Gallego

Implantación do currículo de educación primaria. Integración das competencias clave

Summary: 

Xornadas para: Coñecer e analizar os novos currículos e a súa implicación na práctica docente. Introducir o modelo de tarefas para integrar as ccc no proceso de ensino.
Gallego

No CFR de Pontevedra repetirase a mesma actividade pero con distintos códigos en: Lalín, Pontevedra e Vilagarcía.

Lalín:

P1402017  Implantación do currículo de educación primaria. Integración das competencias clave.

Datas: martes 21 de outubro e martes 18 de novembro de 2014

Lugar de celebración: CEIP Xesús Golmar

Máis información

Pontevedra:

P1402017  Implantación do currículo de educación primaria. Integración das competencias clave

Datas: luns 20 de outubro e luns 17 de novembro de 2014

Lugar de celebración:  Escola T.U Enxeñeiros Forestais do Campus da Xunqueira.

Máis información

Vilagarcía:

P1402018  Implantación do currículo de educación primaria. Integración das competencias clave

Datas: xoves 23 de outubro e mércores 19 de novembro de 2014

Lugar de celebración:  EOI de Vilagarcía

Máis información

 

Acceso á aula virtual das actividades

 

currículo

Axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora da aprendizaxe do alumnado

Summary: 

Consulta as bases.
Gallego

Para acceder a toda a información preme na seguinte ligazón que leva á páxina do INTEF.

ACCEDER

 

axudas_intef

C1403001 e C1403002: Falar, cantar e contar

Summary: 

No CEIP San Francisco Javier da Coruña os días 14, 21 e 28 de outubro. Na casa da cultura de Vimianzo os días 15, 22 e 29 de outubro.
Gallego

I Encontros para falar, cantar e contar

Referencia: C1403001
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  15/10/2014  -  29/10/2014 en Vimianzo e 14/10/2014 - 28/10/2014 na Coruña
Data límite de inscrición: 29/09/2014
Lugar: Vimianzo
Prazas:  60

Horas presenciais: 10
Horas non presenciais: 0

Obxectivos

1.Valorar a lingua oral como medio de expresión e comunicación.

2.Fornecer distintas estratexias metodolóxicas para traballar a lingua oral.

3. Dar a coñecer a tradición oral galega para a súa incorporación á escola.

Contidos

1.Aproveitamento na aula dos contos, refráns, lendas, cantigas, cancioneiro, etc, da tradición oral galega.

2.A arte de contar contos.

3.A dramatización como aglutinadora das diversas linguaxes expresivas.



Asesor responsable da actividade en Vimianzo:

Asesor:  VARELA MARTÍNEZ, JOSÉ MARÍA

Enderezo Electrónico:  jose.maria.varela@edu.xunta.es

Asesor responsable da actividade na Coruña:

Asesor:  FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA

Enderezo Electrónico:  fernandeztrelles@edu.xunta.es

Falar, cantar e contar

Curso presencial: Falar, contar e cantar

Summary: 

O CAFI no mes de outubro desenvolverá un curso de 12 horas no se pretende entre outros obxectivos coñecer estratexias metodolóxicas para traballar a oralidade cos nosos alumnos de infantil e primaria. O prazo para inscribirse remata o 19 de setembro de 2014.
Gallego

Centro de formación e recursos: CAFI
Data límite de inscrición: 19/09/2014
Lugar: Salón de Actos do CIFP Compostela (Lamas de Abade, s/n)
Prazas: 50

Horas: 12 horas

DATAS: 8,15,22 e 29 de outubro (horario 18:00-21:00 horas)

Destinatarios:

597031 - Mestres. Educación infantil

597038 - Mestres. Primaria

 

Obxectivos:

  • Coñecer estratexias metodolóxicas para traballar a oralidade.

  • Valorar a lingua oral como medio de expresión e comunicación

  • Presentar propostas motivadoras para fomentar o hábito lector

Contidos:

  • Expresión corporal e musical.

  • Contos,cantigas, poemas, refráns e lendas

  • A dramatización

Información: Departamento Infantil e Primaria CAFI

 

 

falar, contar, cantar

File: 

Currículo da educación primaria

Summary: 

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 171)
Gallego

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo da educación primaria no sistema educativo galego, dentro do marco de distribución de competencias da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, e en atención á nova configuración curricular que establece o agrupamento de disciplinas en tres bloques: troncais, específicas e de libre configuración autonómica

 

DECRETO CURRÍCULO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

CURRICULUM

Convocatorias de interese

Summary: 

Convocatorias de interese
Gallego
  • Axudas para a elaboración de recursos didácticos para a súa incorporación ás plataformas de acceso público do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ata 18 de setembro de 2014):

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-profesores/no-universitarios/elabora-recurso-didactico.html

  • XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía do ano 2014:

http://blog.educalab.es/cniie/2014/09/02/xv-concurso-hispanoamericano-de-ortografia-del-ano-2014/

  •  XXX Premios “Francisco Giner de los Ríos” á mellora da calidade educativa 2014 (ata 15 de outubro):

http://blog.educalab.es/cniie/2014/08/21/xxx-premios-francisco-giner-de-los-rios-a-la-mejora-de-la-calidad-educativa-2014/

  • Formación do profesorado en rede (prazo de presentación de solicitudes: do 8 ao 22 de setembro):

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/profesores/formacion/no-universitarios/formacion-en-red.html

 

 

 

 

 

 

convocatorias de interese

La lectura. Un enfoque multidisciplinar

Gallego

La lectura: un enfoque multidisciplinar

Do 7 ao 9 de xullo de 2014

Palacio de los Condes de Valdeparaíso (Calle Bernardas, 2, Almagro)

¿É verdade que os nenos xa non len? ¿Como len agora os adolescentes? ¿Hai outras maneiras de ler que non contemplaron antes como lectura?

O concepto de lectura rompeu os seus  límites tradicionais e xa se está falando dela non soamente dende un punto de vista multidisciplinar, senón de competencia lectora en diferentes soportes e con diferentes códigos que, a veces, exceden o puramente lingüístico. 

Nestas Xornadas debaterase con especialistas procedentes de todo o territorio español acerca das cuestións que máis preocupan ao profesorado en relación coa lectura

Preme na imaxe e poderás atopar máis información.

.

Almagro

S1402006: Atendendo á diversidade desde a titoría

Gallego

Referencia: S1402006
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2014/2015 
Data límite de inscrición: 12/12/2014
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas:  50 
Observacións prazas: 
O 50% das prazas será para cada especialidade.

Horas presenciais: 12
 
 
OBXECTIVOS:
 
 
 

1.Reflexionar sobre o concepto de diversidade.

2.Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas de atención á diversidade.

3.Sensibilizar ao profesorado na educación emocional do alumnado e no desenvolvemento das propias competencias emocionais.

Data: 

12/01/2015 - 31/03/2015

Tema: 

Sección: 

Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/2015

Summary: 

O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.
Gallego

Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/15.

  • O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Características

  • Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Liñas de traballo

Os plans de formación tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:

Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias clave segundo os novos currículos.

Ademais, poderán tratar algunha das seguintes liñas:

  1. Planificación estratéxica das linguas no centro.
  2. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  3. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  4. Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
  5. Mellora do desempeño profesional docente e actualización científica e didáctica do profesorado.
  6. Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
  7. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  8. Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

Máis información

a) As seguintes páxinas web

- Consellería: www.edu.xunta.es

- CAFI: www.edu.xunta.gal/portal/cafi    (apartado FORMACIÓN)

- CFR: A Coruña www.edu.xunta.gal/portal/cfrcoruna. Ferrol: www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol. Lugo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrlugo. Ourense: www.edu.xunta.gal/portal/cfrourense. Pontevedra: www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra. Vigo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo.

b) Os seguintes teléfonos

CAFI: 981522411.

CFR: A Coruña: 981274221. Ferrol: 981370541. Lugo: 982251068. Ourense: 988241533. Pontevedra: 986872888. Vigo: 986202370.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 981546513

c) Os seguintes enderezos electrónicos

CAFI: cafi@edu.xunta.es

CFR: A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.es. Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.es Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.es. Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.es. Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.es. Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.es.

PFPP 2014 2015
PFPP

G1401026: Unha forma divertida de aprender matemáticas

Gallego

Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2014/2015 
Data límite de inscrición: 12/12/2014

Prazas:100

Lugar: En rede

Prazas:  100 

1.Fomentar o gusto polas matemáticas, mediante a utilización de formas alternativas de ensinanza dalgúns conceptos matemáticos correspondentes as propostas metodolóxicas do currículo.

2.Proporcionarlle ao profesorado xogos, recursos e materiais que faciliten a adquisición de determinados conceptos matemáticos.

3.Favorecer o deseño de actividades que atendan á diversidade do alumnado.

Tema: 

Sección: