Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Así rodamos a nosa película "As supermulleres da Paz". Queres vela?

Lembras o noso conto "As supermulleres da paz" que creamos para participar no salón do libro?. Se non o recordas podes facelo nas seguintes entradas:

09/03/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Creamos o noso libro "As súper-mulleres da paz" para o Salón do libro. Queres velo? 

15/04/18: [Infantil xuntos] (2017-2018) Planificamos a visita e creamos un mapa para participar nas actividades do Salón do Libro e visitar a ORBIL 

03/02/18: [Infantil xuntos] (2107-2018) Descubrindo os Premios Nobel para celebrar o día da Paz 

 

Para participar na película de "centro" organizada pola biblioteca do colexio titulada "3, 2, 1... rodando libros", decidimos convertir esta historia creada por nós, nun guión e con el rodar a nosa participación na película.

Así naceu "As supermulerres da paz"... a película.

Foron necesarios moitos diálogos e acordos para organizar o traballo de rodaxe,  convertir a nosa historia nun guión, buscar o vestiario e o atrezzo... ata que todo estivo listo para comezar a rodaxe.

 

 

Finalmente chegou o momento de comezar a rodaxe das diferentes escenas da película, cada quen representou o papel que lle correspondía na historia e todos e todas, diante do croma verde, imaxinamos que estabamos na selva, no centro de mando, etc...

 

Por suposto tamén nos vestimos como as diferentes personaxes da historia: morcegos, zombies, as supermulleres... e ata o lobo Orbil. Todo os que saían no noso libro e que agora estarían presentes nesta fantástica película.

 

Cando rematamos de rodar as diferentes escenas, e xa coa película montada, mirámola por primeira vez cos fondos en lugar da tela verde, coa música e cos efectos especiais.

 

Descubrimos tamén como se convertía o fondo verde nunha selva ou outros dos lugares que aparecían na película.

 

Acordamos que coa película xa feita, aínda faltaba por poñerlle as nosas voces, para que a historia quedase clara. Así pois despois de grabar o audio das diferentes partes da historia, voltamos a visionar a nosa película xa coas nosas voces engadidas.

Xa estaba lista para a súa presentación pública.

 

Tal como anotamos no calendario online das dúas aulas de infantil, o día 5 de xuño, pola tarde, tería lugar a presentación para as familias da película creada polo centro, e da que a nosa formaba tamén parte. Pensamos que para que todos se enterasen o mellor sería facer un cartel anunciándoo.

 

Pegamos o cartel na porta da entrada para que todos e todas o puidesen ver.

 

Tamén levamos unha invitación persoal para casa elaborada pola bibioteca do centro, que tamén levaron tódolos nenos e nenas do colexio.

 

A tarde da data sinalada estaba todo listo para comezar a proxeción... alí estaban moitas das nosas familias.

 

Se non puideches asistir podes ver a película completa de seguido, lembra que a nosa "As supermulleres da paz" sae a primeira ;)