Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2019-2020) Eleximos investigar sobre os Pokemon, para crear unha película de animación con Stop-motion

Desde que comezara esta curso estabamos desexando comezar a investigar... pero o primeiro era decidir o tema da investigación.

Despois de diálogos e de escribir diferentes propostas, quedámonos con catro posibles ideas das que fomos propoñendo, e con todas elas fixemos unha votación.

 

 

Cada quen tiña que "rodear" o tema dos propostos que máis lle gustaba, e por turnos introducir na "urna" os nosos votos, baixo a atenta mirada de YAIZA, quen revisaba que cada quen trouxera o seu carnet. Marcaba ademais o seu nome nunha lista para evitar que alguén puidese votar máis dunha vez.

 

O momento do reconto foi moi emocionante, porque dúas das propostas estaban empatadas: AS MOMIAS e OS POKEMON.

 

 

O reconto final deu como resultado que os POKEMON eran os gañadores. Xa tiñamos tema para a nosa primeira investigación deste curso!!!

 

Xa co tema elexido, comezamos a preparar o noso mural da investigación, escribindo o título e incluíndo alunha imaxe identificativa.

 

Tivemos que debatir novamente un anaco para decidir, que podíamos facer con todo o que descubriríamos... finalmente chegamos a un consenso, e decidimos facer un "museo" e unha "película de animación" (con Stop-motion) onde saían os Pokemon.

Así o anotamos no noso panel da investigación.

 

Anotamos tamén todo que que xa sabíamos, ou críamos saber, sobre os POKEMON...

  

 

... e por suposto tamén as preguntas do que queríamos descubrir, e que investigaremos ó longo da investigación.

 

 

 

Xa tiñamos lista a primeria parate da planificación, pero aínda faltaba por decidir onde buscaríamos as respostas ás nosas preguntas. 

 

 

Escribimos tamén unha nota para pedir información ás nosas familias.

 

 

Deste xeito, ós poucos días comezamos a traer as primeiras fontes de información, ben impresas ou por e-mail recibidas en infantilcampolameiro@gmail.com.

 

 

O noso recanto da información comeza xa a ter a primeira información dispoñible.

 

Nos vindeiros días continuaremos a recibir información e, moi pronto comezaremos a buscar as respostas ás nosas preguntas.

Como sempre poderedes estar ó tanto de todo o que suceda nas diferentes entradas que iremos publicando no noso blogue.