Refraneiro - Xaneiro

A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.”
“A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.”
“A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.”
"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"
"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"
"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"
 
"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"
"Cando chove en xaneiro, non hai nin bo prado nin bo lameiro"
"Coa lúa de xaneiro vese a formiga no carreiro"
 
"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".
“En decembro descansar, en xaneiro traballar.”
“En xaneiro sabe a verza vella a carneiro.”
"En xaneiro, a raia, sabe a carneiro"
"En xaneiro nin galgo leboreiro, nin falcon perdigueiro"
“En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro”.
“En xaneiro, pon o alleiro.”
"En xaneiro xiadeiro non ha faguer a ovella  mais pisada ca no rigueiro"
“Entre nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.”
"Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro"
"En xaneiro, xa a abella pon os pés no salgueiro"
"Moita chuvia en xaneiro, pouca anada no cabeceiro"
 
Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.”
“No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro.”
"No minguante de xaneiro, corta o teu madeiro"
 
"O pito de xaneiro, coa súa nai sobe ó poleiro"
"Polo san Sebastián, coñece o día o pailán"
 
"Polo San Xián medra o día un pasiño de can" (9)
"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"
“Polo san Vicente, planta os nabos da semente.” (22)
"Polo san Vicente perde o inverno un dente"
"Polo San Vicento ten o día unha hora máis, metade pola mañán, metade polo serán" (22)
“Polo xaneiro verán, nin palla nin gran”.
“Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"
"Queimemos o loureiro no mes de xaneiro"
 
"Quen colle a aceitona antes de xaneiro deixa o aceite no oliveiro"
 
"Se queres ter bo alleiro, pon o allo no mes de xaneiro"
"Tantos días de sol en xaneiro, tantos de choiva en san Xoán"
 
Tronos en xaneiro, mortandade no reino.”
 
"Un bo día de xaneiro  é un lobo no quinteiro"
"Un bo día en xaneiro, mao no eido"
 
"Verzas en xaneiro saben coma carneiro"
 
Xaneiro mollado, febreiro transtornado”
“Xaneiro quente, trae o demo no ventre.”
"Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado"
"Xaneiro frío o atemperado pásao arroupado"
"Xaneiro, xeadeiro, febreiro, grileiro"
 
San Xián: 9 de xaneiro  - San Vicente: 22 de xaneiro
AnexoTamaño
canelina.JPG196.45 KB

Powered by Drupal - Design by artinet