Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2017-2018) Creamos un "conto enrollado" para contar a película "Toy Story" no día das "Lecturas na Carballeira"

Como cada curso, para celebrar a "semana do libro", o equipo de biblioteca do colexio organiza as "Lecturas na Carballeira", unha xornada na que cada un dos cursos do colexio le ou conta unha historia para a xenta que quiera vir a vernos.

Nesta ocasión a temática elexida foi "o cine" polo que había ler un fragmento do guión dunha película para que as familias asistentes puidesen adiviñar de cal se trataba.

No noso caso tras algún debate acordamos que poderíamos ver unha película e logo "contala usando un libro errollado", tal como fixeramos o curso pasado e como puidemos ver na entrada da web correspondente, para explicarlle á profe Cris e ós compañeiros que non estaban entón como se facía.

 

Visionamos a película "Toy-Story", que non coñecíamos, e fomos anotando durante o proceso todo o que ía sucedendo, e quenes eran as personaxes, para poder contalo logo no noso "libro enrollado".

 

Nun diálogo posterior fomos lembrando o que sucedera e ordeando as ideas "de forma temporal",  para ter claro que sucedía antes e que ía despois como consecuencia.

Xa coas ideas claras e o traballo repartido entre os equipos cooperativos de ámbalas dúas aulas, chegou o momento de preparar o libro enrollado, para o que precisaríamos un papel moi longo.

 

Cada un dos equipos de Infantil 1 foron debuxando as escenas da película que lle corresponderan, dialogando e chegando a acordos sobre como facelo.

 

Pola súa banda, os equipos cooperativos dos compañeiros e compañeiras de infantil 2 temén plasmaron de forma craetiva, chegando a acordos, as escenas que lles corresponderan.

 

En tódolos casos decidimos "buscar en internet", imprimir e pegar as personaxes da historia para que quedase "máis chulo"

 

Para remtar o traballo escribimos o "título da película" por se alguén non o descubría.

 

Así quedou o noso "libro enrollado" unha vez rematado, listo para poder presentalo e contalo no día das "lecturas na carballeira", xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

 

Antes do gran día, que sinalamos nos nosos calendarios online e de papel, fixemos un ensaio para decidir quen podería contar cada unha das partes da historia a medida que as fosemos descubrindo.

 

E por fin chegou o gran día... tan só nos quedaba desprazarnos ata a Carballeira, ó lado do edificio do Concello de Campo Lameiro, para contar a nosa historia.

 

Alí, xunto cos compañeiros e compañeiras dos cursos de primaria fomos contando/lendo os guions de cine que cada quen decidira.

 

Os de infantil fomos os primeiros, e ambalas dúas aulas xuntas, fixémolo así de fantástico.

 

Despois chegouo turno dos outros cursos, que poderedes ver na entrada correspondente que publique no seu momento o equipo de biblioteca.

Rematada a participación de tódolos compañeiros e compañeiras, e despois de que as familias asistentes acertaran tódalas películas, alguns dos asistentes léronnos "contos" para que neste caso nos adiviñásemos de cal se trataba.

 

Entre esas persoas estaba Pili, a nai da nosa compañeira Lara de Infantil 1.

 

E así rematou esta xornada de "lecturas na carballeira" que deu comezo ás actividades da "semana do libro" con intercambios de lectores en todo o centro, que terán lugar ó longo da semana que ven. Xa vos daremos conta destas actividades en futuras entradas deste blogue.