Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul

Como cada mes de xuño, cando remata o curso, convidamos ós compañeiros e compañeiras máis maiores da Escola Infantil "A Galiña Azul" a facernos unha visita. Moitos deles estarán connosco o vindeiro curso.

Coñecímolos a todos/as vendo as súas fotos, e repartimos os novos compañeiros e compañeiras entre os diferentes equipos cooperativos.

Preparamos uns fantásticos marcos de agasallo para cada un dos nenos e nenas que virían. Cada equipo preparou o do seu neno/a "apadriñado".

 

 

O día da visita viñeron acompañados de Bego e de Sonia, que tamén foran as profes dalgúns de nós fai uns anos, cando estabamos na Galiña Azul.

 

 

Puidemos xogoar todos xuntos nas aulas un anaco.

 

Fixemos esta fantástica foto de grupo, todos xuntos e xuntas. 

 

E asistimos a unha estupenda sesión de contacontos, con monicreques, a cargo dos compañeiros e compañeiras de sexto.

 

 

Xa de volta na a aula, cada equipo co seu neno/a apadriñado, pegou a fotografía de grupo no marco que fixeran de agasallo.

 

 

Xogamos tamén no patio do colexio todos xuntos, onde nos convidaron a unhas deliciosas galletas.

 

 

Cando tiñan xa que marchar de volta para o colexio, posto que era a hora de comer para eles, despedímolos ata a vindeira ocasión.