da celebración sopramos as correspondentes candeas, non sen antes cantarlle ós compañeiros e compañeiras a canción "cumpreanos feliz" en galego, castelán e inglés.

 

Os homenaxeados convidaron ós compañeiros e compañeiras a degustar a súa tarta, repartíndoa entre eles. Estaba fantástica!

 

Rematamos a festa con patacas fritidas e zume de piña.

 

A próxima festa de aniversarios, que marcaremos nos nosos calendarios online, terá lugar cando remate o mes de maio... como sempre xa volo contaremos entón.

 

 

(2017-2018) Creamos un "conto enrollado" para contar a película "Toy Story" no día das "Lecturas na Carballeira"

Como cada curso, para celebrar a "semana do libro", o equipo de biblioteca do colexio organiza as "Lecturas na Carballeira", unha xornada na que cada un dos cursos do colexio le ou conta unha historia para a xenta que quiera vir a vernos.

Nesta ocasión a temática elexida foi "o cine" polo que había ler un fragmento do guión dunha película para que as familias asistentes puidesen adiviñar de cal se trataba.

No noso caso tras algún debate acordamos que poderíamos ver unha película e logo "contala usando un libro errollado", tal como fixeramos o curso pasado e como puidemos ver na entrada da web correspondente, para explicarlle á profe Cris e ós compañeiros que non estaban entón como se facía.

 

Visionamos a película "Toy-Story", que non coñecíamos, e fomos anotando durante o proceso todo o que ía sucedendo, e quenes eran as personaxes, para poder contalo logo no noso "libro enrollado".

 

Nun diálogo posterior fomos lembrando o que sucedera e ordeando as ideas "de forma temporal",  para ter claro que sucedía antes e que ía despois como consecuencia.

Xa coas ideas claras e o traballo repartido entre os equipos cooperativos de ámbalas dúas aulas, chegou o momento de preparar o libro enrollado, para o que precisaríamos un papel moi longo.

 

Cada un dos equipos de Infantil 1 foron debuxando as escenas da película que lle corresponderan, dialogando e chegando a acordos sobre como facelo.

 

Pola súa banda, os equipos cooperativos dos compañeiros e compañeiras de infantil 2 temén plasmaron de forma craetiva, chegando a acordos, as escenas que lles corresponderan.

 

En tódolos casos decidimos "buscar en internet", imprimir e pegar as personaxes da historia para que quedase "máis chulo"

 

Para remtar o traballo escribimos o "título da película" por se alguén non o descubría.

 

Así quedou o noso "libro enrollado" unha vez rematado, listo para poder presentalo e contalo no día das "lecturas na carballeira", xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

 

Antes do gran día, que sinalamos nos nosos calendarios online e de papel, fixemos un ensaio para decidir quen podería contar cada unha das partes da historia a medida que as fosemos descubrindo.

 

E por fin chegou o gran día... tan só nos quedaba desprazarnos ata a Carballeira, ó lado do edificio do Concello de Campo Lameiro, para contar a nosa historia.

 

Alí, xunto cos compañeiros e compañeiras dos cursos de primaria fomos contando/lendo os guions de cine que cada quen decidira.

 

Os de infantil fomos os primeiros, e ambalas dúas aulas xuntas, fixémolo así de fantástico.

 

Despois chegouo turno dos outros cursos, que poderedes ver na entrada correspondente que publique no seu momento o equipo de biblioteca.

Rematada a participación de tódolos compañeiros e compañeiras, e despois de que as familias asistentes acertaran tódalas películas, alguns dos asistentes léronnos "contos" para que neste caso nos adiviñásemos de cal se trataba.

 

Entre esas persoas estaba Pili, a nai da nosa compañeira Lara de Infantil 1.

 

E así rematou esta xornada de "lecturas na carballeira" que deu comezo ás actividades da "semana do libro" con intercambios de lectores en todo o centro, que terán lugar ó longo da semana que ven. Xa vos daremos conta destas actividades en futuras entradas deste blogue.

 

 

 

 

(2017-2018) Planificamos a visita e creamos un mapa para participar nas actividades do Salón do Libro e visitar a ORBIL

Tal como vos comentamos nunha entrada anterior creamos, un libro das "supermulleres da paz" para poder participar nas actividades do Salón do libro, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

Podes ver o traballo pervio nesta entrada:

09/03/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Creamos o noso libro "As súper-mulleres da paz" para o Salón do libro. Queres velo?

 

Con todo preparado o día 9 de abril, tal como marcamos no noso calendario online, participaríamos xunto ós compañeiros e compañeiras do colexio, nas actividades organizadas polo Salón en Pontevedra e visitar ó noso amigo "O lobo ORBIL.

Nos días anteriores fomos preparando a nosa visita anotando nunha lista os que iamos traendo a autorización para asistir.

 

Revisamos o recorrido que teríamos que facer par chegar ata o Pazo da Cultura en Pontevedra, usando o noso mapa interactivo en google maps.

 

Descubrindo en "street view" as imaxes dos lugares polos que teríamos que pasar.

 

Para poder ir seguindo a viaxe, e saber como chegar, creamos un mapa no que fomos pegando as fotografías dos lugares polos que íamos pasar.

 

E por fin chegou o gran día, con todo preparado demos comezo á nosa visita.

 

Por suposto o encargado levou un dos mapas que fixeramos para controlar que o "viaxe se facía polo lugar correcto", e que iamos pasando polos diferentes lugares.

 

Finalmente chegamos ó Pazo da Cultura, listos para inaugurar as actividades escolare no Salón do libro 2018.

 

Xa na entrada atopámonos co noso amigo "o lobo ORBIL"

 

Sabías que ORBIL significa "LIBRO" escrito do revés?

 

Participamos nunha fantástica sesión de contacontos con "María" de Migallas, quen  nos contou moitas historias de mulleres artistas fantásticas.

 

Rematada a sesión de conta-contos, acompañados pola nosa guía "Cristina" visitamos a exposición e as diferentes Salas.

 

Fixemos unha chea de xogos en diferentes lugares adicados ás "mulleres de conto".

 

E tamén atopamos alí o noso libro "supermulleres da paz" , no traballo do noso colexio, xunto co dos restantes centros participantes.

 

Rematada a visita, na cantina de "Coco" tomamos a merenda xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

Tan só nos queda agardar un ano para voltar a encontranos co noso amigo ORBIL.

Lembra que a exposición do Salón do libro está aberta para que poidades visitalo de forma gratuita. 

Descobre as datas e horas así como outras actividades que se organizan na web oficial www.salondolibro.gal, ou facendo click na seguinte imaxe.

(2017-2018) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo

Celebramos os últimos aniversarios do segundo trimestre. No mes de marzo cumprían anos ALICIA, LUCÍA e  CÉSAR, que como en ocasións anteriores serían os encargardos de facer unha tarta para convidar ós compañeiros e compañeiras das dúas aulas.

O primeiro foi acordar cal das receitas do noso libro de recitas querían empregar.

 

Despois de levar para casa cadansúa nota de cos ingredientes, comenzaron a seguir os pasos da receita para elaborar a tarta elexida.

 

Cunha noite na nevera e despois de decorala xa estaba lista para comezar a festa.

 

Cantando a canción de "cumpreanos feliz" en castelán, galego e inglés, os tres homenaxeados sopraron as candeas co número de anos que cumprían.

 

Os homenaxeados foron convidando, e repartindo, anacos da súa tarta entre os compañeiros e compañeiras das dúas aulas.

 

Con zume de piña, gusanitos e patacas fritidas rematamos a nosa festa de aniversarios deste mes.

 

En abril voltaremos a celebrar novos aniversarios cunha nova tarta e festa. 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.