Skip to Content

Historia

1997/98 - Revista Esperpento Nº 16 - Artigos sobre Pontevedra

Esta revista foi unha das máis densas con 112 páxinas. A do ano pasado (nº 15) tivo 128 e a de 1996 (nº 14)  tivo 122 .  Nótase que quen as coordinou foi Eduardo Seco. Hai que dicir que  neses anos había sobre 700 alumnos porque aínda se daba  7º e 8º  e/ou 1º e  2º  ESO.

1996/97 - Boletín de Notas

-Clica no anexo   -    Artigo relacionado "Primeiras Actas"

1991/92 - Protesta do Claustro pola usurpación do patio escolar para facer un polideportivo

Dende 1990 até 1992, máis ou menos, xerouse un dos acontecementos máis conflictivos do centro, por non dicir o máis.

1989/90 - A orixe do xornal "El Esperpento"

Na revista Nº 9 do curso 1989/90 atopamos unha entrevista que lle fixeron a profesora Mª Teresa Blanco, na que se fala da orixe do xornal escolar `El Esperpento´.  No artigo aparecen como entrevistadores Ana Muradás, Barbara Moldes e Isabel Trigo, alumnado de 6ºC,  e nela coméntase que a orixe é

1988 - Campolongo foi unha parroquia de Salcedo antes de ser de Pontevedra

  O recorte de prensa do Diario de Pontevedra que aquí falamos aparentemente non está asinado, aparece a foto do Presidente da Comisión de Festas dese ano 1988 (Ramón Crespo Figu

1985/1986 - El esperpento

Artigo da revista nº 6, curso 1985/86.

Praza de Galicia en 1983 - Autobuses eléctricos

A inauguración dos buses eléctricos de Pontevedra a Marín foi no ano 1943 pola empresa Tranvías Eléctricos de Pontevedra, S.A.  En 1955 inaugurouse a liña completa Pontevedra-Lérez e en 1962 ampliouse ata chegar a Alba.   O 25 de febreiro de 1961 chegaron ao porto de Marín nun cargueiro alemán, catorce trolebuses eléctricos de dous pisos da London Transport Executive de Londres, de segunda man, dos que oito eran para

Praza de Galicia en 1983 - Autobuses eléctricos

Celebrando o Entroido en EQUUS - 1980 e 1981

O 25 de maio de 1979 celebrouse a festa de inauguración da discoteca  EQUUS con champaña gratis para todos e centos  de canapés. A discoteca mantívose activa ata o 2002, cando a comprou Carrefour. O noso centro, foi entre outros moitos, un dos que de cando en vez celebraba algunha festa nesta discoteca, por exemplo, o Entroido. Deixamos aquí dúas fotos de distintos anos. 1980: Gonzalo (APA), Sara (APA), Cristina (APA), Marcial (Director do cole), Miluchi (APA) e Pili (APA).

Álbum: 50º Aniversario 1973 - 2023 -> Celebración do Entroido en Equus

IES Sánchez Cantón - O noso instituto

Todo centro educativo, tanto de infantil como  de primaria está adscrito a un centro de ensino para continuar os estudos.  O CEP Campolongo está adscrito ó IES Sánchez Cantón.

Distribuir contido


by Dr. Radut