Gallego

P1301031: Inglés por proxectos. Project Work in the English Classroom

Summary: 

Reflexionar as fundamentacións teóricas do traballo por proxectos e analizar os aspectos máis importantes da súa organización. Fomentar a reciclaxe competencial do profesorado especialista a través de contidos profesionais. Incorporar a avaliación dende un marco globalizado e participativo.
Gallego

Inicio: 11/10/2013

Fin: 30/12/2013

Lugar: CFR de Pontevedra

Duración: 30 horas

http://www.edu.xunta.gal/fprofe

.

V1302009: Primeiros auxilios en educación

Summary: 

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Gallego

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.

Data: 

13/11/2013 - 15/11/2013

Sección: 

V1302009: Primeiros auxilios en educación

Summary: 

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Gallego

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.

aux

aux
aux

Ampliación do prazo da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto Combas Galicia para o curso 2013/2014

Gallego

O prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto  “COMBASGalicia” para o curso 2013-2014 amplíase ata o día 11 de novembro de 2013.

Destinatarios:

Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.

Documentación necesaria

As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo,  e constará da seguinte documentación:

- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.

- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.

-  Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III

-  Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.

proxecto combas

Emaze

Esta ferramenta web permítenos crear e gardar presentacións en liña. Trátase dunha alternativa a Power Point, Impress ou Prezi, que presenta algunhas diferenzas con respecto a elas.

Unha vez que nos rexistremos poderemos comezar a crear as nosas presentacións. A modo de inspiración poderemos explorar presentacións xa feitas con esta ferramenta.

A ferramenta conta con 13 modelos, cinco deles con animacións 3D. Dentro de cada modelo podemos escoller tamén diferentes deseños de diapositivas, que poderemos modificar ao noso gusto.

En cada diapositiva podemos engadir texto, imaxes, vídeos (apenas de YouTube) e formas predefinidas. Cando inserimos cada un destes elementos xurdirannos barras de ferramentas coas que poderemos modificar o tamaño, a cor, efectos 3D, rotar...

A diferenza doutros programas similares, para organizar mellor o noso traballo, poderemos agrupar un conxunto de diapositivas que traten a mesma temática ou o mesmo obxectivo en Seccións, a modo de capítulos dun libro. O manexo das diapositivas é moi sinxelo e podemos borralas, duplicalas ou movelas simplemente arrastrándoas.

Unha vez rematada a nosa presentación podemos previsualizala, modificala, eliminala, imprimila, facela pública ou privada, compartila por email ou nas redes sociais, embebela nun blogue ou sitio web.

Destacamos tamén dúas funcionalidades desta ferramenta. En primeiro lugar, podemos descargar a nosa presentación. Daquela, crearase un arquivo comprimido que poderemos levar onde queiramos e evitar problemas de rede. Ao descomprimilo, poderemos visualizala clicando no arquivo html.

En segundo lugar, a presentación pode realizarse de xeito colaborativo, invitando por email aos colaboradores que queiramos.

Gallego
Crea presentacións interactivas

Vídeo da conferencia de Brian North nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU

Summary: 

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU.
Gallego

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU. Este vídeo estará sempre dispoñible na sección da web CAFI TV.

 

video Brian North

O ensino CLIL. Da teoría á práctica

Summary: 

Curso para profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que ten como obxectivo fundamental fornecer ao profesorado participante das habilidades necesarias para desenvolver um currículo educativo plurilingüe
Gallego

Curso para profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que ten como obxectivo

fundamental fornecer ao profesorado participante das habilidades necesarias para desenvolver um currículo educativo plurilingüe. Os contidos que se desenvolverán serán os seguintes:

1. Introdución ao CLIL. Integrando contidos e lingua. As 4 Cs: contidos, comunicación, cultura e

cognición.

2. Creación e selección de materiais específicos.

3. Planificación e deseño dunha secuencia didáctica.

4. Avaliación CLIL: dinámicas, estratexias e ferramentas.

O curso está composto polos seguintes relatorios e obradoiros:

SESIÓN 1 - 13 novembro 2013

A VIAXE A H.O.T.S.: introdución á programación integrada (3.5 horas)

Relator: Xabier San Isidro

A implementación de CLIL estendeuse de maneira viral na educación europea e fixo que a

aprendizaxe de linguas mudase para un novo escenario educativo. Nesta primeira parte do curso, fornecerase aos e ás participantes dunha visión xeral sobre como a aprendizaxe de linguas se converteu nun concepto complexo que integra moitos elementos ademais da lingua. CLIL utiliza a lingua meta cun propósito curricular: a lingua convértese nun medio para un fin en vez dun fin en si mesma.

Mediante un enfoque práctico, centrarémonos nos principios fundamentais de CLIL e na

programación integrada. Utilizando a metáfora do Mago de Oz, o profesorado participante poñerá os zapatos vermellos de Dorothy e viaxará a H.O.T.S., último estadio da pirámide cognitiva de Bloom, para aprender a deseñar sílabos CLIL. Viaxaremos pola lingua, o contido, a tecnoloxía e a cultura como elementos esenciais; e analizaremos probas oficiais como o TKT.

SESIÓN 2 - 14 novembro 2013

Deseñando CLIL: unha perspectiva global e baseada no traballo por

proxectos (3.5 horas)

Relator: Xabier San Isidro

Mediante a análise de experiencias de aula (experiencias reais, vídeos, unidades didácticas CLIL, materiais...), o profesorado participante aprenderá como as tarefas baseadas na resolución de problemas poden axudar a mellorar os contextos de ensinanza e aprendizaxe CLIL, xa que o alumnado pode desenvolver a súa competencia lingüística e o seu coñecemento doutros contidos curriculares nunha lingua estranxeira por medio da lectura, a interpretación, a produción, a resolución, etc.

Analizaremos secuencias CLIL e aprenderemos a transformalas en proxectos de centro.

SESIÓN 3 - 20 novembro 2013

A AVALIACIÓN EN CLIL: modelo integrado e rúbricas (3.5 horas)

Relator: Xabier San Isidro

Neste relatorio abordarase a seguinte cuestión: “por que a avaliación en CLIL é unha área

complexa?”. Dependendo do modelo CLIL adoptado, a avaliación vai dende unha avaliación separada

de lingua e contido ata unha avaliación integrada e en equipo. Analizarase o modelo de rúbricas como

unha posibilidade e descubriremos os xeradores de rúbricas que podemos atopar na rede para aplicar

na nosa aula.

SESIÓN 4 - 21 novembro 2013

OBRADOIRO: O FOMENTO DA COMUNICACIÓN ORAL NA AULA CLIL

(4 horas)

Relator: Rubén Barderas

A comunicación oral é esencial para o bo funcionamento dun curso baseado na metodoloxía

CLIL, pero a integración da expresión oral na aula non sempre resulta doada para o profesorado que imparte estes cursos.

Este obradoiro centrarase nos aspectos máis relevantes da oralidade, no tipo de expresión oral

que debería levar a cabo o alumnado e en como pode o profesorado axudar o seu alumnado a

desenvolver as destrezas orais. Analizaranse os elementos da fala e as dificultades de pronunciación máis comúns, así como as estratexias conversacionais que pode usar o alumnado para comunicarse oralmente de xeito efectivo na aula CLIL.

Presentaranse tanto a integración de diversas actividades relacionadas coa produción oral como propostas para o tratamento do alumnado máis remiso a falar e o papeldo profesorado, cun énfase especial na estadaxe da interacción oral dentro do contexto CLIL.

SESIÓN 5 - 27 novembro 2013

AS TIC EN CLIL (4 horas)

Relatora: Elena Castro

Sen dúbida, as TIC constitúen un excelente recurso innovador para o ensino CLIL/AICLE xa que ten diversas e variadas aplicacións que nos permite poñer en práctica novas e innovadoras formas de ensinar e aprender. Característica fundamental da metodoloxía CLIL é o uso de múltiples recursos e materiais, especialmente das TIC, que achega un contexto máis rico e variado que fornece unha aprendizaxe integradora.

Na sociedade da información e a comunicación na que vivimos e coa chegada ás nosas aulas

dos recursos informáticos da Escola 2.0/3.0, a metodoloxía CLIL que implementan os centros educativos galegos compleméntase co uso das tecnoloxías da información e a comunicación (recursos da web 2.0,materiais dixitaies e multimedia, etc...)

Este obradoiro pretende dar resposta a esta necesidade formativa do profesorado conxugando o ensino CLIL e as novas ferramentas TIC que favorecen a creación de materiais, espazos para acomunicación e oportunidades para a aprendizaxe.

SESIÓN 6 - 28 novembro 2013

Experiencia Primaria

MAKING IT HOT IN ARTS AND CRAFTS (2.5 horas)

Relatora: María Mariño

Compartir boas prácticas e sustentar o noso labor nunha fundamentación sólida teñen que ser os piares principais do noso traballo en CLIL, que implica unha responsabilidade moi seria co noso alumnado e coa súa actual e futura competencia. Asemade, CLIL permítenos multiplicar, diversificar e enriquecer as súas canles de achegamento á lingua estranxeira.

Neste relatorio veremos como se traballa a Plástica na educación Primaria segundo a pirámide

cognitiva de Bloom, cara a H.O.T.S., integrando os contidos curriculares da propia materia e a lingua estranxeira.

SESIÓN 7 - 4 decembro 2013

Experiencia Secundaria

SOMETHING MORE THAN PHYSICS AND CHEMISTRY IN ENGLISH

Relator/a: Jesús Fidalgo

Cando nos enfrontamos ao deseño das actividades a realizar como profesores CLIL parécenos

que temos un enorme desafío diante de nós. Non só deberemos ser capaces de cubrir os obxectivos da propia materia, senón que, ademais, teremos que empregar o Inglés dun xeito áxil e motivador.

Neste relatorio veremos como esta tarefa non ten por que ser tan complicada, senón que,

ademais, pode ser divertida. A partir do tratamento de varios temas do currículum da materia en secundaria, mostraranse as diferentes etapas de elaboración dos materiais de aula: planificación e deseño, búsqueda e selección dos recursos, posta en práctica co alumnado, avaliación e traballos elaborados polo alumnado...

O relatorio pretende dar unha visión eminentemente práctica á aplicación a pé de aula do

enfoque CLIL en materias do ámbito científico, valorando os seus efectos no aprendizaxe integrada doscontidos e do Inglés.

 

Relatores

Sesións 1-3:

Fco. Xabier San Isidro Agrelo

Formerly Foreign Language Advisor at the Galician Department of Education, where he was in

charge of managing and implementing programmes related to multilingualism and curricular

development, Xabier San Isidro is currently the director of the Teacher Training Department of CILLekaroz,

Linguistic Innovation Centre (Navarre) as well as a teacher and CLIL coordinator at IES Xulián

Magariños, in Negreira.

He holds a B.A. in English Philology, a B.A. in Portuguese Philology and an M.A. in Applied

Linguistics. As a PhD student now, Xabier is working on CLIL in multilingual settings at the University of the

Basque Country, supervised by Professor David Lasagabaster ( http://www.laslab.org/xabier )

http://www.xabiersanisidro.com

Sesión 4:

Rubén Barderas Rey

M.A. in English Philology, Rubén Barderas worked as a visiting teacher of Spanish as a Second

Language in the United States for 4 years, and has been an English teacher in Spain for almost ten years.

Since 2009 he has worked as a Foreign Language Advisor for the Galician Department of Education,where he is in charge of Official Schools of Languages (EOI), in the areas of certification, curriculum andteacher training.

 

Sesión 5:

Elena Castro Villalón

Graduated in English Philology and in Teaching English as a Second Language for Primary

Education, she holds postgraduate training in design of multimedia materials for education. Elena Mª Castro Villalón has over 15 years of experience in ESL in private and state-run schools. Much of her professional interest has focused on the Information Communications Technology (ICT) in foreign language teaching education. She is currently working as Foreign Language Advisor at the Galician Department of Education, where she is in charge of managing and implementing programmes related to plurilingualism and teachers and students training.

Sesión 6:

María Mariño Durán

With a University degree in English Philology and an English Language Teaching one, both by the University of Santiago de Compostela, María Mariño has a nine-year professional path in private teaching and has been working for the Galician Department of Education for seven years now. Mainly focused on the teaching of English as a second language, she is deeply involved in the Bilingual Sections,

where she has been teaching Arts and Crafts for three years now in the English language. She is now part of the team of CLIL trainers of CIL-Lekaroz.

Sesión 7:

Jesús Fidalgo Fernández

PhD in Organic Chemistry and M.A. in Pharmacy, both by the University of Santiago de

Compostela, Jesús Fidalgo has been teaching Physics and Chemistry in Galicia for almost 25 years. Since 1999 he has been involved in the Bilingual Sections as a ClIL teacher, first at ‘IES Campo de San Alberto’ in Noia (1999-2005), and later at ‘IES de Ames’ in Bertamiráns (2006-2012). In 2012 he got a position as bilingual teacher at ‘IES Plurilingüe Rosalía de Castro’ in Santiago de Compostela, where he is now teaching Physics and Chemistry through English.

Because of his experience as a CLIL teacher, he has been participating in several workshops,

meetings and training sessions related to plurilingualism.

O ensino CLIL. Da teoría á práctica

Curso de Formación do profesorado para o perfeccionamento de galego III. Nivel Avanzado 2.1

Summary: 

Lugar de celebración: EOI de Ourense Temporalización: 23/10/2013 - 04/12/2013 Data límite de inscrición: 13/10/2013 Prazas: 20 Horas presenciais: 30
Gallego

Curso de Formación do profesorado para o perfeccionamento de galego III. Nivel Avanzado 2.1

Área

Lingua e literatura galega

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Curso

Referencia: O1301035
Centro de formación e recursos: Ourense
Temporalización:  23/10/2013  -  04/12/2013
Data límite de inscrición: 13/10/2013
Lugar de celebración: EOI de Ourense
Prazas:  20

Horas totais

Horas presenciais: 30

Horas non presenciais: 0

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Criterios de selección

Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1.Comprensión oral. Comprender as ideas principais de textos dos ámbitos académico, público e profesional dentro da propia área de coñecemento, desenvolvidos en lingua estándar e articulados a velocidade normal, de certa complexidade lingüística

2.Expresión e interacción oral.  Falar en público en intervencións, preparadas previamente, sobre temas xerais ou da súa especialidade, achegando descricións e argumentos, razoando a favor ou en contra dun punto de vista concreto, e responden

3.Comprensión de lectura.  Comprender a información específica de textos instrutivos de carácter xeral e riqueza léxica, e sobre temas da propia especialidade que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas moi frecuentes no campo

Observacións

Mércores 18.00-20:30 Xoves 16:30-19:00 Lugar: Escola de Idiomas de Ourense

Contidos

1.CONTIDOS SOCIOLINGÜÍSTICOS

2.CONTIDOS SOCIOCULTURAIS

3.CONTIDOS GRAMATICAIS

4.CONTIDOS LÉXICO-SEMÁNTICOS

5.CONTIDOS ORTOGRÁFICOS

6.CONTIDOS FONÉTICOS

Asesor:  CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN

Enderezo Electrónico:  ccallejalameiras@edu.xunta.es

Curso de Formación do profesorado para o perfeccionamento de galego III. Nivel A

Curso de Formación do profesorado para a actualización de galego III. Nivel Intermedio 2.1

Summary: 

Lugar de celebración: EOI de Ourense Temporalización: 23/10/2013 - 04/12/2013 Data límite de inscrición: 13/10/2013 Prazas: 20 Horas presenciais: 30
Gallego

Curso de Formación do profesorado para a actualización de galego III. Nivel Intermedio 2.1

Referencia: O1301033

Área

Lingua e literatura galega

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Curso

Lugar de celebración: EOI de Ourense
Temporalización:  23/10/2013  -  04/12/2013
Data límite de inscrición: 13/10/2013

Prazas:  20

Horas totais: Horas presenciais: 30, Horas non presenciais: 0

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Criterios de selección

Obxectivos

1.1 Interacción: oral e escrita -Participar e reaccionar de forma adecuada e eficaz na maioría das situacións habituais, para cumprir as intencións comunicativas propias desas situacións, sacando partido, con certa fluidez, dun repertorio lin

2.Comprensión de lectura -Seguir a liña argumental dun texto narrativo ou literario contemporáneo de estrutura sinxela e amplo repertorio léxico, sen usos idiomáticos rexionais ou sociais, aínda que non se entenda na súa totalidade. -Localiza

3.Competencia lingüística -Alcanzar un repertorio lingüístico sinxelo pero amplo para abordar a maioría das situacións habituais. -Utilizar este repertorio con razoable corrección para a expresión de funcións e temas predicibles e en situació

Observacións

Mércores-venres 16:30-19:00 Lugar:Escola de Idiomas de Ourense

Contidos

1.O desenvolvemento dos contidos enmárcase nunha perspectiva intercultural e terán que seradaptados ás circunstancias socioculturais de Galiza. Empregaranse para aumentar a competenciacomunicativa do alumnado e a súa bagaxe cultural.

   1.1.CONTIDOS LÉXICOS, SOCIOCULTURAIS, SOCIOLINGÜÍSTICOS

   1.2.CONTIDOS FUNCIONAIS.

   1.3.CONTIDOS LÉXICO-SEMÁNTICOS

   1.4.CONTIDOS GRAMATICAIS, FONÉTICOS E ORTOGRÁFICOS

Asesor responsable da actividade

Asesor:  CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN

Enderezo Electrónico:  ccallejalameiras@edu.xunta.es

Curso de Formación do profesorado para a actualización de galego III. Nivel Inte