Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Atopamos a resposta a tódalas preguntas da nosa investigación sobre os dinosaurios, facemos un disfraz e estamos listos para comezar a crear o noso museo.

Lembra que podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

04/11/18: (2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

 12/11/18: (2018-2019) Continuamos a investigar os Dinosauros: atopamos as primeiras respostas e excavamos fósiles

 

Continuamos a investación sobre os dinosaurios dando resposta ás preguntas que aínda restaban por investigar. Durante todo este tempo continuamos recibir diferente "información" e material sobre o tema, que poderá pasar a formar parte do noso museo, como un dinosaurio enorme que YAIZA fixo coa súa familia.

 

Ou como esta maqueta dun esqueleto de dinosaurio que ANXO construiu.

 

PARA QUE USAN A COLA?  PORQUE ERA TAN LONGA?

POR QUE TIÑAN PINCHOS?

Para atopar a resposta a estas preguntas, investigamos todos xuntos ata atopar as respostas nunhas das fotocopias e en diferentes libros. Descubrimos que ademais de para defenderse ou atacar a usaban para "manter o equilibrio". Comprobamos que efectivamente se lle quitabamos a cola a un dos nosos dinosauros de xoguete este "caía para adiante".

 

Decidimos contalo no noso mural da investigación, cunha secuencia de fotografías "co dinosauro" caendo sen a cola polo peso da cabeza. 

 

 

Así quedou plasmado no cadro de organización. 

 

O mural da investigación pouco  pouco íase completando con tódalas respostas que atopamos.

 

Unha semana os pais de ARIADNA trouxéronnos á clase unha tarta dinosaurio, que estaba boísima. 

 

E ó día seguinte estiveron connosco para ensinarnos a facer un "disfraz de dinosaurio".

 

A que damos medo... non si?

 

 

Por equipos demos conta de tres novas preguntas, pero antes cada equipo cooperativo acordou os roles que cada quen desempeñaría dentro do equipo nesta xornada.

 

COMO DURMEN OS DINOSAURIOS:

Despois de buscar a resposta en diferentes fontes, atoparon unhas fotocopias, que pediron que lese o profe, onde explicaba que durmían cun ollo aberto, como algunhas das aves actuais.

 

 

 

COMO FAN CACA?  QUE COMEN?

Nun dos vídeos (que podes atopar no recanto de infantil no apartado vídeos), o equipo encargado de atopar a resposta descubriu que, existen fósiles de "cacas" de dinosaurios chamados cropolitos, e que "mirando dentro delas" se pode saber, polos restos que hai, se eran carnívoros ou hervívoros.

 

COMO PELEXAN?

O equipo encargado descubriu que pelexaban para cazar e defenderse, e que podían emprega as garras, cola e os dentes.

 

Así decidiron plasmalo no mural da investigación.

 

 

Rematada a investigación, e plasmados os resultados no mural, chegou o momento de contarlles os respectivos descubrimentos os restantes equipos.

 

 

Planificando antes quen podería contar cada un dos aspectos descubertos.

 

 

COMO APARECERON?

Usando un dos vídeos do noso recanto de investigación online, descubrimos todos xuntos, como os disnosaurios foron evolucionando. Anotamos as diferentes "evolucións", na nosa liña do tempo. Acordamos poñelos xusto "antes de que apareceran".

 

CANTOS HAI?  COMO SE CHAMAN?

Despois de varias semanas por fin chegamos á resposta da última pregunta, usando as nosas fontes de información descubrimos cantos dinosaurios había descubertos, e cantos aínda non tiñan nome.

 

Así quedou reflexado no mural da investigación.

 

Xurdiunos a dúbida de onde  poñer o nome de tantos dinosaurios, despois de plantexar varias "solucións", acordamos que o mellor sería facer un libro onde poder poñelos todos.

Aínda temos que crear o noso "libro de dinosaurios" e comezar a convertir o noso corredor nun museo, así como crear o dosier persoal da investigación.

Como sempre poderás estar ó tanto nas entradas deste blogue.