Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2107-2018) Descubrindo os Premios Nobel para celebrar o día da Paz

Este curso, para celebrar o Día da Paz, que xa tiñamos marcado nos nosos calendarios online, descubrimos ós gañadores e gañadoras do premio Nobel da Paz.

Buscando en internet descubrimos que se daba este premio, que era unha medalla e un diploma, a aquelas personas que fixeron "cousas boas" polos demais.

 

Mirando a lista dos gañadores descubrimos que había moitísimos homes e moi poucas mulleres ás que se lles dera este premio, o cal non nos pareceu nada ben.

 

Para poder contarlles a todos e todas o que descubríramos decidimos facer unha exposición no corredor de Infantil, elaborando uns carteis enormes onde contabamos a que mulleres lles deran o premio Nobel e por que.

O primeiro deles fixémolo entre os compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas.

 

Despois de varios intentos acordamos que cada un dos paneis, qu sería elaborado por cada un dos equipos cooperativos das dúas aulas, debería contar "os mesmos datos" que o panel que fixéramos entre todos.

 

Con todo preparado, cada un dos equipos foi anotándose na lista de mulleres gañadoras do premio Nobel da Paz, elexido a cal delas quería "homenaxear.

 

Deste xeito cada un dos equipos, organizándose como consideraron e usando as estratexias que foron acordando, elaboraron os respectivos paneis da mulleres gañadoras do premio Nobel da Paz, contando tamén por que motivo llo deran a elas.

 

Cada panel o fomos colgado no corredor na nosa exposición.

 

Para que quen viñera visitalos, puidese saber máis de cada unha das gañadoras, e do que fixo, pegámoselle un código QR...

 

... que por suposto comprobamos que funcionase coa tablet. Cada equipo comprobou que, efectivamente, o código abría un vídeo ou unha ligazón a información de cada unha delas.

 

Tamén quixemos que algúns dos homes e ogranizacións gañadoras, non todos porque eran unha chea deles, estivesen presentes na exposición. Neste caso en forma de medallas xigantes de premio Nobel penduradas do teito.

Por parellas fomos escollendo quen se encargaría de cada un dos gañadores, anotando os nosos nomes.

 

Pintamos as medallas e color dourado, organizándonos e poñéndonos dacordo en como pintar ambos lados, buscando a mellor estratexia para facelo.

 

En cada unha das medallas pegamos a fotografía do gañador, o esu nome e o ano en que lle deron o premio.

 

E xunto cun cartel anunciador pendurámolas do teito da nosa exposición... agora xa estaba completa.

 

Para lebrarnos de todas as gañadoras elaboramos un pequeno dosier individual con todas elas.

 

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ:

O día 30 de xaneiro, tal como tiñamos anotado no noso calendario, celebramos o Día da Paz no colexio, da que atoparedes máis información noutra entrada publicada nesta web.

Os de Infantil fomos presentado as mulleres gañadoras do premio Nobel da Paz, que estaban na exposición. Cada equipo presentou á gañadora que fixera, contando como se chamaba e que fixera para gañar o premio, amosando en cada vez unha imaxe de cada unha delas.

 

E para rematar a celebración, cantamos todos xuntos a canción "Apertas que voan", que estiveramos aprendendo ó longo de toda a semana.

 

Podes descargar de seguido, a documento que proxectamos durante a presentación feita polos diferentes equipos, na celebración do Día da Paz.

AdxuntoTamaño
ganadoras_nobel_paz.ppsx7.22 MB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.