Gallego

As nosas letras

As nosas letras é un proxecto colaborativo no que se mostran actividades feitas na escola e para a escola con motivo do Día das Letras Galegas.
A iniciativa xorde no ano 2011 cando varios centros (CEIP Nº1 de Tui, CEIP de Guillarei e CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra do Miño) intercambian actividades sobre Lois Pereiro, autor homenaxeado aquel ano.
Dende aquel momento, fóronse sumando outros centros da zona (CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas...) para compartir actividades relacionadas con investigacións e traballos das obras de diversos autores en galego.
Hoxe o proxecto está aberto e pode participar calquera docente de calquera especialidade e etapa educativa co seu grupo de alumnos compartindo as actividades que desexe sempre que estean relacionadas coas letras galegas dalgunha forma. Poden ser sobre o autor homenaxeado ou non, sempre que sexan en galego, se traballe algún dos obxectivos propostos no proxecto e sirvan para transmitir a esencia e o coñecemento do Día das Letras Galegas. Caben todo tipo de actividades: bailes, cancións, representacións teatrais, recitados de poemas...

Para coñecer máis sobre a iniciativa visita o blog do proxecto http://letrasgalegas.blogspot.com.es e, para participar, escribe un correo a asnosasletras@gmail.com ou contacta por twitter @asnosasletras

Gallego
as nosas letras

O1301019 Achegas das novas aplicacións dixitais ás linguas estranxeiras

Summary: 

Esta actividade celebrarase no CFR de Ourense do 3 de febreiro ata o 26 do mesmo mes, en horario de 18 a 21 horas.
Gallego

Contidos por sesións:


1.- Introdución aos contidos do curso: concepto de ferramentas 2.0

  • Ferramentas de autor, PLE e Mobile Learning.
  • Creación dunha conta en Gmail.
  • Plataformas de blog: Wordpress e Blogger. Características.
  • Creación dun blog en Blogger.
  • Configuración do blog: fondos, menús, gagdets…
  • Creación de entradas: código html, incrustación a través de código embed, imaxes.
  • Ferramentas de Google

2.- Voki: creación de avatares.

  • Popplet: creación de liñas de tempo, PLE, mapas conceptuais.
  • Glogster: creación de murais dixitais.
  • PixTon: viñeta animada.
  • Slideshare: presentacións.
  • Issuu: revistas.
  • Wordle / Tagxedo: nubes de palabras.
  • Kizoa: creación de diapositivas, collage, retoques.
  • Aplicacións móviles: CamScanner,Quizlet, Goggles, …

3.- Da zona de confort á zona de aprendizaxe: reflexión.

  • Vocaroo: creación de podcast.
  • Lyricstraining: exercicios de escoita sobre cancións.
  • Soundcloud: repositorio de podcasts.
  • Audacity: ferramenta de audio para PC.
  • Aplicacións móbiles: TinyVox, Podomatic, Shazam, Sounds.
  • Curación de contidos: Scoop It, Pinterest.

4.- Youtube: edición de vídeo, listas de reprodución, subscrición …

  • Vídeos interesantes para aula de lingua estranxeira.
  • Blubbr: creación de quizzes sobre vídeo.
  • DotSub: creación de subtítulos.
  • Windows Movie Maker: ferramenta de vídeo para PC.
  • Aplicacións móbiles: Trimmer.

5.- SmartNotebook: deseño de actividades, galerías, exemplos.

  • Elaboración de contos con SmartNotebook.
  • SmartExchange.

6.- Edmodo: Red social para o profesorado.

  • Dropbox: disco duro virtual. Compartir documentos e arquivos.
  • LIM: Creación de actividades. Exportación e publicación en blog

7 e 8.- Moodle na clase de linguas estranxeiras


Relatores:
María Isabel Blanco Pumar
Alejandro González Quintana

Coordinadora:
Carmen Calleja Lameiras (Asesora de formación)

Máis información

 

 

O1301019

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

Summary: 

Novo curso a distancia ofertado fóra do Plan Anual de Formación ao profesorado.
Pretende formar ao profesorado para a titorización de cursos en rede, en Platega.
Gallego

A implantación da formación do profesorado en cursos en rede esixe dispoñer de creadores de cursos de formación así como de titores que desenvolvan os cursos a través de Platega.  Polo tanto cómpre formar a profesoras e profesores para que sexan quen de crear un curso de formación, por exemplo a través dunha licenza de formación, e titorizalo en Platega.

Destinatarios:

  • Profesorado creador de cursos para a formación en rede.
  • Profesorado titor de cursos en rede, en Platega
  • Profesorado relator de cursos de formación.
  • Profesorado creador de cursos virtuais complementarios do ensino presencial co seu alumando de ESO, Bacharelato, FP...


Competencias e obxectivos:

  • Desenvolver a competencia pedagóxica e didáctica precisa para a planificación, o deseño e a xestión dun curso en rede.

Obxectivos:

  • Manexar cursos a distancia, creados con Moodle.
  • Integrar contidos dixitais e multimedia en paquetes de contidos para os cursos virtuais, creados con eXeLearning.
  • Deseño da avaliación para os cursos virtuais.
  • Respectar a propiedade intelectual e os dereitos de autor e coñecer licenzas de autor para publicar recursos propios.
  • Crear cursos virtuais que respecten a normativa básica sobre accesibilidade.

Contidos

  • Deseño e creación de secuencias didácticas en cursos virtuais (nivel 3 de agregación).
  • Creación de cursos virtuais con Moodle.
  • Creación de paquetes de contidos con eXeLearning para incorporalos en cursos virtuais.

Coñecementos previos necesarios:

  • Manexo básico de Moodle como creador de cursos.
  • Manexo básico de eXeLearning como creador de paquetes de contidos.
  • Non é obxectivo deste curso ensinar o manexo de Moodle ou de eXeLearning, aínda que se facilitará documentación e información sobre eles. Estas dúas ferramentas usaranse para crear cursos virtuais e os seus contidos.

Temporalización e características:

O curso ten unha duración de 60 horas, das cales 53 son en rede e 7 presenciais. Impartirase dende o 11 de marzo ata o 30 de maio de 2014. Para a selección de participantes, teranse en conta os criterios de selección indicados na ficha da actividade en fprofe. Esta actividade ofértase con 100 prazas, estando aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 11/02/2014. Referencia: G1301083

Ligazón á ficha da actividade en fprofe.

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

F1301013 - Inglés por proxectos. Project Work in the English Classroom

Gallego

Data de comenzo: 26 de novembro de 2013

Data de finalización: 30 de xaneiro de 2014

Lugar de celebración: Aula de portátiles do CFR de Ferrol

Número de horas totais: 30 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54621

Enlace Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=284

Data: 

26/11/2013 - 30/01/2014

Sección: 

Áreas-CAFI: 

F1301013 - Inglés por proxectos. Project Work in the English Classroom

Summary: 

Dende o día 26 de novembro estase a celebrar o curso Project Work in English Class
Gallego

Data de comenzo: 26 de novembro de 2013

Data de finalización: 30 de xaneiro de 2014

Lugar de celebración: Aula de portátiles do CFR de Ferrol

Número de horas totais: 30 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54621

Enlace Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=284

F1301013 Project Work
F1301013 Project Work

V1301053 e V1301054 Fase A1 e A2 Combas Galicia 2013/14 CFR Vigo

Summary: 

Do 18 de novembro ata o 30 de xuño de 2014 terán lugar os dous cursos: V1301053 e V1301054 FASE A1 e A2 COMBAS GALICIA 2013/14 no CFR de Vigo.
Gallego

Do 18 de novembro ata o 30 de xuño de 2014 terán lugar os dous cursos: V1301053 e V1301054 FASE A1 e A2 COMBAS GALICIA 2013/14 no CFR de Vigo.

Data de comezo: 18 de novembro.

Data de finalización: 30 de xuño.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 30 h.

fprofe: www.edu.xunta.gal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=298

 

competencias básicas

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Summary: 

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014
Gallego
Combas
Combas

V1302005: II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros

Summary: 

O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.
Gallego

O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.

Data de inicio: 22/11/2013

Data de finalización: 22/01/2014

Horas totais: 15 horas

Lugar de celebración: CFR de Vigo e IES O Castro (Vigo).

fprofe: www.edu.xunta.gal/portal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=285

coordinadores

foto
foto

Lecturing in Ourense and Navarre

Gallego

Fco Xabier San Isidro Agrelo foi  Asesor de Linguas Estranxeiras da Consellería de Educación de Galicia, onde promoveu e puxo en marcha a xestión e execución dos programas relacionados co multilingüismo, xunto con itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa do profesorado en linguas estranxeiras. Actualmente é director do Departamento de Formación do Profesorado de CIL Lekaroz,Centro de Innovación Lingüística (Navarra), así como profesor e coordinador de CLIL no IES Xulián Magariños, de Negreira.
Está traballando en CLIL en entornos multilingües na Universidade do País Vasco, dirixido polo profesor David Lasagabaster (http://www.laslab.org/xabier)
http://www.xabiersanisidro.com

-- http://clilnegreira.com/2013/11/16/lecturing-in-ourense-and-navarre-dando-conferencias-en-ourense-e-navarra/

Data: 

13/11/2013 - 05/12/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: