Skip to Content

Sementando palabras

Palabra do Día do ano 2020

Cibercarracho

Palabra galega do ano 2023. Aínda non está no dicionario pero pode ser que axiña se poña.

Ao sereno

Expresión: 1 Ao aire fresco, para que perda o bravío. 2 Fóra, ao aire libre.

Ver no dicionario (en expresións)

Paradeporte

O paradeporte, ou deporte adaptado, é un tipo de actividade física regulamentada que tenta facer posible a práctica deportiva a persoas que teñen algunha discapacidade ou condición especial de saúde.

Uñar o centeo

Úsase para saber se está maduro o centeo

Verbas do Courel II

Estrelampada, estrelampo: Espazo de tempo curto no que para de chover.
Valumbo: Efecto que fai no peso o moito volume. Vulto de moito tamaño e peso.
Xardois: Xardón, acivro, acevo.

Sofraxe, empeña, virilla, nádega, caluga, calcañar

Sofraxe: s m. Parte da perna ou do brazo oposta ao xeonllo ou ao cóbado.
Empeña: s f. Parte superior do pé correspondente ao metatarso.
Virilla: s f.Parte do corpo onde se unen o muslo e o abdome. Éngoa.
Nádega: s f. Masa carnosa da parte inferior e posterior do tronco, entre a coxa e a cintura do corpo humano, constituídas polos glúteos, que serven para a elevación e o sostemento da pelve, a extensión, a abdución e a rotación do fémur e a abdución e a rotación da coxa
Caluga: s f. Parte onde a cabeza queda unida ao pescozo pola parte posterior.
Calcañar: s m. Parte posterior do pé, sobre a que se apoia ao andar.

Distribuir contido


by Dr. Radut