Gallego

Formación

Neste apartado da web podes consultar todo o referente ás diferentes modalidades formativas que oferta o Centro Autonómico de Formación e Innovación. É o espazo onde atopar información sobre convocatorias, relación de seleccionados na formación en centros, así como toda a oferta formativa nas modalidades presencial, mixta e en rede.

 

Gallego
formacion

Peso: 

-5

III Xornadas de Formación para os xefes/as dos Departamentos de Orientación

Summary: 

"Arquitectura da competencia emocional", é o título das III Xornadas de Formación para os xefes/as dos Departamentos de Orientación, do vindeiro 6 de marzo.
Gallego
III Xornadas Departamentos de Orientación

III Xornadas de Formación para os xefes e xefas dos Departamentos de Orientación

Summary: 

A vindeiro 6 de marzo terán lugar as III Xornadas de Formación para os xefes e xefas dos Departamentos de Orientación. Estas xornadas xirán ao redor do desenvolvemento da competencia emocional.
Gallego

O mércores 6 de marzo terán lugar as III Xornadas de Formación para os xefes e as xefas dos Departamentos de Orientación. Esta actividade formativa desenvolverase na EGAP en horario de mañá e tarde, desde as 9:00 h ata as 20:00 h. Se estás interesado podes inscribirte na aplicación FPROFE https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Data: 

01/03/2013 - 06/03/2013

Xornadas para coordinadores dos PFPP

Summary: 

Este sábado 2 de marzo van ter lugar na EGAP unhas Xornadas de reflexión sobre os Plans de Formación Permanente do Profesorado. Intercambiaranse ideas e experiencias sobre o desenvolvemento dos PFPP .
Gallego

Premendo nesta ligazón podes descargar o PROGRAMA DA ACTIVIDADE.

xornadas formación coordinadores

Elaboración de programacións LOE con aplicación informática

Summary: 

Proximamente desenvolverase unha nova edición do curso a distancia: "Elaboración de programacións LOE con aplicación informática". Esta actividade está dirixida ao profesorado de FP que ten que impartir docencia nalgún dos módulos FP LOE no presente curso 2012-13, sendo este último un requisito necesario para poder ser admitido nesta actividade. Neste curso explicarase o uso da nova aplicación online de elaboración de programacións FP LOE.
Gallego

Esta actividade é unha novidade no actual plan de formación, e xurde como resposta á demanda actual do profesorado de FP afectado pola implantación do artigo 23 da orde do 12 de Xullo de 2011, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. A actividade emprega a recente aplicación online de elaboración de programacións FP LOE , que xestiona o servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Esta aplicación informática aínda está na fase de depuración e posta a punto, debido ao cal a actividade formativa programada para o 2º trimestre tivo que atrasarse ata o 3º trimestre. En resumo, celebrarase só a actividade do 3º trimestre xuntando as prazas das dúas edicións inicialmente programadas ata chegar ás 300.

Igual que na primeira edición, o profesorado admitido distribuirase en 12 cursos de 25 persoas xa que este é o máximo número de participantes por titor en Platega. Isto motivará que moitos dos profesores observen que muda o código do curso no que son admitidos respecto ao que se inscribiron, e que incluso poidan constar en fprofe coma admitidos e en reserva en dous cursos co título "Elaboración de programacións LOE con aplicación informática" pero distintos códigos.

O profesorado inscrito na actividade do 2º trimestre será transferido á actividade do 3º trimestre, polo cal non é necesario que se volva a inscribir.

Data de comezo: 2 de abril do 2013

Data de finalización: 23 de abril do 2013

Lugar de Celebración: Platega (actividade da modalidade a distancia)

Número de horas totais: 25 horas

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=47443

Enlace á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/

Elaboracion de programacions FP-LOE con aplicacion informatica
Elaboración de programacións LOE con aplicación informática

Estadías Formativas en Empresas 2013

Summary: 

Dende o 15 de abril ata o 13 de setembro de 2013, o profesorado de Formación Profesional galego pode realizar estadías formativas en empresas de ámbito nacional e internacional. Esta actividade formativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo. O profesorado interesado, logo de facer unha preinscrición, debe presentar un proxecto formativo onde debe xustificar as súas necesidades formativas, así como sinalar os obxectivos e temporalización da mesma. Durante a realización desta actividade, o profesorado participante deberá elaborar unha actividade de aplicación directa a aula que se entregará xunto cunha memoria ao remate da mesma.
Gallego

Data límite de inscrición: 8 de marzo do 2013

Período de realización das estadías: dende o 15 de abril ata o 13 de setembro do 2013 (agás o mes de agosto)

Número de horas totais: dende 40 horas ata 160 horas.

Ligazón á Convocatoriahttps://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

estadias formativas
Convocatoria de Estadias Formativas para o profesorado de FP

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2012/2013

Summary: 

Celebración en Santiago de Compostela dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Gallego

Os encontros do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares) celebraranse en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de marzo de 2013. Esta actividade reune os responsables das bibliotecas escolares dos centros acollidos ao programa da Consellería de Educación que está dando como  resultado que as bibliotecas escolares de Galicia sexan un referente en todo o estado.

Os encontros son unha actividade de formación organizada conxuntamente polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Encontros do PLAMBE