O ex-alumno do CEP Campolongo Jaime Duro campión mundial de piragüismo

Jaime Duro, consegue a medalla de ouro nunha das probas máis esixentes no campionato mundial de piragüismo en Italia , o C1 5.000 metros. O padeeiro pontevedrés, que se quedou ás portas do podio da proba C4 500 metros do día anterior, pechou o seu paso pola competición proclamándose campión do mundo tras unha carreira para enmarcar ao superar ao seu inmediato perseguidor en máis de 37 segundos. Duro marcou un tempo de 26:10.44 que lle valeu a medalla de ouro, o uzbeko Vladlen Denisov foi segundo (+37.54) e o búlgaro Preslav Georgiev foi terceiro (+46.30). Ver nova na prensa.


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2017