Skip to Content

Historia

2009/10 - Creación da Mascota Ghafos para o EDNL

Neste curso 2009/10 creouse a máscota que ía representar ao  EDNL (Equipode Dinamización Lingüística) en todas as actividades que organizara.

2008/09 - A partir deste curso o alumnado pode utilizar o uniforme escolar escollido

O ensino público non obriga a utilizar un uniforme específico tal e como fan algúns dos centros privados.  Hai opinión para todos os gustos, para uns é moi cómodo poder utilizalo, para outros coarta a liberdade de vestirse como a un lle apetece. A decisión salomónica está en que cada elixa a opción que queira. A polémica quedou resolta neste curso 2008/09.   Ver recortes de prensa

2008 - A ANPA do CEIP Campolongo con Magín Froiz celebrando o Día do Medio cunha carreira ciclista

Xusto este ano 2022, o 10 de marzo,  morreu con 78 anos de idade  o patrocinador das Carreiras Ciclistas que se fixeron no cole. O noso agradecemento por todas as colaboracións e o máis sincero  pésame a toda a familia.  Ver nova na prensa. Na foto con Magín Froiz: Adela, Maite, Tere e Cristina.

Que a terra lle sexa leva!

2008 - A ANPA do CEIP Campolongo con Magín Froiz celebrando o Día do Medio cunha carreira ciclista

2005/06 - 25º Aniversario do EEI Crespo Rivas

A escola de educación infantil (EEI) Concepción Crespo Rivas de Pontevedra cumpre este curso 2005/06  vinte e cinco anos desde a súa apertura. Para celebrar este aniversario o centro deseñou un amplo programa de actividades que arrinca hoxe e concluirá o vindeiro sábado, 22 de outubro, cunha comida de confraternidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut