Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Así creamos o noso museo dos dinosaurios, despois de rematar a investigación. Queres ver en vídeo como quedou?

Lembra que podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

04/11/18: (2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

 12/11/18: (2018-2019) Continuamos a investigar os Dinosauros: atopamos as primeiras respostas e excavamos fósiles

23/12/18: (2018-2019) Atopamos a resposta a tódalas preguntas da nosa investigación sobre os dinosaurios, facemos un disfraz e estamos listos para comezar a crear o noso museo.

 

Con tódoalas preguntas xa respostadas, xa podíamos comezar a crear o noso Museo de Dinosaurios, tal como nos plantexáramos ó comezo deste proxecto de traballo e investigación (podes ver os pasos previos nas ligazóns anteriores)

No noso museo terían que estar presentes os diferentes tipos e nomes de dinosaurios que fomos descubrindo, pero como xa sabíamos eran centos deles; polo que despois de escoitar varias propostas decidimos que o mellor sería crear un libro de dinosarios, onde incluílos, e que estaría presente no noso museo.

 

Nel, en cada unha das páxinas, saimos nos xunto a un dinosuario, para o que usamos o chroma verde, e indicamos o seu nome, canto mide, pesa e se era herbívoro ou carnívoro. 

 

 

Co libro xa rematado, chegou o momento de organizar todo o traballo para crear o noso museo. Como sempre o mellor foi escribir unha lista de todo o que queríamos amosar no noso museo, para poder ir tachándoo a medida que o iamos tendo listo.

 

UN OVO EN TAMAÑO REAL:

Entre os elementos a crear para o noso museo anotáramos crear un ovo como os dos Dinosaurios, pero de tamaño real, como xa tiñamos o dato de canto medían da nosa investigación, non foi complicado crealo a partir dunha bolsa sea chea de papeis que cubrimos con diferentes capas de cola e papel de revista.

 

PEGADAS DE 3 DINOSAURIOS EN TAMAÑO REAL:

Outros dos obxectos a incluír no noso museo eran pegadas de dinosaurios. Eleximos tres dos nosos favoritos "VELOCIRRAPTOR", "ESPINOSAURIO" e "DIPLODOCUS" e comezamos a calcular canto medían as súas pegadas, a partir do que xa sabíamos dos restos fósiles atopados e que estaban nas respostas da nosa investigación. Con masa blanca fixemos "pegadas fósiles" de dous dos dinosaurios.

 

A do DIPLODOCUS era tan grande, máis longa que nós, polo que pensamos que o mellor sería pegala no chan do museo como "unha pegatina xigante". Con axuda do metro puidemos creala a tamaño real

 

 

A medida que iamos rematando os diferentes elementos da exposición fómolos tachando da nosa lista.

 

 

COPROLITOS DE DINOSAURIO:

Con plastilina fixemos coprolitos, restos fósiles de "cacas" e dinosaurio, que como tiñamos anotado na nosa lista do museo, era outro dos elementos a incluír na exposición.

Plasmamos todo o que descubrimos durante a investigación para crear uns fósiles similiares.

 

UN DENTE DE DINOSAURIO, DE TAMAÑO REAL:

Con axuda dun metro e "facendo churros" dese tamaño logramos recrear un dente de dinosaurio, coas medidas dun dente real que tiñamos anotado entre as respostas da nosa investigación.

 

 

UN DIPLODOCUS EN TAMAÑO REAL... bueno unha cría.

Desde o comezo pensamos que o noso museo contaría cun dinosaruio de tamaño "real", como o que vimos na nosa visita é exposición de Pontevedra. Pareceunos boa idea que o museo estivese "debaixo dun diplodocus", polo que recopilamos datos de canto medía e acordamos facer unha "cria" que si cabería no noso corredor.

Calculando canto medían e con axuda do metro fomos creando as patas do diplodocus, enchéndoas con follas de revistas enrugadas.

 

Para ir construíndo o resto do corpo, como había que facelo contra o teito e subido a unha escaleira, o profe foi construíndo as diferentes partes seguindo as nosas indicacións e, por suposto, a nosa axuda senpre que era posible, como para pendurar o pescozo do diplodocus.

 

 

Pasámolo xenial probándonos a "cabeza"  antes de poñerlla ó noso Diplodocus.

 

MONTANDO A EXPOSICIÓN NO MUSEO:

Cando a estrutura do Diplodocus estivo rematada, chegou o momento de decidir entre todos e todas onde colocar cada un dos elementos da nosa exposición, tanto os creados na aula como os que fomos creando ó longo da investigación e os que trouxemos da nosas casas. 

  

Como medida de seguridade escribimos carteis avisando de que non se podían tocar, como en todo gran museo.

 

 

Tamémn levamos para a exposición o noso mural da investigación con tódalas respostas. 

 

CREANDO OS CARTEIS INFORMATIVOS:

Outro dos elementos que tiñamos anotados na nosa lista, eran os carteis informativos de cada elemento, que tiñan que incluír fotos. Traballando todos xuntos fomos creando algún deles, decidindo que poñer e onde facelo.

 

Outros creámolos traballando nos equipos cooperativos, acordando dentro do mesmo o texto, imaxes e datos e incluír no cartel informativo que lle correspondera a cada un.

 

E por suposto, como cada vez que traballamos en equipos cooperativos, ó rematar facemos unha auto-avaliación do noso traballo dentro do equipo.

 

 

Deste xeito fomos completando pouco a pouco os diferentes elementos da nosa exposición, incluídos os códigos QR que acompañerían a algún dos carteis informativos. 

 

 

Para rematar o traballo pintamos o noso "diplodocus" de cor verde, como podedes imaxinar había moito traballo que facer.

 

 

Pero con axuda dos profes demos pintado todo o Diplodocus, ata as partes que estaban máis altas.

 

 

Así de fantástica quedou a nosa exposición "debaixo do Diplodocus".

 

 

Onde por suposto estaba o dinosauro, que xa vos presentamos nunha entrada anterior, dando á benvida na entrada, xunto ó "cartel do MUSEO DE DINOSAURIOS DE INFANTIL 2" 

 

Quedas convidado a ver o noso museo no corredor de INFANTIL.

 

Pero por si non podes vir en persoa velaquí tes un vídeo onde cho  amosamos.

 

Continuaremos agora completando o noso dossier individual da investigación, para poder levalo para as nosas casas antes das vacacións, e así dar por rematada esta fantastica investigación.

 

Así quedou o dosier unha vez rematado, podes velo de seguido premendo na portada do mesmo:

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.