Gallego

Plan anual de formación do profesorado 2014/2015

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

 

ACCESO DIRECTO AO PLAN 2014/15

 

 

plan de formacion 2015

Plan de formación do profesorado 2014/15

Summary: 

A Consellería de educación presenta o plan de formación do profesorado 2014-2015.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

Enlace ao plan.

plan de formación do profesorado 2014/15

Cursos de verán organizados polo INTEF

Summary: 

Cursos de verán de xullo a setembro
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2014, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:

Enlace ao post do INTEF coa  información sobre os cursos de verán

http://blog.educalab.es/intef/2014/05/21/cursos-de-verano-2014/


Enlace á convocatoria do BOE

http://www.boe.es/boe/dias/2014/05/24/pdfs/BOE-A-2014-5479.pdf

Enlace á sede electrónica    

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/profesorado/formacion/formacion-permanente/cursos-congresos/cursos/cursos-de-verano.html

 

 

 

 

 

 

 

 

cursos verán

Programa PIALE. Fase A. Inglés (O1301065)

Summary: 

Temporalización: 02/06/2014 - 20/06/2014 Data límite de inscrición: 30/05/2014 Lugar: Centro de formación e recursos de Ourense Horas presenciais: 75 Prazas: 15
Gallego

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Criterios de selección

Os establecidos para a participación no programa PIALE.

Obxectivos

1.Actualizar a competencia na lingua estranxeira do profesorado.

2.Profundar nos aspectos socioculturais da lingua estranxeira

3.Desenvolver estratexias comunicativas esenciais.

Contidos

1.Interación oral

2.Revisión e extensión de gramáticae léxico.

3.Estratexias de aprendizaxe de linguas.

4.Aspectos socioculturais das linguas.

 

Asesora responsable da actividade

CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN

Enderezo Electrónico:  ccallejalameiras@edu.xunta.es

Piale

V1302018 Técnicas para o coidado da voz

Summary: 

V1302018 TÉCNICAS PARA O COIDADO DA VOZ A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.
Gallego
V1302018 TÉCNICAS PARA O COIDADO DA VOZ
A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.

Data: 

04/06/2014 - 13/06/2014

Sección: 

V1302018 Técnicas para o coidado da voz

Summary: 

A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.
Gallego

A partires do día 4 de xuño, celebraranse no CFR de Vigo as "Xornadas: Técnicas para o coidado da voz", para todo o profesorado en xeral.

Data de comezo: 4 de xuño de 2014.

Data de finalización: 13 de xuño de 2014.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 15 horas.

fprofe: www.edu.xunta.gal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=340

 

Técnicas para o cuidado da voz

Técnicas para o coidado da voz
Técnicas para o coidado da voz

Obradoiros para a elaboración de probas de certificación de EOI

Summary: 

Datas de celebración: 26 de abril e 10 de maio de 2014 Lugar: Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Asesor responsable da actividade: CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN
Gallego

Obxectivos:

1.Formar aos profesores na elaboración de probas de certificación das EEOOII

Contidos:

1.Selección de documentos por tarefas para probas de certificación de comprensión oral e escrita.

2.Estandarización de probas.

Datas de celebración: 26 de abril e 10 de maio de 2014

Lugar: Escola Oficial de Idiomas de Ourense

Relatores:

LAGO LEIS, JUAN JOSÉ
RAMOS ESCUDERO, JOSÉ ANTONIO
RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, CRISTINA
RODRÍGUEZ SEOANE, MARÍA SOL

Asesor responsable da actividade:

CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN

 

Ligazón:

Ligazón aula virtual

Xornadas EOI

Novo MOOC de Educalab: Aprendizaxe baseada por proxectos

Gallego

O curso “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)” ofrece unha oportunidade de desenvolvemento profesional a través da participación nunha rede de aprendizaxe masiva e en liña e grazas ao deseño dun proxecto de aprendizaxe nun ambiente colaborativo.

Participar nesta experiencia permitiranos coñecer proxectos de referencia, analizalos, deseñar os nosos propios proxectos e entrar en contacto con outros docentes, profesionais ou persoas interesadas na educación con quen non só debateremos sobre esta metodoloxía senón que tamén serán o noso principal apoio e os nosos compañeiros e compañeiras para o desenvolvemento dos nosos proxectos.

Ao longo do curso poderanse conseguir 3 emblemas dixitais:

  • Ao finalizar a unidade 3: Docente activo

  • Ao finalizar a unidade 5: Docente avaliador

  • Ao finalizar a unidade 7: Docente ABP

Esta modalidade de formación faise de forma experimental sen certificación. Só se entregan os emblemas dixitais mencionados como forma de recoñecemento da aprendizaxe desenvolvida nas actividades do curso e non se certifican “horas de formación”. A estimación de carga horaria (40 h) é só orientativa. Agárdase que a participación no curso teña como principal motivación a aprendizaxe persoal, o desenvolvemento profesional e a colaboración con outros docentes.

As actividades da unidade 1 abriranse o luns 31 de marzo.

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

mooc

Mindmeister

Seguindo a filosofía de "Dálle un peixe e comerá un día, ensínalle a pescar e comerá toda a vida", MINDMEISTER é un mapa que vai máis alá de recursos para desenvolver a competencia lingüística a través das catro destrezas básicas. Inclúe tamén ferramentas TIC e o modo de integralas nas clases de linguas. Asemade é tamén unha fonte de material AICLE/CLIL para distintas áreas. Resulta de grande interese porque ademais cada temática hipervincula a webs que ofrecen un abano grande de posibilidades de gran utilidade para todos os niveis educativos. En definitiva, é un recurso interdisciplinar, holístico e que fomenta a iniciativa e a creatividade por parte dos docentes.

 

 

Gallego
mindmeinster

Film English

FILM ENGLISH é un recurso especialmente útil para o profesorado de inglés, xa que ten clases preparadas a partir de longa e curtametraxes.

Este recurso foi creado por Kieran Donaghy, docente da UAB Idiomes Barcelona, parte da Universitat Autònoma de Barcelona. Donaghy promove o uso creativo do inglés nas aulas. Todo o plan de estudo xira en torno ao uso do vídeo para o ensino do inglés. Así, promove a cinefilia, o análise da imaxe en movemento, e a cultura cinematográfica coma habilidade do século XXI, necesaria para o alumnado. Tamén se promove o pensamento crítico, así como a reflexión en valores á par que se aprende unha lingua.

Film English é visitado por 80.000 profesores ao mes e ten un total de 2.5 millóns de visitas ao ano. Éxito de crítica, recibiu senllos premios, incluíndo o de Mellor Blog Individual e finalista do Mellor Uso de Vídeo nos Premios Edublog 2011, Mellor Páxina  TEFL.net 2011, e o Blog Destacado no British Council Teaching English.

Gallego
Film English