Skip to Content

Refraneiro de Maio

- Abril esfola pero maio amola.
- Auga de abril e xeada en maio, herba para todo o ano.
- A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano .
-A auga de maio inda carga o carro. 
-A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón.
-A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano. 
-A langosta e o cazón, en maio están en sazón.
-A ovella do probe no maio morre.
-A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
-A porca de maio vale máis no principio que no cabo .
-A sardiña no maio que a parta un raio.
-A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan .....
- A vella en maio inda queima o tallo.
- Ben tratado o colmear por maio ha de enxamear.
-Calor de maio, diñeiro do ano.
-Cando maio é mediado, o inverno é pasado.
- Cando en maio hai lama, aínda algo se gaña.

-Detrás de maio vén San Xoán.

-Días de maio, tan longo sodes que morro de fame e morro de amores
- Días de maio, días de desventura: inda non amañece e xa é noite escura.
- En maio, aínda a auga corre detrás do arado.
-En maio aínda a vella queima o tallo .
- En maio inda a vella quenta o saio.
-En maio aínda a vella queima o tallo e senón malo.
-En maio aínda a vella queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para san Xoán a deixou.
-En maio aínda a vella quenta o sallo.
- En maio aínda a vella queima o escano.
-En maio aínda bebe o boi no prado.
-En maio, augas catro, e esas que cheguen ó barro .
- En maio bebe o boi na arada.
-En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo.
-En maio calquera besta é cabalo .
-En maio, de meu me caio.
-En maio, de meu me caio, ou con fame ou con traballo.
-En maio, de meu me caio, xa coa maiola, xa co traballo .
-En maio, de meu me caio, xa co sono, xa co traballo.
-En maio, de sono me caio .
-En maio inda a vella queima o pé ó tallo .
-En maio, inda a vella queima o tallo .
-En maio inda a vella quenta o saio .
-En maio, inda queima o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para San Xoán a deixou .
-En maio, inda bebe o boi no prado .
-En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado .
-En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
-En maio, non quites o saio.
-En maio, o barrufeiro faise cabalo .
-En maio, o garabanzal, nin nado nin por sementar .
-En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado.
-En maio o porco vai ó tallo.
-En maio, que chova hastra entullarse o carro .
-En maio quince días os bois ó prado, antes no principio que no cabo.
-En maio sai o polbo do zamaio .
-En maio, sulfato .
-En maio, todo espigado.
-En maio xa leva as cereixas o gaio .
-En maio, xa saio 
-Entre Maio e xuño, cereixiña no puño.
-En maio, o raposo sae ó gaio.
-En maio déitate candoa o galo.
-En maio colle os bois e máis o arado.
- Garda pan para maio e leña para todo o ano.
-Lodos en maio, espigas en agosto.
-Maio deixa ver o que se ha de coller.
- Maio fai as apostas e abril lévallas ás costas.
- Maio festeiro bota a roca no trasfogueiro
- Maio é o mellor mes do ano.
- Maio longo, San Xoán redondo.
- Maio maial, se vén como debe, non ten rival.
- Maio maieiro, aquí caio, alí me deito.
- Maio non endereita o ano
- Maio pardo, ano farto.
-Maio pardo, san Xoán claro.
- Maio treboado e san Xoán claro fan un ano temperado.
- Maio, o longo.
- Maio ventoso, xullo piolloso.
- No mes de maio, nin egua nin cabalo.
- O día da Santa Cruz vai ver se a túa viña reluz.
- O galo e o esturión por maio teñen sazón.
- O mellor trasfogueiro, en maio para min o quero.
- O que en maio non merenda, ós mortos se encomenda.
- O que en maio se molla, en maio se enxoita.
- Pola Santa Cruz de maio o lobo e o corvo nado e o raposo medio criado.
-Quen en maio non merenda, ou aos males ou aos mortos se encomenda.
- Quenturas de maio, saúde todo o ano.
-Sardiñas de maio, sardiñas do diaño.

- Se marzo maiea e maio marcea, ¡pobres dos pobres que viven na aldea!
- Se non houbera maio, non habería ano maio.
- Tras de maio vén San Xoán.
- ¡Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano!
- ¡Maio maiola, oxalá duraras o ano todo!

- Unha auga de maio e tres de abril valen por mil.
 


page | by Dr. Radut