Skip to Content

Refraneiro do mes de xullo

Un dos meses propios do verán é  xullo, que en galego tamén recibe o nome de Santiago, xa que nel se celebra a festa do Apóstolo. Tamén se coñece como o mes da sega, posto que son as datas en que se realiza este labor. Son moitos os refráns e ditos sobre o mes de xullo, relacionados co tempo, coas tarefas do campo, con festas e celebracións varias…
  • Aí vén o mes de Santiago co seu canado! .
  • As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva.
  • Cando a mora madura, xa pinta a uva.
  • Cando Santiago non mexa, Santa Ana levanta a saia.
  • Chuvia de San Cristovo, co seu cobo.
  • Chuvia de Santa María, coa súa regazadiña .
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil e marcha polo Santiago.
  • De maio a xullo as cereixas son coma puños.
  • De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado.
  • Día de santa Mariña, vai vela túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás.
  • Día de Santiago á mañá, nabiños a semear.
  • Do trinta de xullo en diante, calor asfisiante
  • En xullo arder  e patacas coller.
  • En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
  • Home sen fortuna, parto de muller na seitura.
  • No Carme todo o mundo come carne.
  • O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal.
  • Para coller moitos nabos, por Santiago sementalos.
  • Para o porco e a galiña, que pase a santa Mariña.
  • Polo san Cristovo xa o millo lle tapa a ala ao corvo.
  • Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle ver.
  • Polo Santiago non hai mal cabalo.
  • Polo Santiago seméntase o nabo.
  • Por moito que xullo queira ser, pouca ha de chover.
  • Por Santiago nin no taco nin no saco.
  • Polo Santiago cegoñas e polos a xeirar polos agros.
  • Pola santa Madalena, a abelá xa está chea.
  • Pola Santa Mariña, pousa a sacha e colle o fouciño” 
  • Por Santiago  pinta o bago.
  • Quen en sementar é mesquiño, para a seitura escusa fouciño.
  • Santiago de chuvias, ano de alubias.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landra e santo André o touciño.
  • Santiaguiño sempre co seu cabaciño.
Ver máis   -  Santuario de Xullo:  - San Cristovo: día 10  -Santa Mariña : 20  - Lorenzo: 21  - Madalena: 22 - San Xoán: 24  - Santiago: día 25   - Ana: 26 - San Pedro: 29
 


page | by Dr. Radut