Skip to Content

Novas

7º Concurso de Microrrelatos

A Asociación PuntoGal e a Real Academia Galega teñen aberto, ata o 29 de febreiro, o prazo para participar no VII Concurso de microrrelatos.

Formulario "Quedamos no palco, quedamos coa clásica"

Formulario  para inscribirse no programa " QUEDAMOS NON PALCO, QUEDAMOS COA CLÁSICA" PONTEVEDRA. levará a cabo fora do horario escolar.

Primeira entrada do alumnado na Aula Virtual nun centro educativo

Para a 1ª entrada que faga o alumnado na Aula Virtual o usuario é sempre o nome e apelidos do alumnado todo xunto con letra minúscula e cun punto separando o nome dos apelidos. Ex: “Carlos Otero Vilas” sería de usuario: carlos.oterovilas.

APP Comedores Escolares

Se eres ou  vas  ser  usuario do Comedor Escolar podes descargar, se queres , a APP no documento que se xunta, ben por medio dun código QR ou ben visitando a súa páxina web que se inclúe no documento.

Roupa extraviada que se atopa no corredor do colexio

Horario de recollida de 10:00 h a 13:00 h

Guía da diversidade familiar

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS traballamos este ano na elaboración dunha "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e no que participa o finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.
A Guía difundíuse entre as ANPA que temos confederadas, e tamén aparece como unha ferramenta dispoñíbel na nosa web, porque o noso interese e pór recursos ao dispor da comunidade educativa; é totalmente libre de uso e pódese reproducir total ou parcialmente. O caso é que teña utilidade.
Algunhas das nosas ANPA asociadas indicaronnos que podería ser tamén de interese para o profesorado, como outro material a utilizar, e por iso enviámosvos a ligazón para que poidades descargala e difundila.

Ver Guía da Sexualidade  - Ver Guía Coedudativa

"Creando cores naturais" - Premio Ponteciencia 2020-21

Primeiro premio Marie Curie dentro da categoría #Cienciaenfamilia ás familias dos rapaces do CEP de Campolongo Daniela Otero, Salma Varela, Lucas Seoane, Iria Sánchez, Mateo Rodríguez, Martina Pazos, Anna Zach, Miguel Prieto e Olivia Pintos pola súa investigación titulada “Creando cores naturais”.

O noso cole tamén se presentou no ano 2015 investigando as prantas e as árbores da nosa contorna. 

Nova aplicación dixital (APP) para o Comedor Escolar

Xúntase documento (carta explicativa) para que as familias que precisen usar os servizos de  almorzo e/ou de comedor  se poidan dar de alta para o curso escolar 2021-22.

 

Como poderán comprobar é unha modalidade nova que se fará a través dunha App tal e como indica a carta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut