Skip to Content

Refraneiro

Refraneiro galego dos meses do ano

Refraneiro Galego dos meses do ano recollido nun dos blogues da Escola

A orixe dos meses do ano

 O calendário que usamos hoxe é unha evolución do antigo calendario romano, no cal varios meses foron batizados con nomes de deuses paganos. O primeiro calendário romano, criado no século 8 a.C., tiña só dez meses e ía de marzo a decembro. Ainda no mesmo século foron acreditados xaneiro e febreiro, axustando o calendário ao ano lunar inicial , con 355 dias.

Palabras en Galego para designar a choiva

A
Amizar: é cando para de chover.
Arroiada: choiva moi intensa.
Arroiada: moita choiva e moi forte.
Arroiar: cando chove moito.
Auganeve: auga moi fría.

B
Babuña: pouca choiva.
Babuxada: auga moi finiña, dura moi pouquiño tempo.

Refraneiro de Marzo

- Auga de marzo, herbanzo.
- A viña de bon amo, pódase en marzo; a viña do ruín, pódase en abril.
- Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.
- Cando marzo maiea, maio marcea.
- Cando en marzo chove e en abril xía, queda maio feito unha criba.
- Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato.
- Cobras en marzo, neve en abril.
- En marzo espingarzo.
- Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.

Refraneiro de setembro

- A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
- A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.
- A sombra quer ser de agosto, e o sol, de setembro.
- Agosto e setembro non duran sempre
- Cando o Pico Sagro cobre o capelo, mociñas do Ulla, poñede o mantelo.
- De setembro a San Simón non comas o mexillón.
- En agosto secan os montes e en setembro as fontes.

Refraneiro do mes de xullo

Un dos meses propios do verán é  xullo, que en galego tamén recibe o nome de Santiago, xa que nel se celebra a festa do Apóstolo. Tamén se coñece como o mes da sega, posto que son as datas en que se realiza este labor. Son moitos os refráns e ditos sobre o mes de xullo, relacionados co tempo, coas tarefas do campo, con festas e celebracións varias…
  • Aí vén o mes de Santiago co seu canado! .
  • As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva.
  • Cando a mora madura, xa pinta a uva.
  • Cando Santiago non mexa, Santa Ana levanta a saia.
  • Chuvia de San Cristovo, co seu cobo.
  • Chuvia de Santa María, coa súa regazadiña .
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil e marcha polo Santiago.
  • De maio a xullo as cereixas son coma puños.
  • De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado.
  • Día de santa Mariña, vai vela túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás.
  • Día de Santiago á mañá, nabiños a semear.
  • Do trinta de xullo en diante, calor asfisiante
  • En xullo arder  e patacas coller.
  • En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
  • Home sen fortuna, parto de muller na seitura.
  • No Carme todo o mundo come carne.
  • O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal.
  • Para coller moitos nabos, por Santiago sementalos.
  • Para o porco e a galiña, que pase a santa Mariña.
  • Polo san Cristovo xa o millo lle tapa a ala ao corvo.
  • Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle ver.
  • Polo Santiago non hai mal cabalo.
  • Polo Santiago seméntase o nabo.
  • Por moito que xullo queira ser, pouca ha de chover.
  • Por Santiago nin no taco nin no saco.
  • Polo Santiago cegoñas e polos a xeirar polos agros.
  • Pola santa Madalena, a abelá xa está chea.
  • Pola Santa Mariña, pousa a sacha e colle o fouciño” 
  • Por Santiago  pinta o bago.
  • Quen en sementar é mesquiño, para a seitura escusa fouciño.
  • Santiago de chuvias, ano de alubias.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landra e santo André o touciño.
  • Santiaguiño sempre co seu cabaciño.
Ver máis   -  Santuario de Xullo:  - San Cristovo: día 10  -Santa Mariña : 20  - Lorenzo: 21  - Madalena: 22 - San Xoán: 24  - Santiago: día 25   - Ana: 26 - San Pedro: 29
 

Refraneiro do mes de abril

-Xaneiro, xeadeiro;
 febreiro, marmaruxeiro, 
cada surco seu regueiro;
 marzo nin o rabo do gato mollado; 
abril canta poida vir;
 maio pardo; San Xoán craro; 
Santa Mariña calor; 
agosto millor,
 conténtate labrador.

- A abella e a ovella en abril deixan a pelella.

- A auga de abril enche o carro e o carril.
- Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir.
 Abril, abrilón, auga por un tubo e pode que trebón.
- Abril, augas mil, escoadas por un mandil.
- Abril, augas mil, peneiradas nun candil.
- Abril, augas mil, se non ao comenzo, ao medio ou á fin.
- Abril atoldado e pouco mollado.
- Abril e maio son as chaves do ano.
- Abril esfola, pero maio amola.
- Abril, espigas mil.
- Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes.
- Abril mollado, malo na horta e bo no campo.
- Abril, se por mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir.
- Abril, para ser abril, ten que vir con augas mil.
- Abriles e cabaleiros, son ás veces traizoeiros.
- A ti chova todo o ano e a min abril e maio.
- Ao escacho polo abril non hai máis que lle pedir.
- A vella que soubo vivir, gardou pan para maio e leña para abril.
- Busca pan para maio e leña para abril e bótate a durmir.
- Chova por abril e maio e non chova en todo o ano
- De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
- En abril, augas mil.
- En abril, cear sen candil.
- En abril déixame durmir, que en maio de seu me caio.
- En abril queima a moza o mandil.
- En abril vai onde has de ir qu'a tua casa virás a durmir.
- Escárbame en abril, e pódame en maio que chepagaréi o teu traballo.
- Falten augas mil e non falten en abril.
- Garda pan pra maio e palla pra abril.
- Labrador no abril deixate ir hasta o meixil
- Marzo espigas catro, abril espigas mil.
- No abril, pra min; no maio, pró amo, no san Xoán, pró criado.(a lamprea ou o salmón, dependendo do lugar)
- No mes de abril fai queixos mil.
-Os enxames de abril, gárdallos pra ti,os de maio a quen chos pida, dallos e  os de San Xoan bótallos ó can.
- Os aires de abril fan meter o porco no cubil.
- O año de abril enche o regazo e o mandil.
- O millo polo San Marcos nin no saco nin nado.( 25 abril día de San Marcos)
- O queixo e o barbeito en abril e maio sexa feito.
- O sol da na cama en abril; deixa labrego de dormir.
- Poeria en abril, lama en agosto.
- Pra cear en abril nin sol nin candil.
- Quen en abril come sardiña, aínda en agosto lle pica a espiña.
- Quen en marzo non fende, en abril non estende.
- Seméntesme tarde, seméntesme cedo,hasta o mes de abril non me verás o pelo.(as patacas)
- Se queres ter boas pitas e bó galo, colle os ovos en abril e bótallos en maio.
- Se queres saber cando é abril, a andoriña viracho dicir.
- Se marzo non marcea, abril cantalea.
- Se ves a cobra antes de San Marcos,inda verás a neve nos campos.
- Sol de abril, ábrelle a man e déixaoo ir.
- Unha agua de maio e tres de abril, valen por mil.
- Vale máis o trebón de abril que os bois e o carro e aquel que vai nil.
- Vale mais abada de marzo que feixe de abril.
- Veñan dúas mil e non veñan as de abril.
- Viño de abril arde no candil; viño de maio pouco e malo.
- Viño de abril non vai ó funil.
Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.
- Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado.
 

Refraneiro de Maio

- Abril esfola pero maio amola.
- Auga de abril e xeada en maio, herba para todo o ano.
- A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano .
-A auga de maio inda carga o carro. 
-A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón.
-A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano. 
-A langosta e o cazón, en maio están en sazón.
-A ovella do probe no maio morre.
-A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
-A porca de maio vale máis no principio que no cabo .
-A sardiña no maio que a parta un raio.
-A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan .....
- A vella en maio inda queima o tallo.
- Ben tratado o colmear por maio ha de enxamear.
-Calor de maio, diñeiro do ano.
-Cando maio é mediado, o inverno é pasado.
- Cando en maio hai lama, aínda algo se gaña.

-Detrás de maio vén San Xoán.

-Días de maio, tan longo sodes que morro de fame e morro de amores
- Días de maio, días de desventura: inda non amañece e xa é noite escura.
- En maio, aínda a auga corre detrás do arado.
-En maio aínda a vella queima o tallo .
- En maio inda a vella quenta o saio.
-En maio aínda a vella queima o tallo e senón malo.
-En maio aínda a vella queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou.
-En maio aínda a vella quenta o sallo.
- En maio aínda a vella queima o escano.
-En maio aínda bebe o boi no prado.
-En maio, augas catro, e esas que cheguen ó barro .
- En maio bebe o boi na arada.
-En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo.
-En maio calquera besta é cabalo .
-En maio, de meu me caio.
-En maio, de meu me caio, ou con fame ou con traballo.
-En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo .
-En maio, de meu me caio, xa co sono, xa co traballo.
-En maio, de sono me caio .
-En maio inda a vella queima o pé ó tallo .
-En maio, inda a vella queima o tallo .
-En maio inda a vella quenta o saio .
-En maio, inda queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para San Xoán a deixou .
-En maio, inda bebe o boi no prado .
-En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado .
-En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
-En maio, non quites o saio.
-En maio, o barrufeiro faise cabalo .
-En maio, o garabanzal, nin nado nin por sementar .
-En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado.
-En maio o porco vai ó tallo.
-En maio, que chova hastra entullarse o carro .
-En maio quince días os bois ó prado, antes no principio que no cabo.
-En maio sai o polbo do zamaio .
-En maio, sulfato .
-En maio, todo espigado.
-En maio xa leva as cereixas o gaio .
-En maio, xa saio 
-Entre Maio e xuño, cereixiña no puño.
-En maio, o raposo sae ó gaio.
-En maio déitate candoa o galo.
-En maio colle os bois e máis o arado.
- Garda pan para maio e leña para todo o ano.
-Lodos en maio, espigas en agosto.
-Maio deixa ver o que se ha de coller.
- Maio fai as apostas e abril lévallas ás costas.
- Maio festeiro bota a roca no trasfogueiro
- Maio é o mellor mes do ano.
- Maio longo, San Xoán redondo.
- Maio maial, se vén como debe, non ten rival.
- Maio maieiro, aquí caio, alí me deito.
- Maio non endereita o ano
- Maio pardo, ano farto.
-Maio pardo, san Xoán claro.
- Maio treboado e san Xoán claro fan un ano temperado.
- Maio, o longo.
- Maio ventoso, xullo piolloso.
- No mes de maio, nin egua nin cabalo.
- O día da Santa Cruz vai ver se a túa viña reluz.
- O galo e o esturión por maio teñen sazón.
- O mellor trasfogueiro, en maio para min o quero.
- O que en maio non merenda, ós mortos se encomenda.
- O que en maio se molla, en maio se enxoita.
- Pola Santa Cruz de maio o lobo e o corvo nado e o raposo medio criado.
-Quen en maio non merenda, ou aos males ou aos mortos se encomenda.
- Quenturas de maio, saúde todo o ano.
-Sardiñas de maio, sardiñas do diaño.

- Se marzo maiea e maio marcea, ¡pobres dos pobres que viven na aldea!
- Se non houbera maio, non habería ano maio.
- Tras de maio vén San Xoán.
- ¡Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano!
- ¡Maio maiola, oxalá duraras o ano todo!

- Unha auga de maio e tres de abril valen por mil.
 

Refraneiro de febreiro

Neste mes de febreiro temos dous santos refraneiros: A Candeloria, o 2, e San Brais o 3. Na Candeloría é cando se di que casan os paxaros, e no San Braís xa se nota como medrou o día.
Clicando nas ligazóns anteriores atoparás máis do que temos aqui neste artigo.
- Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
- A castaña e o besugo en febreiro están en zugo.
- A chuvia en febreiro fai o palleiro.
- A neve febreiriña vaise axiña.
- A partir da Candeloria, ningunha ave boa soa.
- Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.
- Auga de febreiro , enche o cabaceiro.
- Auga en febreiro, mellor que en xaneiro.
- Brais, lávate e comerás, e dispois de ben lavado non comerás bocado.
- Cando chove en febreiro todo ano é temporeiro.
- Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
- Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fora".
- Come máis pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino.
- Día de S. Brais , hora e media mais, e o que ben lle contou, dúas horas lle encontrou.
- Dure a mala veciña o que a neve febreiriña.
- Febreiro camiseiro, nen boa meda nen bo palleiro.
- En febreiro busca a sombra o can; en marzo o can e o dono.
- En febreiro corre a auga por calquera regueiro.
- En febreiro garda a leña no leñeiro.
- En febreiro limpan o cu no palleiro.
- En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
- En febreiro mete obreiro, pan che comerá pro traballo che fará.
- En febreiro nin can, nin cadela nin sombreiro.
- En febreiro, por cada rego un caneiro.
- En febreiro saca o boi do teu centeo.
- En febreiro sae o oso do oseiro.
- En febreiro, sardiñas no fumeiro.
- En febreiro sete lobos ao carreiro.
- En febreiro, sete capas e un sombreiro.
- En febreiro sete lobos ao carreiro".
- En febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro.
- En febreiro, un día ó sol e outro ó braseiro.
- Entre xaneiro e febreiro inverno verdadeiro.
- Febreiriño a ferverexar e a espurritiña do trigo a medrar.
- Febreiriño corto cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato, nin abella no burato.
- Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.
- Febreiro corzo, cos seus vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can, nin rato no seu burato.
- Febreiro currusqueiro, marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro cuberto de ouro.
- Febreiro, felerpeiro.
- Febreiro febroso, marzo, ventoso.
- Febreiro lardeiro...
- Febreiro mollado Maio soleado.
- Febreiro moliñeiro; marzo ventoso; abril chuvioso, maio louro, cuberto de ouro.
- Febreiro ventoleiro, cada suco seu regueiro.
- Febreiro tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro.
- Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.
- Neve febreiriña, pícaa a galiña.
- Neve febreiriña, tarde vén e axiña camiña.
- Mal ano espero, se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro.
- Mira, Brais, por onde vas, e coida ben o que fas.
- Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
- Neve febreiriña pica a galiña.
- No mes de febreiro co cu no mesote e cos pés no braseiro.
- No mes de febreiro sube ao outeiro: se ves reverdear ponte a chorar, e se ves branquear ponte a cantar.
- Pola Candeloria metá do inverno vai fóra, se chove ou venta, inda entra.
- Pola Candeloria cásan os paxariños e vaise a galiñola.
- Polo san Valentiño a amendoeira esbrocha o grumiño.
- Por San Brais, dúas horas máis.
- San Brais da barca que afoga e non mata.
- Se non chove en Febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro.
- Se non chove en febreiro, van as pipas ao fumeiro.
- Se chove en febreiro, nen trigo nen centeo.
- Se febreiro non febreirea, marzo non marcea.
- Se en febreiro quente estás, en Semana Santa tiritarás.
- Se a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra; que chore que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar.
- O dous de febreiro súbete ó outeiro; se ves negrexar ponte a cantar; se ves branquexar bótate a chorar.
- O febreiro, nen de tarde nen de mañá ten formalidade.
- Ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en febreiro.
- Por san Valentiño a amendoeira esbrocha o grumiño.
- Ten o inverno por pasado se ves a febreiro empapado.
- Un día bo en febreiro é un ladrón no eido.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda nin can nin gato.
- Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro.
- Se en febreiro estiveche quente, na Pascua baterás o dente.
- Xaneiro escabroso, febreiro amoroso.
- Xaneiro xeadeiro, febreiro grileiro.
- Xaneiro xiadeiro, febreiro fervedeiro, marzo pelarzo, abril co día no cubil.
- Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado.

Refraneiro - Xaneiro

Distribuir contido