Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2019-2020) Atopamos as primeiras respostas na nosa investigación sobre os Pokemon

Como xa vos contamos en entradas anteriores, en Infantil 2, estamos metidos nunha investigación sobre os Pokemons para, unha vez rematada crear un museo e rodar unha películas de animación.

Podes ver os pasos anteriores nas seguintes entradas:

18/10/19: (2019-2020) Eleximos investigar sobre os Pokemon, para crear unha película de animación con Stop-motion

 

Despois de ir organizando toda a información que atopamos sobre os Pokemon, chegou o momento de dar comezo á nosa investigación.

 

 

Acordamos que a primeira resposta que deberíamos atopar era á pregunta "QUEN OS INVENTOU?", para o que atopamos un vídeo no noso recanto da investigación da web.

 

Tivemos que escoitalo varias veces, parándoo para "atopar" entre toda a información a resposta que estabamos a buscar.

 

 

Así o plasmamos no mural quen os inventou, que o fixo porque os insectos desapareceran no Xapón (pola contaminación e urbanización), para que outros nenos puidedes xogar con eles como el facía de pequeno.

 

Días despois, decidimos continuar coa nosa investigación, pero nesta ocasión traballando nos equipos cooperativos, de xeito que cada un deles investigase unha das preguntas do mural, para logo intercambiarnos a información.

Cara un dos equipos, antes de comezar, acordou as funcións de cada membro dentro del, anotándoo no seu caderno do equipo.

 

 

A medida que ían chegando a acordos, cada un dos equipos escollía cal das preguntas quería investigar, anotando o número da pregunta na táboa dos equipos do mural, para non repetir a mesma pregunta en dous equipos 

 

Así o equipo JUEGO CONEJITO, acordou investigar "COMO NACEN?", usando os vídeos que había no recanto online do recanto de infantil da web do colexio.

Despois de ver varios atoparon un que falaba do "nacemento dos pokemon", onde descubriron que nacían de OVOS.

 

 

Unha vez atopada da resposta acordaron como plasmalo, e onde, no mural da investigación, incluíndo algunha imaxe para  que quedase máis claro. Unha vez repartido o traballo puxéronse mans á obra. 

 

E así quedou plasmada resposta no mural.

 

 

Pola súa banda o equipo "TARTARUGA" optou por investigar "DE QUE CORES ERAN?",  para o que usando un gran libro de pokemons,  foron facendo marcas de cores nun folio a medida que saían Pokemons con diferentes cores. Como sempre respectaron a premisa de que todos os integrantes do equipo tiñan que facer algo.

 

Para poder plasmalo no mural, foron buscando no ordenador (coa axuda do profe) Pokemons de cada unha das cores que tiñan anotadas, imprimíndoos e escribindo o nome da cor ó lado de cada un deles.

 

 

No mural da investigación decidiron organizalos deste xeito.

 

No caso do equipo CAMALEÓN, que investigaron QUE COMEN?, optaron por bucear entre tódalas fotocopias e papeis que tiñamos, ata que atoparon un no que aparecían as comidas dos Pokemon. 

 

 

Pedíronlle ó profes que lles fora lendo o que poñían e, no ordenador, foron buscando cada unha delas, imprimíndoas e poñéndolle o nome para non esquecerse, porque eran moi raros nalgúns casos.

 

Para deixalo así representado no mural da investigación.

 

Rematada a investigación destas tres preguntas, chegou o momento de que cada equipo explicase ós demais os seus descubrimentos, porque eles non coñecían as respostas as outras preguntas.

Para o cal cada un dos equipos tivo que planificar como llo ía contar ós demais, acordando de que xeito todos poderían dicir algo.

 

Días despois, chegoulle ó turno a unha das preguntas á que máis discusións dera lugar ó comezo do proxecto. EXISTEN OS POKEMONS?

Agora xa sabíamos que alguén os inventara, pero aínda así os máis pequnos non tiñan clarose existían ou non, porque saían nos móbiles nos xogos "sobre a realidade".

Para aclararo atopamos un vídeo onde explicaba como se "debuxaba un pokemon" e temos debuxalo á vez. Tamén comprobamos como o que "aparecía no xogo do móbil" non estaba na realidade, incluso ó noso lado.

Así o plasmamos o mural da invesgación, incluíndo un código QR que leva ó vídeo de como se debuxan os Pokemon.

 

De momento o noso mural da investigación xa vai tendo varias preguntas, pero aínda quedan algunhas por descubrir, antes de poder comezar a preparar o noso museo e a crear a nosa película de animación.

 

 

Como sempre poderás seguir a evolución desta investigación en seguintes entradas deste mesmo blogue.