Skip to Content

Taboleiro de anuncios

Publicacións das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido para o curso 2024-25

A listaxe definitiva é accesible polas familias a través da aplicación admisiónalumnado e está exposta no taboleiro interior do centro até o inicio do novo curso. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da dirección territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Aberto prazo de presentación de solicitudes de becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025 que abranguerá dende o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024.

Enlace web  solicitudes.

PUBLICACIÓN VACANTES ALUMNADO CURSO 2024/2025

COMUNÍCASE ÁS FAMILIAS QUE, DENDE HOXE, 29 DE FEBREIRO, ESTÁN PUBLICADAS NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO E NA WEB OS POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2024/2025.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

Hoxe, 25 de abril, publícanse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024/2025.

Poderáse acceder á información:

Reserva de praza para o curso 2024/2025

Infórmase ás familias que están expostas no taboleiro do interior do centro as listaxes do alumnado admitido no IES Sánchez Cantón así como a do alumnado da EEI Crespo Rivas que ten asignada praza no 1º curso de primaria no CEP Campolongo.
Cada familia, co seu código de solicitude e documentación de identidade pode consultalas na aplicación admisionalumnado.

Reserva de praza para centro de adscripción (IES Sánchez Cantón) do CEP Campolongo - Curso 2024/25

O prazo de solicitude abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos. Pódese solicitar ben en papel ou nunha  aplicación na que podes ver no  documento completo.

Convocatoria reunión familias de 5º nivel

Estimadas familias

O vindeiro martes, 26 de setembro, celebrarase unha reunión dos pais, nais e representantes legais, cos mestres e mestras do alumnado de 5º nivel, na sala de usos múltiples ás 17:30 horas.

Un saúdo

O equipo directivo.

Portas de entrada e saída do alumnado do CEP Campolongo

  Recorda que hai carteis nas 4 portas de entrada da escola.

Listaxe definitiva de material escolar - FONDO LIBROS 2023-2024

Está a disposición das familias, na Secretaría do Centro, a listaxe definitiva de axuda para a adquisición de material escolar - FONDO LIBROS (3º e 4º).

Data inicio: 24/07/2023     -      Data fin: 31/07/2023

Distribuir contido


by Dr. Radut