C1301002 Cine e Cor. Canon 5d e Da Vinci
Enviado por pedrolado a Mér, 19/06/2013 - 10:48Summary:
File:
Summary:
File:
Summary:
Dende hoxe atópanse en aberto na sección "Formación Aberta" da Aula Virtual do CAFI os materiais relativos aos 5 niveis do Itinerario formativo de Competencia dixital docente, amplamente demandados polo profesorado galego.
Pódense consultar facendo clic aquí ou accedendo á seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/category.php?id=50.
O profesorado interesado en ampliar información sobre este Itinerario, pode consultar igualmente o seguinte enderezo: /portal/competenciaTIC
Summary:
Que son?
Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Destinatarios
Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.
Características
Liñas de traballo
Máis información
Correos electrónicos: cafi@edu.xunta.es, cfr.coruna@edu.xunta.es, cfr.lugo@edu.xunta.es, cfr.ourense@edu.xunta.es, cfr.pontevedra@edu.xunta.es, cfr.ferrol@edu.xunta.es, cfr.vigo@edu.xunta.es
UDICOM foi un proxecto pedagóxico, artellado polo CEIP Joaquín Carrión Valverde destinado a alumnado inmigrante e de minorías étnicas que presentaban dificultades de comprensión e expresión oral.
Priorizan como núcleos base de toda a aprendizaxe da etapa de primaria, o desenvolvemento das seguintes unidades didácticas:
O colexio e a miña aula
O corpo e os sentidos
Os alimentos
As prendas de vestir
A casa
A rúa
Os oficios
Os animais
As plantas
Os medios de transporte
Os medios de comunicación
Áreas-CAFI:
Summary:
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o día 15 de xullo de 2013
Destinatarios:
O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, destinadodurante o próximo curso 2013-2014 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección Educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
Os candidatos, agás para as licenzas non retribuídas que unicamente deben cumprir os tres primeiros puntos, deben reunir os seguintes requisitos:
1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos: 2011-2012 e 2012-2013, e no 2013-2014 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
2. Teren, como mínimo, dous anos de antigüidade como persoal docente de carreira nos corpos e nas escalas que se establecen no artigo 1 desta orde. Para estes efectos computaranse os servizos ata o 31 de agosto de 2013. Para a modalidade 6, terá preferencia o profesorado con destino definitivo no centro educativo durante o curso 2013-2014.
3. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2013-2014,agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores.
4. Obteren como mínimo oito puntos no epígrafe 1 do baremo que figura no anexo III desta convocatoria.
5. A obtención da licenza é incompatible coa participación simultánea en programas europeos, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro ofrecidas á marxe desta convocatoria. A persoa solicitante que obteña praza en calquera destas convocatorias deberá notificalo urxentemente e por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Modalidades:
Convócanse dous tipos de licenzas por estudos: retribuídas e sen retribución.
A) As licenzas non retribuídas terán unha duración de seis ou doce meses ininterrompidos.
B) As modalidades de licenza retribuída son:
Modalidade 1: proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 2: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais en primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 3: proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.
Modalidade 4: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.
Modalidade 5: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado. Duración de un a tres meses.
Modalidade 6: perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.
Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario para promover dun xeito prioritario a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües. Duración mínima de un mes e máxima de tres meses.
Documentación necesaria:
~Solicitude segundo modelo do anexo II da convocatoria.
~Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.
~ A demais documentación requirida na convocatoria específica para cada modalidade
~Relación numerada e asinada da documentación presentada.
Máis información:
Correo electrónico licenzas.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546.510/ 981.546.513/981.546.515
Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/2014 (DOG)
“Pictosonidos” forma parte dunha serie de aplicacións artelladas co fin de axudar a persoas con necesidades educativas
A través dos pictogramas, con sons e locucións asociadas, axúdase á comprensión de conceptos e a incrementar o vocabulario de persoas con necesidades educativas que aprenden máis fácilmente a través de imaxes, usando a posteriori ditos pictogramas como sistema alternativo de comunicación.
Website:
Áreas-CAFI:
Xúntase a Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o día 15 de xullo de 2013
Destinatarios:
O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, destinado durante o próximo curso 2013-2014 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección Educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
Os candidatos, agás para as licenzas non retribuídas que unicamente deben cumprir os tres primeiros puntos, deben reunir os seguintes requisitos:
1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos: 2011-2012 e 2012-2013, e no 2013-2014 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
2. Teren, como mínimo, dous anos de antigüidade como persoal docente de carreira nos corpos e nas escalas que se establecen no artigo 1 desta orde. Para estes efectos computaranse os servizos ata o 31 de agosto de 2013. Para a modalidade 6, terá preferencia o profesorado con destino definitivo no centro educativo durante o curso 2013-2014.
3. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2013-2014,agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores.
4. Obteren como mínimo oito puntos no epígrafe 1 do baremo que figura no anexo III desta convocatoria.
5. A obtención da licenza é incompatible coa participación simultánea en programas europeos, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro ofrecidas á marxe desta convocatoria. A persoa solicitante que obteña praza en calquera destas convocatorias deberá notificalo urxentemente e por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Modalidades:
Convócanse dous tipos de licenzas por estudos: retribuídas e sen retribución.
A) As licenzas non retribuídas terán unha duración de seis ou doce meses ininterrompidos.
B) As modalidades de licenza retribuída son:
Modalidade 1: proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 2: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais en primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 3: proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.
Modalidade 4: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.
Modalidade 5: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado. Duración de un a tres meses.
Modalidade 6: perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.
Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario para promover dun xeito prioritario a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües. Duración mínima de un mes e máxima de tres meses.
Documentación necesaria:
Máis información:
Correo electrónico licenzas.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546.510/ 981.546.513/981.546.515
File:
Tema:
Departamento:
Colectivo:
Summary:
Durante os meses de xullo e setembro de 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:
http://www.ite.educacion.es/
MuseScore é un programa editor de partituras de uso libre con versións para Windows, Mac e Ubuntu. É bastante sinxelo o seu emprego, e a súa páxina oficial conta cun completo manual.
Se estamos aplicando as TIC nas nosas clases de música tarde ou cedo poremos aos nosos alumnos a escribir música no ordenador. Con MuseScore non temos ningunha excusa, é asequible e sinxelo. Ao ser un programa libre permítenos instalalo nos ordenadores da aula e ademáis os alumnos poden descargalo e instalalo nos seus ordenadores persoais podendo realizar traballos e partituras na casa. Por outra parte, é unha sorte que MuseScore esté en galego e en español xa que este aspecto facilita moito o uso do programa e as indicacións que vaiamos dando aos alumnos. Outros editores en inglés engaden a dificultade dun vocabulario moi específico como é o dos términos musicais.
Na páxina oficial do programa "musescore.org" atopamos toda a información e os recursos necesarios para comezar a empregalo. Na zona de descarga están as diferentes versións do programa: MuseScore para Windows, para Mac, etc.
MuseScore conta cun Manual onde consultar as dubidas que loxicamente van xurdindo cando un se achega a un programa por primeira vez. Este manual divídese en varios apartados:
Inicio: Con información sobre instalación e creación dunha nova partitura.
Básico: Con información sobre ingresar notas, copiar e pegar, modo de edición, traballando con compases, paletas, desfacer, volver a facer e exportar.
Notación: Con extensa información sobre como usar os signos da linguaxe musical: alteracións, barras de compás, chaves, etc.
Son e reprodución: Con información sobre o modo de reprodución, o tempo e os axustes de son.
Ademáis dos aspectos sinalados anteriormente tamén contén información sobre: Atallos do teclado, Glosario, Imaxes, Texto, Formato, e Soporte.
Cada un destes apartados contén numeras ligazóns coas explicacións pertinentes. As instrucións están moi claras xa que aportan exemplos visuais de cada un dos conceptos explicados que van acompañados, ademáis, por unha páxina especial para imprimir. Na seguinte ligazón podes descargar o Manual completo en PDF.
Artigo escrito por Maria Jesús Camino (CC-by-sa)
Website:
Tema:
Summary: