Skip to Content

Novas Deportivas

O ex-alumno do CEP Campolongo Jaime Duro campión mundial de piragüismo

Jaime Duro, consegue a medalla de ouro nunha das probas máis esixentes no campionato mundial de piragüismo en Italia , o C1 5.000 metros. O padeeiro pontevedrés, que se quedou ás portas do podio da proba C4 500 metros do día anterior, pechou o seu paso pola competición proclamándose campión do mundo tras unha carreira para enmarcar ao superar ao seu inmediato perseguidor en máis de 37 segundos.

Medalla de bronce para o alumno Diego Bugallo Barreiro no Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta

O alumno de 5ºA acadou a medalla de bronce nos 60 m nas pistas de atletismo de Ourense. Parabéns!!! Na foto finish quedou 1º nunha das tres series que houbo. Ver na páxina da Federación.

Na escola foi tamén o gañador do Milla da Paz  do 50º Aniversario.

Álbum: 2022/23 -> Diego Bugallo -3º Campionato Galego de Atletismo

Morre afogado no río Lérez o ex-alumno José Manuel Penas Balchada

O piragüismo pontevedrés rendeu homenaxe este mércores a José Manuel Penas Balchada, Keny, o piragüista que desaparecera preto da Ponte das correntes. Do ano 1973, primeira promoción do CEP Campolongo.

 Ivet Ivanova Stamenova - Ciclismo

  Presentamos aquí a  ex-alumna do CEP Campolongo   Ivet Ivanova  Stamenova  ,  que se adica actualmente,  no tempo de ocio,  a practicar ciclismo.  Un dos primeiros méritos que acadou foi o de quedar entre as 20 primeiras no Campionato de España Escolar Ruta Infantil  en Liña na distancia de  16,2 km en  Valladolid. 

Jaime Duro Pichel - Canoista

Carmen Gómez Cortés - Triatleta

A ex-alumna do CEP Campolongo, irmá de Bea Gómez e triatleta pontevedresa  proclamouse no 2014  campioa de España cadete por autonomías e conseguiu lograr a 5ª posición no Europeo júnior celebrado na cidade austriaca de K

Natalia Murio Moure - Bádminton

Natalia Murio Moure, irmá  de Eva, ex-alumna do CEP Campolongo, promoción 2009/15 ten 6 medallas en Campionatos de España e 7 títulos de Campiona Galega.

Beatriz Gómez Cortés - Natación

Beatriz Gómez Cortés - Ex-alumna do CEP Campolongo que destacou no mundo da Natación. Irmá da triatleta Carmen Gómez Cortés.

Lucía Ferrer Doporto - Atletismo

Ex-alumna do CEP Campolongo Lucía Ferrer Doporto  acada o recor

Sara Cortegoso Lima - Taekwondista

Ex-alumna do CEP Campolongo durante o curso 2009/10. Sara Cortegoso Lima. Medalla bronce no campionato de Europa sub 21.

Distribuir contido


by Dr. Radut