Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2019-2020) Atopamos as primeiras respostas na nosa investigación sobre os Pokemon

Como xa vos contamos en entradas anteriores, en Infantil 2, estamos metidos nunha investigación sobre os Pokemons para, unha vez rematada crear un museo e rodar unha películas de animación.

Podes ver os pasos anteriores nas seguintes entradas:

18/10/19: (2019-2020) Eleximos investigar sobre os Pokemon, para crear unha película de animación con Stop-motion

 

Despois de ir organizando toda a información que atopamos sobre os Pokemon, chegou o momento de dar comezo á nosa investigación.

 

 

Acordamos que a primeira resposta que deberíamos atopar era á pregunta "QUEN OS INVENTOU?", para o que atopamos un vídeo no noso recanto da investigación da web.

 

Tivemos que escoitalo varias veces, parándoo para "atopar" entre toda a información a resposta que estabamos a buscar.

 

 

Así o plasmamos no mural quen os inventou, que o fixo porque os insectos desapareceran no Xapón (pola contaminación e urbanización), para que outros nenos puidedes xogar con eles como el facía de pequeno.

 

Días despois, decidimos continuar coa nosa investigación, pero nesta ocasión traballando nos equipos cooperativos, de xeito que cada un deles investigase unha das preguntas do mural, para logo intercambiarnos a información.

Cara un dos equipos, antes de comezar, acordou as funcións de cada membro dentro del, anotándoo no seu caderno do equipo.

 

 

A medida que ían chegando a acordos, cada un dos equipos escollía cal das preguntas quería investigar, anotando o número da pregunta na táboa dos equipos do mural, para non repetir a mesma pregunta en dous equipos 

 

Así o equipo JUEGO CONEJITO, acordou investigar "COMO NACEN?", usando os vídeos que había no recanto online do recanto de infantil da web do colexio.

Despois de ver varios atoparon un que falaba do "nacemento dos pokemon", onde descubriron que nacían de OVOS.

 

 

Unha vez atopada da resposta acordaron como plasmalo, e onde, no mural da investigación, incluíndo algunha imaxe para  que quedase máis claro. Unha vez repartido o traballo puxéronse mans á obra. 

 

E así quedou plasmada resposta no mural.

 

 

Pola súa banda o equipo "TARTARUGA" optou por investigar "DE QUE CORES ERAN?",  para o que usando un gran libro de pokemons,  foron facendo marcas de cores nun folio a medida que saían Pokemons con diferentes cores. Como sempre respectaron a premisa de que todos os integrantes do equipo tiñan que facer algo.

 

Para poder plasmalo no mural, foron buscando no ordenador (coa axuda do profe) Pokemons de cada unha das cores que tiñan anotadas, imprimíndoos e escribindo o nome da cor ó lado de cada un deles.

 

 

No mural da investigación decidiron organizalos deste xeito.

 

No caso do equipo CAMALEÓN, que investigaron QUE COMEN?, optaron por bucear entre tódalas fotocopias e papeis que tiñamos, ata que atoparon un no que aparecían as comidas dos Pokemon. 

 

 

Pedíronlle ó profes que lles fora lendo o que poñían e, no ordenador, foron buscando cada unha delas, imprimíndoas e poñéndolle o nome para non esquecerse, porque eran moi raros nalgúns casos.

 

Para deixalo así representado no mural da investigación.

 

Rematada a investigación destas tres preguntas, chegou o momento de que cada equipo explicase ós demais os seus descubrimentos, porque eles non coñecían as respostas as outras preguntas.

Para o cal cada un dos equipos tivo que planificar como llo ía contar ós demais, acordando de que xeito todos poderían dicir algo.

 

Días despois, chegoulle ó turno a unha das preguntas á que máis discusións dera lugar ó comezo do proxecto. EXISTEN OS POKEMONS?

Agora xa sabíamos que alguén os inventara, pero aínda así os máis pequnos non tiñan clarose existían ou non, porque saían nos móbiles nos xogos "sobre a realidade".

Para aclararo atopamos un vídeo onde explicaba como se "debuxaba un pokemon" e temos debuxalo á vez. Tamén comprobamos como o que "aparecía no xogo do móbil" non estaba na realidade, incluso ó noso lado.

Así o plasmamos o mural da invesgación, incluíndo un código QR que leva ó vídeo de como se debuxan os Pokemon.

 

De momento o noso mural da investigación xa vai tendo varias preguntas, pero aínda quedan algunhas por descubrir, antes de poder comezar a preparar o noso museo e a crear a nosa película de animación.

 

 

Como sempre poderás seguir a evolución desta investigación en seguintes entradas deste mesmo blogue. 

 

(2019-2020) E ademais... no mes de outubro sucedeu todo isto en Infantil 2

Ó longo deste mes de outubro, ademais de celebrar o Samaín, iniciar o primeiro proxecto de investigación sobre os Pokemon, traballar cos nosos robots, visitar o PAAR e continuar a descubrir os diferentes sabores do mundo; tamén sucedu todo isto na nosa aula.

Asistimos a unha charla sobre compostaxe, do que por certo xa somos uns expertos.

 

 

Participamos na celebración do día internacional das bibliotecas, comentando como sería a nosa biblioteca escolar. 

 

Continúamos a engadir as nosas palabras favoritas nun novo Diccionario Xigante.

 

 

E por suposto, tamén completamos o noso dicionario individual. 

 

Tal como figuraba no noso calendario online, chegou o outono neste mes e exploramos a natureza no patio do centro, observando os cambios que se produciron.

 

Creamos, con materiais da natureza, e traballando en equipos cooperativos, uns Land-Art fantásticos.

 

Todas as composicións feitas con elementos atopados na natureza.

 

 

Xa de volta na aula creamos os nosos "cuadros" coas fotografías das nosas creacións.

 

 

Acordando e escribindo un título para cada unha delas.

 

 

Así de fantásticas están agora expostas no corredor.

 

 

Cada venres continuamos a levar un libro da biblioteca de aula, anotándoo usando a aplicación online na que, escribindo o número do libro, podemos imprimir a súa portada usando noso carnet QR. 

 

 

Usamos a portada para anotar o libro no rexistro individual de préstamo de libros. 

 

 

Xogamos a pensar descubrindo imaxes ocultas, a través de diálogos que permiten desenvolver a nosas habilidades de pensamento. 

 

 

Todo esto sen esquecernos de coidar ás nosas tartarugas: RAYO e EVAN. Cada día o encargado é responsable de darlles de comer.

 

No mes de novembro espérannos moitas aventuras interesantes, como sempre poderedes estar ó tanto neste mesmo blogue. 

(2019-2020) Eleximos investigar sobre os Pokemon, para crear unha película de animación con Stop-motion

Desde que comezara esta curso estabamos desexando comezar a investigar... pero o primeiro era decidir o tema da investigación.

Despois de diálogos e de escribir diferentes propostas, quedámonos con catro posibles ideas das que fomos propoñendo, e con todas elas fixemos unha votación.

 

 

Cada quen tiña que "rodear" o tema dos propostos que máis lle gustaba, e por turnos introducir na "urna" os nosos votos, baixo a atenta mirada de YAIZA, quen revisaba que cada quen trouxera o seu carnet. Marcaba ademais o seu nome nunha lista para evitar que alguén puidese votar máis dunha vez.

 

O momento do reconto foi moi emocionante, porque dúas das propostas estaban empatadas: AS MOMIAS e OS POKEMON.

 

 

O reconto final deu como resultado que os POKEMON eran os gañadores. Xa tiñamos tema para a nosa primeira investigación deste curso!!!

 

Xa co tema elexido, comezamos a preparar o noso mural da investigación, escribindo o título e incluíndo alunha imaxe identificativa.

 

Tivemos que debatir novamente un anaco para decidir, que podíamos facer con todo o que descubriríamos... finalmente chegamos a un consenso, e decidimos facer un "museo" e unha "película de animación" (con Stop-motion) onde saían os Pokemon.

Así o anotamos no noso panel da investigación.

 

Anotamos tamén todo que que xa sabíamos, ou críamos saber, sobre os POKEMON...

  

 

... e por suposto tamén as preguntas do que queríamos descubrir, e que investigaremos ó longo da investigación.

 

 

 

Xa tiñamos lista a primeria parate da planificación, pero aínda faltaba por decidir onde buscaríamos as respostas ás nosas preguntas. 

 

 

Escribimos tamén unha nota para pedir información ás nosas familias.

 

 

Deste xeito, ós poucos días comezamos a traer as primeiras fontes de información, ben impresas ou por e-mail recibidas en infantilcampolameiro@gmail.com.

 

 

O noso recanto da información comeza xa a ter a primeira información dispoñible.

 

Nos vindeiros días continuaremos a recibir información e, moi pronto comezaremos a buscar as respostas ás nosas preguntas.

Como sempre poderedes estar ó tanto de todo o que suceda nas diferentes entradas que iremos publicando no noso blogue.

 

 

 

(2019-2020) Ademais, antes de rematar o primeiro mes do curso, sucedeu todo isto en EI2

Ademáis do que xa vos contamos en entradas anteriores, na na nosa aula suceu tamén todo isto antes de rematar o mes:

Completamos o noso "horario semanal" que levamos para casa, de modo saibamos antes de vir "ó cole" quen virá a nosa aula ese día.

 

Comezamos a levar libros da biblioteca de aula para as nosas casas. Cada venres anotámolos na aplicación online (que podes atopar no recanto de infantil), para poder imprimir a portada e completar o noso rexistro en papel... e todo por por parellas de forma autónoma ;) 

 

 

Na aplicacion, para poder imprimir a portada, temos que escribir o número do libro e logo "pasar o noso carnet QR"... encántanos facelo :)

 

 

Escollemos, xunto ós compañeiros e compañeiras de EI1,  as cancións qeu sonarán nas entradas e saídas da vindeira semana.

 

 

 

 

 

 

 

Lembras como che contamos que fixemos a nosas normas da aula?... pois tamén as "fixemos en pequeno" para levar para a nosa casa.

 

Comezamos a explorar a nosa creatividade pintando con "témpera".

 

 

Arranxamos os nosos contenedores de reciclaxe da aula, lembrando e explicándolle ós novos compañeiros e compañeiras, en que contenedor había que depositar cada un dos restos. Fixémolo cun dos nosos xogos favoritos.

 

 

E, por suposto, tamén fomos depositando os restos orgánicos no composteiro do colexio. 

 

Coa profe Yolanda traballamos, unha vez á semana, algúns aspectos lóxico-matemáticos, a través duns xogos chulísimos ;)

 

 

E finalmente "destruímos o Dinosaurio Xigante" que fora o resultado da investigación do curso pasado, para deixar todo listo de cara á nova investigación que comezaremos nunhas semanas, e da que daremos cumprida conta neste blogue.

 

 

Podes ver as entradas anteriores, de todo que sucedeu no mes de sembro, de seguido:

04/10/19: (2019-2020) Xa temos os primeiros equipos cooperativos do curso... queres coñecelos. 
04/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Participamos no Día europeo do deporte Escolar 
20/09/19: (2019-2020) Queres coñecer que normas acordamos e como fixemos o seu panel? 
20/09/19: (2019-2020) Así foron os primeiros días deste curso en Infantil 2 
11/09/19: (2019-2020) Xa estamos de volta!... con compañeiros novos. Queres coñecelos?

 

 

(2019-2020) Xa temos os primeiros equipos cooperativos do curso... queres coñecelos.

Pasadas as primeiras semanas de curso, nas que nos fomos adaptando ás rutinas da aula, tra-las vacacións, chegou o memento de preparar os nosos equipos cooperativos, para poder empregalos den diferentes tarefas nas vindeiras semanas.

O primeiro foi descubrir con quen estaría cada quen no  equipo, e acordar como se chamarían. Para elo tiveron que dialogar e chegar ó seu primeiro acordo.

EQUIPO TARTARUGA:

 

EQUIPO CAMALEÓN:

 

EQUIPO JUEGO CONEJITO:

 

Xa co nome decidido, nalgúns casos con máis debate que outro ;), cada un dos equipos acordou onde pegar a foto do equipo, no panel.

 

 

Como sempre, e tal como foron descubrindo os novos compañeiros e compañeiras, todos os integrantes do equipo tiveron que participar dalgún xeito no proceso.

 

 

Usando o ordenador, cada un dos equipos escolleu unha imaxe "representativa" para o seu panel.

 

Do mesmo xeito cada un deles acordou a cor para escribir no ordenador o nome elexido para, posteriormente pegalo no seu panel, organizando o espazo do que dispoñían cos elementos que tiñan que figurar. 

 

 

Así de fantásticos quedaron os paneis dos equipos unha vez rematados. 

 

Rematado o traballo, chegou o momento de facer a primeira "auto avaliación" do noso traballo en equipo.

 

 

Xa estamos preparados para usar os nosos equipos en próximas tarefas, como por exempolo, no proxecto de investigación que iniciaremos nos vindeiros días, e dos que teredes cumprida información neste mesmo blogue.

 

(2019-2020) Queres coñecer que normas acordamos e como fixemos o seu panel?

Entre todo o que fixemos ó longo destas primeiras semanas, estivo refacer as normas da nosa aula, posto que as que tiñamos foran feitas o curso anterior.

O primeiro foi acordar entre todos e todas que normas deberíamos ter na aula. O profe foi escribíndoas para ter claro cales eran.

Segundo o que tiñamos escrito fomos "dramatizando as normas" e tomando unha fotografía de cada unha delas.

 

Con tódalas fotos feitas, chegou o momento de pintar o panel onde irían pegadas. Por primeira vez tivemos que poñernos dacordo para pintar a "nosa zona" da cor que correspondía... pero coa axuda dos maiores todo traballamos xuntos sen problema.

 

Co panel xa rematado e seco, fomos pegando as fotografías en cada cor. Os máis pequenos encargáronse de facelo.

 

Pola súa parte, os maiores foron os encargados de escribir o texto que acordaramos para cada norma, e pegalo debaixo da fotografía que correspondía.

 

 

Deste xeito as normas quedaron rematadas e listas para consultalas cando precisemos. 

 

 

(2019-2020) Así foron os primeiros días deste curso en Infantil 2

Durante estes primeiros días do curso estivemos "adaptándonos" ás dinámicas e rutinas da aula, sobre todo para que os novos compañeiros e compañeiras se sentiran parte do noso grupo.

Xogamos todos xuntos nos recreos e ensinámoslle ós novos compeñeiros/as, "tódolos trucos" que aprendimos estes cursos.

 

Presentámoslles a "RAYO" e a "EVAN" as nosas tartarugas, e ensinámoslle como darlle a comida e as nomas de respecto e coidado das dúas.

 

 

Fomos sendo "encargados" e descubrindo todo o que toca facer cando se é "encargado ese día". 

 

 

Fixemos os nosos carnets QR, co que poder acceder ó calendario online (que podes ver neste mesmo recanto) e que usaremos para facer o préstamo de libros os venres.

 

 

Estrenámolos facendo os rexistros do encargado, no calendario online.

 

 

Tamén cambiamos a nosa foto de grupo da porta de clase. Traballando todos xuntos demos feito co traballo.

 

 

 

 

Tamén levamos unha foto pequena de todo o grupo para as nosas casas, así puidemos presentarlles os novos compañeiros e compañeiras ás nosas familias.

 

Creamos as nosas novas bandexas para as merendas, escollendo as fotos que queríamos poñer. 

 

 

E agora xa podemos usalas nas merendas. Quedaron fantásticas! 

 

Aínda nos quedan un par de semanas para "rematar de deixar a aula ó noso gusto"... seguide todo o que fagamos neste blogue.

(2019-2020) Xa estamos de volta!... con compañeiros novos. Queres coñecelos?

Rematadas as vacións de verán xa estamos aquí de novo. 

Este curso temos cinco novos compañeiros e compañeiras, para que poidas coñecernos aquí estamos todos, na nosa primeira foto do curso.

 

ANXO - IVÁN - BRAIS - CÉSAR  -  YAIZA  -  ÓSCAR (profe)

CLAUDIA  -  NEREA  -  ELSA   - ENZO

 

Ó longo das sucesivas semanas deste curso, poderedes estar ó tanto neste blogue de todo o que suceda na nosa aula. En que aventuras nos embarcaremos?... permanecede atentos a este blogue para enterarvos de todo.

 

 

 

(2018-2019) Remata o curso e despedímonos dos compañeiros e compañeiras que marchan a primeiro

Chegou o último día do curso, e con el o momento de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro o vindeiro curso.

Desexámoslle o mellor a ÓLIVER, ADÁN, MARIÑA, ARIADNA e HECTOR, así como ós compañeiros e compañeiras de EI1 que tamén estarán en primeiro o vindeiro curso.

Non esquezades vir de visita ;)

 

 

Dentro duns meses, en setembro, voltaremos a estar por aquí, xa con novos compañeiros e compañeiras, que se unirán a tódalas aventuras que sucedan na nosa aula.

 

Ata ese momento... PASADE UN FANTÁSTICO VERÁN!!!

 

Queremos agradecer a tódalas familias, a colaboración amosada durante todo este curso así como nos anteriores.

Moitas grazas a todos e todas

Óscar

(2018-2019) E ademais no mes de xuño sucedeu todo isto en Infantil 2

 Neste último mes do curso sucederon unha chea de cousas, ademais de todo o que xa vos fomos contando en entradas anteriores:

21/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Presentamos o noso telexornal ante as familias e compañeiros. Queres velo? 
21/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Buscamos un tesouro escondido seguindo un mapa 
21/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019 Celebramos os aniversarios de xuño e do verán 
13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Así rematamos o noso Telexornal. Xa está listo e poderás velo dentro dunha semana. 
13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul 
13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Viaxamos en tren ata Vigo para visitar o Zoo e Indiana Bill

 

Cando comezou o mes anotamos no "calendario online" os feitos significativos que terían lugar nas seguintes semanas. Deste xeito a medida que iamos facendo os rexistros e rutinas diarias, puidemos controlar cantos días faltaban para que tiver lugar cada un deles.

 

Rematamos o noso dicionario xigante deste curso, e tamén o individual, que agora tedes xa nas vosas casas.

 

Completamos o noso boletín trimestral de auto-avaliación, revisando cales foron os libros que levamos máis veces. Usamos para elo a aplicación da biblioteca online do recanto de infantil.

 

 

Asistimos á entrega de medallas do Deporte Escolar, ós compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Levamos a cabo o noso último experimento do curso, "A auga que non cae". Plantexando hipóteses do que podería suceder, verificándoas e repetindo o experimento en cada un dos equipos. Finalmente completamos no noso caderno de campo, os fenómenos observados. 

Os compañeiros de EI1 foron os encargados de crear o vídeo deste experimento. Podes velo así como os doutros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, oudirectamente desde AQUÍ.

 

Preparamos na nosa carpeta, todo o material que tiñamos que levar para casa.

 

 

Na aula de primeiro e segundo, xunto cos compañeiros e compañeiras destes cursos, creamos os nosos saquiños perfumados de "lavanda"

 

Traballamos co probot e co beebot, antes de participar na gran competición de fin de curso:

(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso 

 

Exploramos o noso lado creativo coa témpera.

 

 

Preparamos a "despedida dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro".

 

Participamos nos actos de despedida tanto dos compañeiros e compañeiras que marchan para primeriro, como dos sexto que o ano que ven estarán no instituto.

 

Rematamos a celebración cun concerto da "banda de música" de Campo Lameiro.

 

 

Cada un dos compañeiros recibiu un agasallo que contiña unha foto dos "graduados" e un pequeno libro.

 

 

 

A que estabamos guapísimos ;)

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.