Primeira entrada do alumnado na Aula Virtual nun centro educativo

Para a 1ª entrada que faga o alumnado na Aula Virtual o usuario é sempre o nome e apelidos do alumnado todo xunto con letra minúscula e cun punto separando o nome dos apelidos. Ex: “Carlos Otero Vilas” sería de usuario: carlos.oterovilas. O contrasinal nesta primeira entrada é para todos changeme. Esta primeira entrada obriga a mudar o contrasinal changeme por outro que teña polo menos unha letra maiúscula, un número e un símbolo alfanúmerico (mínimo oito caracteres). 

Cando alguén esqueza o contrasinal terá que falar co titor/a para solicitar un novo contrasinal.

NOTA: No inicio de curso o administrador da Aula Virtual  pode eliminar ou actualizar  todos os usuarios e volver a cargalos, por iso  no caso de que falle o contrasinal do curso pasado hai que intentar matricularse como se fora a 1ª vez, pois igual foi eliminado e non actualizado.