Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Creamos o noso libro "As súper-mulleres da paz" para o Salón do libro. Queres velo?

Como xa contamos nunha entrada anterior, no mes de xaneiro investigamos sobre as mulleres gañadoras do premio Nobel da paz. Podes lembralo na seguinte entrada:

03/02/18: [Infantil xuntos] (2107-2018) Descubrindo os Premios Nobel para celebrar o día da Paz 

 

Como se achegaba a nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra, que este ano leva por título "Mulleres de conto", decidimos convertir as gañadoras do premio Nobel en "super-heroinas"; para poder crear deste xeito unha historia na que fosen as protagonistas do libro que entregaríamos o "lobo ORBIL"

Todos xuntos, ambalas dúas aulas, acordamos que super-poderes poderían ter as mulleres gañadoras do premio Nobel da paz, e con eses datos cada unha dos grupos inventou unha historia onde saísen todas elas.

 

Despois duns días de traballo, e tal como tiñamos anotado no noso calendario online, voltamos a "xuntarnos" para contarnos uns ós outros as historias que inventeramos e construír, coas ideas de ambas, unha historia común para convertila no noso libro para o lobo ORBIL.

 

Repartimos a historia que tiñamos creada en oito escenas, de xeito que cada un dos equipos cooperativos de ámbalas dúas aulas, se fixesen cargo de plasmar e crear esa parte do libro.

 

Cada un dos equipos fixo a ilustración da escena.

 

Unha vez creada a ilustración, había que recortala para pegala na forma que tiña cada unha das páxinas do libro.

 

Tamén escribiron os bocadillos de comic no que cada personaxe  "falaba" segundo a parte da historia que lle correspondera a cada quen.

 

E por último tamén escribiron o texto completo da historia que lles correspondera a cada un dos equipos.

 

En cada unha das escenas pensamos que deberíamos contarlle "os lectores do libro",  quen era "de verdade" cada unha das mulleres que aparecía na historia. Despois de falar sobre os asunto e de barallar diferentes ideas, pensamos que poderíamos empregar os códigos QR, que xa usaramos nos paneis de cada unha delas durante a celebración do día da paz. 

Por suposto, despois de pegar cada código QR comprobamos, lendo o código coa tablet, que amosase o vídeo da protagonista en cada caso.

 

Xa con tódalas follas do libro rematadas, voltamos a xuntarnos para escribir os números das páxinas  e acordar o título do mesmo, que finalmente resultou ser, despois dun debate e diversas votacións "AS SUPER MULLERES DA PAZ".

 

E como remate final, cada un de nós asinou como autor desta grande obra de ficción ;).

 

Plastificamos as paxinas para que o libro quedase "resistente" e puidese ser visto e lido sen problemas por moitos nenos e nenas na exposición do Salón do libro.

 

Se queres ver como quedou o libro xa rematado, que poderás ver durante o "Salón do libro" como parte do traballo de centro, podes facelo de seguido (facendo click sobre a  seguinte imaxe da portada):

 

 

A próxima semana levarán o noso libro, xunto cos restantes creados polos compañeiros e compañeiras de primaria, dentro do traballo de centro, ata Pontevedra para que o lobo ORBIL, poida poñelo na exposición.

O día 9 de abril participaremos, xunto con todo o centro, nas actividades do Salón do Libro", onde nos reencontraremos co "lobo ORBIL" e poderemos ver o noso traballo, xunto ó dos restantes colexios participantes.

Xa vos contaremos como nos foi chegado o seu momento neste mesmo blogue, pero ata entón xa coñeces cal foi a nosa creación deste ano.

 

Ademais esta historia convertirase, no terceiro trimestre, no "guión de cine" da nosa participación da película que creamos no centro, dentro do proxecto de biblioteca "1,2,3... rodando contos". Esta é a razón pola que tódolos libros creados no centro para o Salón teñen forma de película de cine. Desta rodaxe da película tamén vos daremos cumprida conta.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.