Beatriz Gómez Cortés - Natación

Beatriz Gómez Cortés - Ex-alumna do CEP Campolongo que destacou no mundo da Natación. Irmá da triatleta Carmen Gómez Cortés. Entre os seus mellores resultados destacan o cuarto posto no Europeo Absoluto de Piscina Curta de Eindhoven en 2010 na modalidade dos 200 metros braza, varios campionatos de España en diferentes modalidades e o Campionato Mundial Júnior de 200 metros estilos logrado en Lima en 2011. Participou nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde chegou a semifinais dos 200 metros estilos, quedando no 16º posto cun tempo de 2:15:12. Participou nos Campionatos Mundiais de Natación de 2013 e 2015, e nos Xogos Mediterráneos de 2018, acadando neste último evento o cuarto posto na proba de 200 metros estilos.

No curso 2019/20 paseando pola paseo do Gafos (parte urbana) coincidimos con Bea paseando os seus cans, aproveitamos para facermos unha foto con ela e invitala a vir de novo ao cole a darnos unha charla sobre a súa traxectoria deportiva. Rematar dicindo que ten dúas irmás moi destacadas tamén no deporte. - Ler entrevista no 2013

Ver fotos de Bea

AnexoTamaño
Beatriz-gomez.jpg151.88 KB


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2017