Gallego

Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015

Summary: 

Petición de propostas para as Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras 2016
Gallego

Petición de propostas para as Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras 2016. Podénse facer propostas sobre distintas temáticas,  ámbitos e niveis educativos  en lingua galega, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.  As propostas deben enviarse antes do 20 de outubro de 2015 a: cafi.linguas@edu.xunta.es

Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015
Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015

Plan Anual de Formación do Profesorado

Summary: 

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016
Gallego

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:

 

1. Normas xerais

2. Convocatorias

3. Erasmus +

4. Formación en centros

5. Actividades a desenvolver polo CAFI

6. Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña

7. Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol

8. Actividades a desenvolver polo CFR de Lugo

9. Actividades a desenvolver polo CFR de Ourense

10. Actividades a desenvolver polo CFR de Pontevedra

11. Actividades a desenvolver polo CFR de Vigo

12. Inscrición nas actividades

13. Enderezos de interese

Plan Anual de Formación do Profesorado
Plan Anual de Formación do Profesorado

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

Summary: 

Orde do 12 de xuño de 2015
Gallego

Xúntase a Orde do 12 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

 1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.

 2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

 Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.

Documentación necesaria

 a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.

b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.

c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

Máis información

Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546 515/ 881 997 635

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015
Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

V1402012 Xornadas: Educar e colaborar nas redes sociais: Aprendizaxes móbiles

Summary: 

Os días 25, 26, e 27 de maio no CFR de Vigo desenvolverase a actividade: V1402012-XORNADAS: EDUCAR E COLABORAR NAS REDES SOCIAIS: APRENDIZAXES MÓBILES.
Gallego
Os días 25, 26, e 27 de maio no CFR de Vigo desenvolverase a actividade: V1402012-XORNADAS: EDUCAR E COLABORAR NAS REDES SOCIAIS: APRENDIZAXES MÓBILES.

Referencia: V1402012

Temporalización: 25, 26 e 27 de maio

Lugar:  Salón de Actos CFR de Vigo.

Redes

redes
redes

V1402027 Xornadas: Primeiros auxilios en educación

Summary: 

Os días 27 de maio e 9 -10 de xuño, terán lugar no CFR de Vigo as XORNADAS: V1402027-PRIMEIROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN, cunha duración de 10 horas.
Gallego

Os días 27 de maio e 9 -10 de xuño, terán lugar no CFR de Vigo as XORNADAS: V1402027-PRIMEIROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN, cunha duración de 10 horas.

Primeiros auxilios

Primeiros auxilios
Primeiros auxilios

Desexámosvos moi felices festas

Summary: 

Desde as Estruturas de Formación Permanente do Profesorado
Gallego
navidad

V1402015 Xornadas de Coordinación de Actividades de Formación en Centros 2014/15

Summary: 

Do 11 de decembro de 2014, ata o 29 de abril de 2015, terán lugar as Xornadas de Coordinación de Actividades de Formación en Centros 2014/15, no CFR de Vigo.
Gallego

Do 11 de decembro de 2014, ata o 29 de abril de 2015, terán lugar as Xornadas de Coordinación de Actividades de Formación en Centros 2014/15, no CFR de Vigo.

Título: Coordinación de actividades de formación en centros 2014 - 2015
Referencia: V1402015
Temporalización:   11/12/2014  -  29/04/2015
Lugar: CFR de Vigo
Horas presenciais: 10
Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=423


Coordinadores

Coordinadores
Coordinadores

Actividades en centro aprobadas. Curso 2014/2015

Summary: 

Seminarios e grupos de traballo aprobadas para o curso 2014/2015.
Gallego
Actividades en centro

Curso Nivel básico en tecnoloxías da información e comunicación

Summary: 

Do vindeiro 20 de outubro ata o 15 de decembro, celebrarase no CFR de Ourense o curso "Nivel básico en tecnoloxías da información e comunicación" (O1401015).
Gallego

Data de comezo: 20 de outubro
Data de remate: 15 de decembro
Lugar de celebración: CFR de Ourense
Horario: 18 a 21 horas
Duración: 30 horas presenciais e 20 on-line

Relatores:
Alejandro Gónzalez Quintana (módulo presencial)
Ivan Rodríguez Conde (módulo on-line)

Coordinación:
Carmen Calleja Lamelas
José Antonio Pérez Rodríguez


Deseño da actividade en  FPROFE O1401015

Nivel básico TIC

Impacto Erasmus. Estudo da UE

Summary: 

Impacto Erasmus. Estudo da UE
Gallego
A Comisión Europea encargou un estudo do impacto que o programa de intercambio de estudantes máis famoso da UE, Erasmus, tivo nos xoves europeos. O resultado confirma que mellora a capacidade de inserción e a mobilidade dos profesionais.
Xúntase arquivo cun resumo dos resultados
 
impacto Erasmus