Skip to Content

1988 - Campolongo foi unha parroquia de Salcedo antes de ser de Pontevedra

  O recorte de prensa do Diario de Pontevedra que aquí falamos aparentemente non está asinado, aparece a foto do Presidente da Comisión de Festas dese ano 1988 (Ramón Crespo Figueroa).

De todos xeitos o que queremos destacar  é que o artigo de 1988  comeza dicindo  que en 1936, cando Gerardo Álvarez Limeses publicou unha enciclopedia sobre o Reino de Galicia,  Campolongo era unha parroquia de Salcedo con 262 habitantes, xunto con muitas outras na que está tamén A chamada "Taboada/Tablada" con 15 habitantes. En 1907 determinouse que a Praza de san Xosé (antes de Calvo Sotelo) era centro urbano.  Sabemos que en 1929 o Concello de Pontevedra ordenou a demolición da capela de san Xosé por razóns urbanísticas , feito que non se produxo até 1940. E quen plantexou a expropición forzosa deste ben eclesiástico foi o pontevedrés Antonio Hereder Solla. Unha vez derruída a igrexa construíuse a Caixa de Aforrros de Pontevedra (hoxe en mans de ABANCA).

Fala o artigo  tamén  da parroquía de San Blas, onde se  atopa  unha capela cunha curiosidade e tamén do colexio dos Maristas,  que máis tarde pasará a ser o Colexio de Cegos da ONCE.

AnexoTamaño
Salcedo-Campolongo.pdf3.23 MB


page | by Dr. Radut