Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Continuamos a investigar os Dinosauros: atopamos as primeiras respostas e excavamos fósiles

Lembra que podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

04/11/18: (2018-2019) Comezamos a investigar sobre os Dinosauros para crear o noso propio museo: planificamos a investigación

 

Nas últimas semanas continuamos coa nosa investigación, dando respostas a varias das preguntas que tiñamos plantexadas.  De forma paralela fomos "traballando" na nosa excavación paleontolóxica, para atopar fósiles de dinosaurios.

De seguido podes coñecer todo o que levamos investigado ata o de agora.

 

A nosa excavación paleontolóxica:

Comezamos a traballar na nosa propia excavación paleontolóxica para topar fósiles de dous dinosauros, e poder construír un esqueleto de cada un deles. 

 

Foi un traballo que nos levou varias semanas, e no que por turnos e en determinados momentos dos días, todos e todas fomos traballando para sacar os diferentes osos escondidos na rocha.

 

 

Cando demos sacado tódolos fósiles chegou outra das duras tarefas dos paleontólogos, xuntar os restos atopados e construír o esqueleto do dinosauro.

 

Así quedaron os nosos dinosauros (en tamaño maqueta) unha vez reconstruídos. 

 

Tan só restaba escribir un cartel avisando da fraxilidade destes "restos paleontolóxicos" que, por suposto, tamén formarán parte do noso museo.

 

 

Atopamos as primeiras respostas ás nosas preguntas:

Mentras se levaba a cabo a excavación paleontóloxica fomos atopando as primeiras respostas ás nosas preguntas.

A primeira delas investigámola "todos xuntos", para atopar a resposta a COMO NACEN OS DINOSAUROS.

 

Fomos seleccionado entre os diferentes libros que había no noso recanto da investigación, descartando aqueles que non indicaban como nacían os dinosaurios e "poñendo nunha mesa" aqueles que si nos servían. Deste xeito fomos "discriminando a información relevante para esta pregunta".

 

 

Despois de que o profe nos fose lendo o que poñía nos diferentes libros que atopamos, anotamos no noso mural os datos fundamentais con relación á como nacen os dinosauros.

 

E así o plasmamos finalmente, con moitos datos sobre o nacemento dos dinosauros e os seus ovos.

 

Como entre as respostas falaban de fósiles, investigamos tamén que eran, e grazas a un vídeo atopamos a resposta que estabamos a buscar. Foi nese momento cando comezamos a nosa excavación paleotolóxica da que vos falamos anteriormente.

 

Outra das preguntas que investigamos todos e todas xuntas foi SE OS DINOSAURIOS VIVIRON SON HUMANOS ("CAVERNÍCOLAS").

Para elo fomos anotando diferentes datos a medida que visonábamos un dos vídeos que chegara ó noso correo, así como doutra información que fomos atopando no recanto da investigación.

 

Con tódolos datos elaboramos unha "liña do tempo" na que sinalamos cando se formou o universo ("Big-Bang"),  cando viviron os dinosauros e desde cando existen os humanos ("Homo-Spaiens").

 

 

Observamos que efectivamente non puideron vivir xuntos, xa que os dinosauros desapareceron "antes" de que evolucionasen os homínidos (os nosos antepasados) á "homo-spaiens", que somos nos. 

 

A medida que iamos investigando as preguntas, anotamos quen se encargaba de investigar cada unha, tanto en gran grupo, como nos diferentes equipos que atoparían as respostas a tres novas preguntas. Tan só había que anotar o número da pregunta no lugar correspondente da táboa.

 

Tres novas preguntas atoparon a súa resposta grazas a investigación de cada un dos equipos cooperativos da aula. Cada un deles decidiu que fontes de información empregaría para atopar as respostas.

ESTÁN VIVOS? COMO DESAPARECERON? 

 

 

 

TEÑEN DENTES? CANTOS?

Nalgunhas ocasións na primeira fonte de información elexida non atopaban a resposta (nos vídeos), polo que tiñan que buscar noutra fonte onde aparecerse (libros e fotocopias impresas)  

 

 

ONDE VIVÍAN?

Cada equipo decidiu tamén como plasmar os descubrimentos no mural, no lugar asignado, decidindo se empregar fotografías que había que imprimir do ordenador, textos, gráficos... 

 

...e escribrindo a resposta e os datos máis relevantes entre os integrantes do equipo.

 

Tan só quedaba compartir os descubrimentos de cada un dos equipos cos restantes compañeiros e compañeiras, agora todos coñecíamos a resposta ás preguntas investigadas por cada equipo.

 

Aínda nos quedan varias preguntas por investigar, para poder organizar o noso museo paleontolóxico. Como sempre poderás estar ó tanto nas entradas deste blogue.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.